Aggregat (foguetes): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
m engadidos
Xosema (conversa | contribucións)
m máis contido
Liña 37: Liña 37:
En xuño de 1939, Kurt Patt, da oficina de deseño de Peenemünde, propuxo [[á]]s para converter a velocidade e altitude do foguete en sustentación e alcance aerodinámicos. A medida que o foguete se atopase con capas máis densas da [[atmósfera]] na súa fase de descenso, propulsaríase e comezaría a planear suavemente, cambiando velocidade por distancia. Patt tamén propuxo o ''Flossengeschoss'' ou "proxectil aleta". Ambos conceptos foron usados por [[Walter Dornberger]] na elaboración dunha presentación para [[Hitler]] o 31 de xullo de 1940, denominándoo "foguete América".
En xuño de 1939, Kurt Patt, da oficina de deseño de Peenemünde, propuxo [[á]]s para converter a velocidade e altitude do foguete en sustentación e alcance aerodinámicos. A medida que o foguete se atopase con capas máis densas da [[atmósfera]] na súa fase de descenso, propulsaríase e comezaría a planear suavemente, cambiando velocidade por distancia. Patt tamén propuxo o ''Flossengeschoss'' ou "proxectil aleta". Ambos conceptos foron usados por [[Walter Dornberger]] na elaboración dunha presentación para [[Hitler]] o 31 de xullo de 1940, denominándoo "foguete América".
Os traballos sobre o deseño do A9 comezaron en 1940. Ademáis das ás, o A9 sería algo máis grande que o A4 e o seu motor produciría un 30% máis de empuxe. Despois de probar modelos en [[túnel de vento]] modificouse o deseño para reemplazar as ás por superficies no fuselaxe, xa que as probas demostraron que estas proporcionaban unha mellor sustentación a velocidades supersónicas e resolvía o problema do desplazamento transónico do centro de sustentación.
Os traballos sobre o deseño do A9 comezaron en 1940. Ademáis das ás, o A9 sería algo máis grande que o A4 e o seu motor produciría un 30% máis de empuxe. Despois de probar modelos en [[túnel de vento]] modificouse o deseño para reemplazar as ás por superficies no fuselaxe, xa que as probas demostraron que estas proporcionaban unha mellor sustentación a velocidades supersónicas e resolvía o problema do desplazamento transónico do centro de sustentación.
O desenvolvemento foi suspendido en 1941, pero en 1944 varios V2 foron modificados para achegalos á configuración do A9 baixo a designación de A4b. Calculouse que, engadindo ás, o alcance dos A4 aumentaría ata 750 km, permitindo atacar obxetivos en Gran Bretaña desde a propia Alemaña.
O desenvolvemento foi suspendido en 1941, pero en 1944 varios V2 foron modificados para achegalos á configuración do A9 baixo a designación de A4b. Calculouse que, engadindo ás, o alcance dos A4 aumentaría ata 750 km, permitindo atacar obxetivos en Gran Bretaña desde a propia Alemaña. Intentouse que tra-lo lanzamento a traxectoria dos A4b fose o máis suave posible e que o foguete planeara cara o obxetivo. Considerouse que, na fase final do voo, a intercepción do foguete polo enemigo sería practicamente imposible dado que cando estivese sobre o obxetivo faría un picado que limitaría o tempo de intercepción.
O concepto do A4b probouse engadindo pequenas ás a dous A4 lanzados desde [[Blizna]]. Nembargantes, debido ó pouco traballo de desenvolvemento levou a que o primeiro lanzamento, o 27 de decembro de 1944, fracasara. O segundo intento, o 24 de xaneiro de 1945, foi un éxito parcial, rompendose a á, pero conseguindo de todos modos chegar a ser o primeiro mísil guiado e alado en romper a barreira do son, alcanzando [[Número de Mach|Mach]] 4.


[[Categoría:Foguetes espaciais]]
[[Categoría:Foguetes espaciais]]

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2011 ás 15:53

Aggregat (do alemán, significando agregado) foi o nome dunha serie de deseños de foguetes desenvolvidos entre 1933 e 1945 por un programa de investigación do exército da Alemaña nazi. O seu meirande éxito foi o foguete A4, máis coñecido como V-2.

