Joseph Pitton de Tournefort: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Nova páxina: "170px|thumb|Joseph Pitton de Tournefort '''Joseph Pitton de Tournefort''' (5 de xuño de 165628 de decembro de..."
 
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 64: Liña 64:
[[nl:Joseph Pitton de Tournefort]]
[[nl:Joseph Pitton de Tournefort]]
[[pl:Joseph Pitton de Tournefort]]
[[pl:Joseph Pitton de Tournefort]]
[[pnb:جوزف پٹن ڈی ٹورنفورٹ]]
[[pt:Joseph Pitton de Tournefort]]
[[pt:Joseph Pitton de Tournefort]]
[[ro:Joseph Pitton de Tournefort]]
[[ro:Joseph Pitton de Tournefort]]

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2011 ás 11:23

Joseph Pitton de Tournefort

Joseph Pitton de Tournefort (5 de xuño de 165628 de decembro de 1708) foi un botánico francés, destacado como o primeiro en facer unha distinción clara de xénero para as plantas.

Traxectoria

Tournefort naceu en Aix-en-Provence e estudou no seu convento xesuíta. Nun principio intentara entrar na Igrexa, pero coa morte do seu pai puido optar polo seu interese na botánica. Despois de dous anos de colectas, estudou medicina en Montpellier, pero foi un destacado botánico do Jardin des Plantes en París desde 1683.

Expedicións de Tournefort

Durante eses anos viaxou por Europa, especialmente polos Pireneos, por Portugal e polo sur de España, onde recolectou intensivamente.

Entre 1700 e 1702 viaxa pola Grecia insular, visitando tamén Istambul, os bordos do Mar Negro, Armenia e Xeorxia, recolectando plantas e efectuando outros tipos de observacións. Nesta viaxe acompañouno o botánico alemán Andreas Gundesheimer (1668-1715) e o artista Claude Aubriet (1651-1743).

Mantivo contactos e intercambios con numerosos botánicos da época, entre eles co Padre Sarmiento, co que mantivo unha relación epistolar abundante.[1]

A súa obra principal, de 1694, é Eléments de botanique, ou Méthode pour reconnaître les Plantes (a tradución latina como Institutiones rei herbariae publicose en 1700 e en 1719).

Obra

Capa de Institutiones Rei Herbariae (1700)
  • Élémens de botanique. 1694, 3 vol. con 451 táboas, na que describe unhas 7.000 especies).
  • Histoire des plantes qui naissent aux environs de París avec leur usage dans la médecine. 1698; 2ª ed. de Jussieu, 1725.
  • Institutiones rei herbariae, editio altera. 1700 (edición mellorada en latín de Élémens de botanique; 3ª ed. de Jussieu, 1719). En líña pola Biblioteca Nacional de Francia: Tomo 1,[2] e Tomo 2[3] Tomo 3.[4]
  • Corollarium institutionum rei herbariae in quo plantae 1356 munificentia Ludovici Magni in orientalibus regionibus observatae recensentur et ad genera sua revocantur (París, imprenta real, 1703). Trátase dun suplemento en latín de "Institutiones.." que se editou postumamente en 1719.
  • Relation d'un voyage du Levant fait par ordre du roy (París, imprenta real, 1717, 2 vol. en 4) e (Lyon, Bruyset ed., 1717, 3 vol. en 8). Obra traducida ao neerlandés en 1717, ao inglés en 1718 ( Reprint, Hildesheim, 1995-1998), ao alemán en 1776. — A 1ª ed. está en liña pola Biblioteca Nacional de Francia: Tomo 1[5] e Tomo 2.[6]
  • Relation d'un voyage du Levant. 1717, 2 vols.
  • Traité de la matière médicale. 1717, 2 vols.

Honras

  • Linneo dedicoulle o xénero de Boraginaceae-Heliotropioideae Tournefortia
  • Bernard Le Bovier de Fontenelle (1657-1757) pronunciou na Academia das Ciencias de Francia o seu eloxio.[7] Figura na advertencia do libro Relation d'un voyage au Levant e dá precisas indicacións sobre a vida de Tournefort.
  • O 24 de agosto de 1864, a rúa Neuve-Sainte-Geneviève no 5º arrondissement de París, foi rebatizada como rúa Tournefort [8].

Abreviatura

A abreviatura Tourn. emprégase para indicar a Joseph Pitton de Tournefort como autoridade na descrición e clasificación científica dos vegetais. (Ver listado de [1] especies descritas por este autor en IPNI) Como botánico prelinneano rara vez se emprgea, ou ás veces cítase coua "T". Argemone Tourn. ex L. pódese citar como Argemone L.

Referencias

  1. Debido á relación do P. Sarmiento con Tournefort, aquel adoptou a o sistema de clasificación deste e, dada a súa condición prelinneana, é moi difíil, para que non estea moi versado no sistema de Tournefort, identificar nos escritos de Sarmiento o nome científico actual das plantas galegas que rexistra e, en consecuencia, os seus nomes vernáculos.
  2. Institutiones rei herbariae tomo 1
  3. Institutiones rei herbariae tomo 2
  4. Institutines rei herbariae tomo 3 (en francés)
  5. Voyage du Levant tomo 1
  6. Voyage du Levant tomo 2 (en francés)
  7. Éloge par Fontenelle en Académie des sciences (en francés)
  8. Rue Tournefort sur le site officiel de la nomenclature des rues de la Ville de Paris. (en francés)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Philippe Morat, Gérard-Guy Aymonin et Jean-Claude Jolinon (2004): L’Herbier du monde. Cinq siècles d’aventures et de passions botaniques au Muséum national d’histoire naturelle. París: Muséum national d’histoire naturelle de Paris et Les Arènes/L’iconoclaste. ISBN 2-286-00727-6
  • Louis-Gabriel Michaud (1843): Biographie universelle ancienne et moderne (en francés), tomo 42: páxs. 41-47.

Ligazóns externas