Pratos combinados: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Uxío (conversa | contribucións)
Liña 39: Liña 39:
==Reparto==
==Reparto==
* '''Ramiro "Miro" Pereira Ríos''' ([[Ernesto Chao]]). Dono do Bar Suízo, un tipo moi especial, home de poucas luces, avarento, lacazán, non moi limpo, rosmón, zoupón... aínda que ten o seu pequeno corazón. Atende aos clientes de mala maneira, cociña empanadas de cascas de cacahuete, café sen café (con tonas de patacas), bocadillos con fotocopia de xamón (iso si, fotocopias de cor) e outras 'especialidades culinarias'. Pasa o tempo facendo encrucillados, coleccionando cromos, xogando á petanca... e tamén lle gusta ir de caza e de pesca. En ningún destes pasatempos destaca, precisamente, polo seu bo facer. Entre as súas expresíons habituais, a máis popular é: "¡Me cagho no mundo!".
* '''Ramiro "Miro" Pereira Ríos''' ([[Ernesto Chao]]). Dono do Bar Suízo, un tipo moi especial, home de poucas luces, avarento, lacazán, non moi limpo, rosmón, zoupón... aínda que ten o seu pequeno corazón. Atende aos clientes de mala maneira, cociña empanadas de cascas de cacahuete, café sen café (con tonas de patacas), bocadillos con fotocopia de xamón (iso si, fotocopias de cor) e outras 'especialidades culinarias'. Pasa o tempo facendo encrucillados, coleccionando cromos, xogando á petanca... e tamén lle gusta ir de caza e de pesca. En ningún destes pasatempos destaca, precisamente, polo seu bo facer. Entre as súas expresíons habituais, a máis popular é: "¡Me cagho no mundo!".
** Primeira aparición: Episodio 001 ([[1995]])
** Primeira aparición: Episodio 001 "Unha intelixencia natural" ([[1995]])
** Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" ([[2006]]).
** Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" ([[2006]]).


Liña 165: Liña 165:
**Primeira aparción: ([[2001]]).
**Primeira aparción: ([[2001]]).
**Última aparición: ([[2002]]).
**Última aparición: ([[2002]]).

* '''Ignacio''' ([[Antón Infante]])
**Primeira aparción: ([[1995]]).


* '''Don Ramiro Pereira Fontes''' ([[Ernesto Chao]]). É o finado home da señora Carme (ou Carmiña, como lle chamaba el) e pai de Miro, quen se lle asemella moitísimo. O seu fantasma mora na casa da aldea.
* '''Don Ramiro Pereira Fontes''' ([[Ernesto Chao]]). É o finado home da señora Carme (ou Carmiña, como lle chamaba el) e pai de Miro, quen se lle asemella moitísimo. O seu fantasma mora na casa da aldea.

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2011 ás 11:23

Pratos combinados

Editar o valor em Wikidata
FormatoComedia
Creado porXosé Cermeño
Dirixido porChema Fernández Vilas, Ernesto Chao (director de actores)
IntérpretesErnesto Chao
Mabel Rivera
Antonio Durán "Morris"
Manuel Millán
Xosé Manuel Olveira "Pico"
Susana Dans
Guillermo Carbajo
Mónica García
María Castro
Serxio Pazos
País de orixeGalicia Galicia
Episodios261
Produción
Duración30 minutos as duas primeiras temporadas, 55 minutos ás seguintes
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Formato de imaxe4:3
Primeiro episodio01 de decembro de 1995
Derradeiro episodio24 de maio de 2006
Na rede
http://www.crtvg.es/tvg/programas/pratos-combinados
IMDB: tt0189296 Filmaffinity: 281787 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pratos combinados foi unha serie de televisión emitida por TVG en Galicia dende o 01 de decembro de 1995 ata o 24 de maio de 2006. Foi a primeira serie de TVG que marcou todo un fito na historia da televisión en Galicia xa que se trataba da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.

Estreouse o 01 de decembro de 1995 e tivo un gran éxito ao ter unha boa cota de pantalla e ao superar en ocasións a dura competencia de teleseries españolas como Aquí no hay quien viva ou Los Serrano.

A serie foi creada polo escritor Xosé Cermeño, autor tamén da primeira serie de ficción galega (Os outros feirantes), e baixo a súa dirección participaron guionistas como Rosa Castro, Raúl Dans, Denis López, Germán R. López, Xavier Manteiga, Roberto G. Méndez, Miguel Anxo Murado, Jacobo Paz, Cándido Pazó, David Planell ou Paula de Sáa.