Variantes

A1

O A1 foi o primeiro foguete que se deseñou para a serie Aggregat. Foi deseñado en 1933 por Wernher von Braun nun programa de investigación da Wehrmacht dirixido por Walter Dornberger. O A1 medía 1,4 metros de longo, 30,5 centímetros de diámetro e tiña un peso de 150 kg no despegue. O motor, deseñado por Arthur Rudolph, usaba un sistema de conducción de propelente presurizado e queimaba alcohol e oxíxeno líquido. Producía un empuxe de 2,9 kN durante 16 segundos. O foguete estabilizábase mediante un xiroscopio no morro, o cal foi fonte de preocupación con relación ós propelentes líquidos. Aínda que o motor funcionou ben durante os encendidos de proba, o primero voo fracasou na mesma rampa de lanzamento. Non se fixeron máis intentos de lanzamento debido a que se pensou que o deseño era inestable, e os esforzos dirixíronse ó A2.

A2

Foguete A2.

O A2 foi deseñado en 1934 por von Braun baixo o programa en Kummersdorf dirixido por Walter Dornberger. Cunha lonxitude de 1,6 metros e un empuxe de 3 kN usando alcohol e oxíxeno líquido, era similar ó A1. Nembargantes, a diferencia do A1, o A2 levaba os xiroscopios estabilizadores no centro do foguete, entre os tangues de alcohol e oxíxeno, o que aumentaba a estabilidade. O foguete pesaba 72 kg valeiro, cun peso en despegue de 107 kg. O primeiro voo de probas tivo lugar en setembro de 1934 en Kummersdorf.

Construironse dous A2 para probas, sendo denominados Max e Moritz por dous personaxes de debuxo de Wilhelm Busch. O 19 e 20 de decembro de 1934 foron lanzados na illa Borkum no Mar do Norte. Alcanzaron altitudes de 2,2 km e 3,5 km.

A3

O A3 foi lanzado por primeira vez o 4 de decembro de 1937, e foi construido para probar partes do futuro A4. Tan só se levaron a cabo tres lanzamentos máis de proba, todos terminados en fallo. O lanzamento final, o 11 de decembro de 1937, foi representativo do resto de lanzamentos: o motor apagouse prematuramente e o foguete destruiuse ó caer a terra e fallar o desplegue do paracaídas.

O A3 foi o primero deseño feito en Peenemünde. En 1936 o xeneral Werner von Fritsch presenciou un encendido estático dun A3 en Kummersdorf e quedou o bastante impresionado como para prestar o seu apoio ao programa de foguetes. O A3 usou un sistema presurizado de propelente, usando a mesma mistura de oxíxeno líquido e alcohol ó 75% que o A1 e o A2. Xeneraba 14,7 kN de empuxe durante 45 segundos e usaba un sistema de tres xiroscopios para mover os álabes de aleación de tungsteno do chorro propulsor. A máxima altitude alcanzada cun A3 foi de 18 km.

A4 (foguete V2)

O A4 foi un deseño a tamaño real cun alcance duns 175 km, una altitude máxima de 80 km e unha carga útil de aproximadamente unha tonelada. As diferentes versións do A4 tiveron as funcións de primeiro mísil balístico, primerio proxectil en alcanzar o espacio exterior e foi usado activamente na guerra.

V2 recuperado do río Bug, cerca de Sarnaki.

Este incremento en canto a capacidade tivo lugar a través dun redeseño completo do motor do A3 por parte de Walter Thiel, sendo coñecido como A5. Foi quedando claro que os deseños de von Braun estaban converténdose en armas reais e Dornberg desplazou o equipo desde o polígono de probas de Kummersdorf (cerca de Berlín) ata unha pequena cidade, Peenemünde, na illa de Usedom, na costa báltica de Alemaña, para proporcionar máis sitio para os probas e para rodealas dun maior secretismo. Esta versión era completamente fiable e cara 1941 o equipo lanzara uns 70 foguetes A5. O primeiro A4 voou en marzo de 1942, alcanzando unha distancia de 1,6 km e impactando contra o auga. O segundo lanzamento alcanzou unha altitude de 11 km antes de explotar. O terceiro foguete, lanzado o 3 de outubro de 1942, sigueu unha traxectoria perfecta. Aterrou a 193 km de distancia e alcanzou unha altura de 80 km.

A producción do foguete comezou en 1943, coñecido agora como Vergeltungswaffe 2 (Arma de venganza 2) ou abreviadamente V2, tra-la insistencia do ministerio de propaganda de Joseph Goebbels. Os aliados estaban ó tanto da existencia do arma pola existencia dun sitio de probas en Blizna, Polonia, localizado polo movemento de resistencia polaco (Armia Krajowa) gracias a informes dos granxeiros locais.

A resistencia chegou incluso a conseguir pezas dos foguetes lanzados chegando ó lugar do impacto antes que os alemáns. A principios de marzo de 1944 a intelixencia británica recibeu un informe dun axente da resistencia polaca que observou un vagón de transporte fortemente custodiado por tropas das SS e que contiña un obxeto que, aínda que estaba cuberto cunha lona, semellaba un torpedo monstroso. A raíz do informe ideouse un plan para intentar obter un V2 sen lanzar e transportalo a Gran Bretaña. O 20 de maio de 1944 un V2 relativamente intacto caeu nas ciénagas do río Bug, cerca do pobo de Sarnaki. Conseguiuse ocultalo dos alemáns, sendo desmantelado e transportado a través de Polonia na operación Most III para a súa análise pola intelixencia británica.

A4-SLBM

Baixo o nome de Projekt Amerika, a Alemaña nazi intentou desenvolver o primeiro mísil balístico lanzado desde un submarino (SBLM polas siglas en inglés) para bombardear Nova York e outras cidades e obxectos americanos. As probas da variante SBLM do A4 foron levadas a cabo desde plataformas remolcadas por submarinos U-Boot. Estas plataformas remolcables e sumerxibles foron coñecidas como cápsulas Lafferenz. Un prototipo de 300 toneladas foi construido nos asteleiros Sichau, en Elbing. Esta cápsula foi probada no mar Báltico co U-boot U-1053, que desapareceu durante as probas e foi atopado en marzo de 2010. Tres cápsulas de 500 toneladas foron capturadas polos soviéticos antes de finalizar a súa construcción nos asteleiros Vulcan en Stettin. O prototipo de 300 toneladas usada nas probas nunca foi atopada.

A4b/A9

Para o caso de que os sitios de lanzamento dos A4 quedaran limitados ó territorio do Reich, von Braun e os seus colegas foron presionados para desenvolver una versión de maior alcance do A4, coñecido alternativamente como A9 e A4b. A razón das dúas denominacións é que a serie A4 recibeu "prioridad nacional" e a designación A4b aseguraba a dispoñibilidade dos escasos recursos. En xuño de 1939, Kurt Patt, da oficina de deseño de Peenemünde, propuxo ás para converter a velocidade e altitude do foguete en sustentación e alcance aerodinámicos. A medida que o foguete se atopase con capas máis densas da atmósfera na súa fase de descenso, propulsaríase e comezaría a planear suavemente, cambiando velocidade por distancia. Patt tamén propuxo o Flossengeschoss ou "proxectil aleta". Ambos conceptos foron usados por Walter Dornberger na elaboración dunha presentación para Hitler o 31 de xullo de 1940, denominándoo "foguete América". Os traballos sobre o deseño do A9 comezaron en 1940. Ademáis das ás, o A9 sería algo máis grande que o A4 e o seu motor produciría un 30% máis de empuxe. Despois de probar modelos en túnel de vento modificouse o deseño para reemplazar as ás por superficies no fuselaxe, xa que as probas demostraron que estas proporcionaban unha mellor sustentación a velocidades supersónicas e resolvía o problema do desplazamento transónico do centro de sustentación. O desenvolvemento foi suspendido en 1941, pero en 1944 varios V2 foron modificados para achegalos á configuración do A9 baixo a designación de A4b. Calculouse que, engadindo ás, o alcance dos A4 aumentaría ata 750 km, permitindo atacar obxetivos en Gran Bretaña desde a propia Alemaña. Intentouse que tra-lo lanzamento a traxectoria dos A4b fose o máis suave posible e que o foguete planeara cara o obxetivo. Considerouse que, na fase final do voo, a intercepción do foguete polo enemigo sería practicamente imposible dado que cando estivese sobre o obxetivo faría un picado que limitaría o tempo de intercepción. O concepto do A4b probouse engadindo pequenas ás a dous A4 lanzados desde Blizna. Nembargantes, debido ó pouco traballo de desenvolvemento levou a que o primeiro lanzamento, o 27 de decembro de 1944, fracasara. O segundo intento, o 24 de xaneiro de 1945, foi un éxito parcial, rompendose a á, pero conseguindo de todos modos chegar a ser o primeiro mísil guiado e alado en romper a barreira do son, alcanzando Mach 4.