Argumento

Miro Pereira coa súa dona Balbina e demais familia -retornados da emigración- rexentan un típico bar galego, o Suízo, por onde pasan personaxes cómicos coma o vividor Antón ou o repartidor Paspallás.

Miro, o protagonista, xunto co seu cuñado Antón, sempre andan a argallar para poder obter cartos ou irse de festa. Para isto, non dubidan en enganar aos seus amigos ou contar coa axuda de Roi e Paula, os fillos do avogado Barreiro.

Reparto

  • Ramiro "Miro" Pereira Ríos (Ernesto Chao). Dono do Bar Suízo, un tipo moi especial, home de poucas luces, avarento, lacazán, non moi limpo, rosmón, zoupón... aínda que ten o seu pequeno corazón. Atende aos clientes de mala maneira, cociña empanadas de cascas de cacahuete, café sen café (con tonas de patacas), bocadillos con fotocopia de xamón (iso si, fotocopias de cor) e outras 'especialidades culinarias'. Pasa o tempo facendo encrucillados, coleccionando cromos, xogando á petanca... e tamén lle gusta ir de caza e de pesca. En ningún destes pasatempos destaca, precisamente, polo seu bo facer. Entre as súas expresíons habituais, a máis popular é: "¡Me cagho no mundo!".
    • Primeira aparición: Episodio 001 "Unha intelixencia natural" (1995)
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Balbina Santos (Mabel Rivera). É a muller de Miro, con quen ten dous fillos: Rosalía e Migueliño. Unha cociñeira exemplar, que non se fía do seu home e, sobre todo, do seu irmán Antón. Farta da vida que levaba, marcha para Baiona a montar un negocio de hostelería para iates xunto coa súa filla, deixándolle a súa parte do bar á súa prima Olimpia.
    • Primeira aparición: Episodio 001 (1995).
    • Última aparición:
  • Antón Santos (Antonio Durán "Morris"). É o irmán de Balbina. É un egoísta e avarento empregado da Caixa de Aforros (despois chamada Banco Moderno Universal), que sempre pensa en zafarse do traballo e en comer e tomar cervexas de balde no bar da súa irmá. Contínuamente argalla plans xunto co seu cuñado, aínda que saiba que este non é moi listo, para ir de caza, gañar cartos ou traballar aínda menos do pouco que traballa. É bastante mullereiro, pero para el importan máis os cartos e a comida, tendo unha especial predilección polas nécoras. Ten amigos dos que se hai que fiar tan pouco ou menos ca del mesmo.
    • Primeira aparición: (1995).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Rosalía Pereira Santos (Eva Fernández). É a filla de Miro e Balbina. É una moza estudosa, que chega a ser profesora. Tamén bota algunha man no bar cando fai falla.
    • Primeira aparción: Episodio 001 (1995).
    • Última aparición: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
  • Miguel "Migueliño" Pereira Santos (Braulio Veiga). É o fillo de Miro e Balbina. Ten carácter ecoloxista, aínda que parece que herdou, en menor medida, a afección de seu pai e seu tío polos cartos.
    • Primeira aparción: Episodio 001 (1995).
    • Última aparición: (199_)
  • Carmen Ríos, "Señora Carme" (Feli Manzano). É a nai de Miro. Fai unhas empanadas moi recoñecidas. Habitual das actividades levadas a cabo polo club de xubilados. Ao primeiro vive na casa dos Pereira, pero despois vive na casa da aldea, transformada na Casa de turismo Pereira. Cultiva a horta e cría animais.
    • Primeira aparción: Episodio 001 (1995).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Paspallás (Serxio Pazos). É o repartidor que lle leva as bebidas ao bar... e tamén as facturas que Miro nunca lle paga. Adoita facer unha pausa no reparto para xogar ao "Chinchimoni" con Miro e Antón. Quere conquistar a Mónica, aínda que non ten moito éxito con ela.
    • Primeira aparición: (1995).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Charo (María Bouzas) É veciña dos Barreiro, amiga de Balbina e compañeira sentimental de Antón, con quen ten moita paciencia, pero con quen adoita perder os nervios. Ofrécenlle un bo emprego en Hamburgo, onde ten uns familiares, e tras a negativa de Antón a casar con ela, decide aceptar a oferta. Antón múdase a vivir no seu piso, no que xa pasaba moito tempo cando vivía ela nel.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (200_).
  • Pedro Barreiro (Xosé Manuel Olveira "Pico"). Viúvo e avogado de profesión. Amante de pasatempos relaxados, rifa a miúdo cos seus fillos, Paula e Roi. Espera que súa filla sente a cabeza e se esqueza do seu soño de ser actriz. De novo foi un rockeiro coñecido co nome de "Perico Pelanas". É veciño de Charo (despois de Antón).
    • Primeira aparción: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Paula Barreiro #1 (Cristina Castaño). É a filla de Pedro Barreiro e irmá de Roi, quere ser actriz, pero estuda económicas.
    • Primeira aparción: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
    • Última aparición: (2001).
  • Paula Barreiro #2 (María Castro). É a filla de Pedro Barreiro e irmá de Roi, quere ser actriz, pero estuda económicas.
    • Primeira aparción: Episodio 131 "Unha muller feliz" (2001).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Roi Barreiro (Guillermo Carbajo). É o fillo de Pedro Barreiro e irmán de Paula. É moi afeccionado ao fútbol.
    • Primeira aparción: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Mónica Regueiro (Mónica García). É a nova camareira do bar. Habitualmente é primeira en desconfiar das intencións de Miro e Antón. Asiste a clases de informática.
    • Primeira aparción: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Padre Nicanor (Manuel Millán). É o cura párroco, amante das empanadas de dona Carme. Aínda que ten colaborado con obras sociais, o máis habitual é que pida cartos que para a igrexa ou para Santa Rita. Crente convencido... ou case.
    • Primeira aparción: (199_)
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Tuto (Josito Porto). É dependente do quiosco que está en fronte do bar Suízo, trala marcha do seu anterior quiosqueiro. A miúdo sofre os males de ser atendido por Miro, coma o bocadillo de xamón sen xamón.
    • Primeira aparción: Episodio 105 "Un ano despois" (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Olimpia Cortizo Santos (Susana Dans). É prima de Balbina e Antón. Administradora do bar despois da marcha de Balbina, quen lle deixou a súa parte do bar, para desgraza de Miro.
    • Primeira aparción: Episodio 212 "Chega a prima Olimpia" (2004).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Mariana (Mariana Carballal). Farmacéutica de profesión, é amiga de Balbina.
    • Primeira aparción: Episodio 193 "Flamenco no bar Suizo".
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Raquel "Raqueliña" Fernández Vilas (Mariña Sampedro). É sobriña do padre Nicanor quen se ten que facer cargo dela, pero pasa a vivir na casa dos Pereira, con Miro e Olimpia, para ter un fogar máis estable.
    • Primeira aparción: Episodio 214? "Decoración con estilo" (2004).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Gutiérrez (Evaristo Calvo). É o director da Caixa de Aforros, que despois pasa a ser o Banco Moderno Universal, onde traballa Antón. É fillo do Presidente do Consello de Administrador da devandita entidade.
    • Primeira aparción: Episodio 107 "A irmá descoñecida" (2000).
    • Última aparición: Episodio 161 "Grazas por todo" (2006).
  • Garda Avelino (Avelino González). É un garda da Policía Municipal que fai a rolda polo barrio.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (200_).
  • Etiliano (Tuto Vázquez). É un cliente alcólico do bar "Suízo".
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición:
  • Tomás Vilariño (Santi Prego). É un escritor que para ocasionalmente no bar Suízo, onde lle ten asinado a varios lectores exemplares de novelas súas.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (199_).
  • Peláez (Alfonso Agra), é compañeiro de Antón na Caixa de Aforros (despois Banco Moderno Universal) e, xunto con el, subordinado do señor Gutiérrez.
    • Primeira aparción: Episodio 106 (2000).
    • Última aparición: Episodio 161 "Grazas por todo" (2006).
  • Fran (Fernando Dacosta). É o noivo de Rosalía, coa que acaba casando. É pediatra.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (199_).
  • Pepiño (Esteban Yáñez). É amigo de Migueliño. Adoita verse pedindo un donativo para a A.R.S.I., a Asociación de Rapaces con Suspensos Inxustos.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición:
  • Henrique (Enrique Rivadulla). É cliente habitual do bar Suízo, pese a sufrir decote ser atendido por Miro (quen se dirixe a el chamándoo "King Kong"), polo que adoita saír do bar anoxado, sendo un dos moitos clentes que sae do bar tras dicir: "¡Isto é un escándalo, Pereira!".
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: Episodio 261 "Grazas por todo" (2006).
  • Campos (Luis Campos). É o dependente do quiosco Campos, que está en fronte do bar "Suízo", do que é cliente habitual. Despois o quiosco pasa a ser levado por Tuto.
    • Primeira aparción: (1995).
    • Última aparición: (199_).
  • Martiña (Montserrat López). É unha cativa que adoita visitar o bar Suízo. Miro sempre se dirixe a ela chamándoa "microbio", ao que ela lle responde: "Eu non son un microbio".
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (199_).
  • Paula. É unha amiga de Migueliño e Pepiño. É morena e leva lentes. Non se debe confundir con Paula Barreiro, coa que nunca coincidiu.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (199_).
  • Carteiro Dans (Juanillo Esteban). É un carteiro habitual da zona.
    • Primeira aparción: (2001).
    • Última aparición: (2002).
  • Don Ramiro Pereira Fontes (Ernesto Chao). É o finado home da señora Carme (ou Carmiña, como lle chamaba el) e pai de Miro, quen se lle asemella moitísimo. O seu fantasma mora na casa da aldea.
    • Primeira aparción: (200_).
    • Última aparición: (200_).
  • Ramiro Pereira da Silva (Ernesto Chao). É o finado avó de Miro, quen se lle asemella moitísimo. O seu fantasma mora na casa da aldea.
    • Primeira aparción: Episodio 203 "Haiche moito fantasma".
  • Tía Herminia. É unha tía de Miro da que se fala en ocasións. Miro adoita poñer a delicada saúde desta muller como escusa para ausentarse da casa. É un personaxe que só se menciona, pero nunca se viu na pantalla.

Outros intérpretes

Aparicións dos personaxes fóra da serie

  • Nunha gala especial do programa "Xabarín Club" (TVG), presentada por Antonio Durán "Morris" e por Silvia Superstar, o Inspector Tomé foi cara a rúa do bar suízo, onde falou co quiosqueiro Campos, con Migueliño e Pepiño, con Miro... E, tal vez, con Balbina, Rosalía, a avoa Carme, e Paspallás. Antón non aparecía nesta reportaxe entre os personaxes, posiblemente, por ser Antonio Durán "Morris" (o actor que o interpreta) un dos presentadores da gala.
  • Hai un episodio especial no que se cruzan as dúas series de ficción galegas que se emitían neses momentos: "Mareas vivas" e "Pratos combinados". O especial foi emitido, posiblemente, un 24 de decembro de 1998.
  • Miro e Antón protagonizaron unha campaña publicitaria para a empresa "Cociñas Carballo", aparecendo en dúas variantes do anuncio televisivo desa campaña.
  • Miro e Antón protagonizaron un anuncio televisivo ambientado o bar "Suízo" para promocionar a introdución do Euro. O anuncio foi emitido nos intermedios de varios episodios dunha temporada da serie.
  • Miro Pereira protagonizou un anuncio televisivo sobre un evento de pesca.

Trivialidades

  • Segundo un episodio dunha das primeiras temporadas, o programa de televisión favorito de Miro é "Os Picapedra". Anos despois, no episodio "Ideas peregrinas" Miro pídelle permiso a Antón para quedar no piso de Charo para ver "Os Picapedra".
  • Paspallás fixo a mili en Ferrol, segundo di el mesmo nun episodio.
  • Miro fixo a mili en Ceuta, segundo lle di el mesmo a Antón no episodio 195.
  • Desde o episodio 105, "Un ano despois", vemos a Tuto como dependente do quiosco que está fronte ao bar Suízo, ocupando o posto no que durante anos estivo Campos. Pero non foi ata bastante tempo despois, cando o letreiro "Kiosko Campos" fose cambiado polo de "Quiosco Tuto".
  • No episodio 106, "Pasou un anxo", coméntase que Roi ten 12 anos, que a nai de Charo morreu tres anos atrás, que Pedro liderara un grupo de rock baixo o alcume de Perico Pelanas...
  • Os personaxes da serie manexando billetes de Euro antes de que esa moeda fose posta en circulación na vida real.
  • Ernesto Chao á parte de interpretar a Miro Pereira na serie, interpretou outros papeis en varios episodios: O fantasma de don Ramiro (pai de Miro) en dous episodios, o presidente dunha república no episodio "Un asunto de estado", e varios personaxes (executivo, carteiro, ciclista, Sr. Piñeiro) no episodio "Un millón de Pereiras" que daban pé a ser confundidos con Miro.
  • Antonio Durán "Morris" interpretou a un cliente do bar "Suízo", ao que Miro confundía con Antón no episodio, "Un millón de Pereiras".
  • Serxio Pazos interpretou ao fillo do Demo, que se lle aparecía a miro co rostro de Paspallás, nun episodio.
  • O episodio 170, "Todos cantan panxoliñas", foi o máis longo de todos os que se emitiran ata a data da súa emisión, con máis de 80 minutos de duración. Nese episodio podemos oir o número do móbil de Tuto (632003227), cando llo di a Paula.
  • No episodio 178, "O actor revelación", no que Miro se converte no protagonista dunha telenovela da televisión local, "O marqués dos mil amores", cambia adquire o nome artístico de Ramiro Alberto Pereira, por suxestión de Antón.
  • Desde o primeiro episodio, as sintonías de cabeceira e de peche da serie eran versións musicais da canción "Down by the River", de Albert Hammond. A partir do episodio 212, cambiouse a cabeceira por un tema creado para a serie, cantado por Alberto Cunha (que interpretou un personaxe no episodio 235 da serie), a sintonía de peche tamén se cambiou por unha versión instrumental do novo tema.
  • No episodio 105, "Un ano despois", fai a súa primeira aparición a familia Barreiro. No mesmo episodio revélase que o seu enderezo é: Rúa Castelao, 15 - 2ºB.
  • No episodio 161, "Pereira está feito un mozo", Paula di que ten 20 anos.
  • Ao longo da serie, mendiónanse diferentes empregos que Miro levou a cabo cando estivo emigrado en Suíza: Engraxando ascensores (Cap. 161), nun circo como "muller barbuda" (Cap. 179).
  • Nun programa do concurso "Supermartes" (TVG), o actor Guillermo Montesinos falou dun proxecto no que ía traballar: Unha versión de "Pratos combinados" en castelán rodada para unha canle de televisión de España (Antena 3, posiblemente). ¿Sería unha broma?
  • Na edición do programa "Cifras e letras" emitida o 18 de marzo de 2008 (dedicado ao "Heavy Metal") un concursante construíu a palabra "Suízo", ao que o presentador, Paco Lodeiro, respondeu "O bar de Miro Pereira".
  • [Sección en creación]. Ep.: "Alimentos de toda confianza": "Quen ten información, come lacón", "Con 'Flor da Parrameira', alimentos de primeira". "Con Rodolfo Aguinaga quen a fai sempre a paga".
  • No episodio "Cerrado por defunción", Balbina preséntase ao inspector de Facenda como Balbina Santos de Pereira.
  • Última frase da serie: Miro [dirixíndose aos espectadores despois de colgar o cartel de "PECHADO" na porta do bar]: "¡Ah! ¡E moitas gracias por todo, me cagho no mundo!".

Guía de episodios

1ª temporada. Episodios 001-013

  • Reparto: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Serxio Pazos, Feli Manzano, Eva Fernández, Braulio Veiga.
  • 001. "Unha Intelixencia Natural" (01-12-1995)
  • 002. "A Bruxa" (08-12-1995)
  • 003. "Telecallos" (15-12-1995)
  • 004. "A Mili De Miro" (22-12-1995)
  • 005. "Estraños Na Noite" (29-12-1995)
  • 006. "Recoñecemento Médico (05-01-1996)
  • 007. "Rebaixas" (12-01-1996)
  • 008. "Altas Finanzas" (19-01-1996)
  • 009. "Candidato Miro" (26-01-1996)
  • 010. "Animaliños (02-02-1996)
  • 011. "Festa De Cumpreanos" (09-02-1996)
  • 012. "Andar ás Troitas" (16-02-1996)
  • 013. "O Derbi Galego" (23-02-1996)

?ª temporada. Episodios 0??-???

  • 014.
  • 015.
  • 016.
  • 017.
  • 018.
  • 019.
  • 020.
  • 021.
  • 022.
  • 023.
  • 024.
  • 025.
  • 026.
  • 027.
  • 028.
  • 029.
  • 030.
  • 031.
  • 032.
  • 033.
  • 034.
  • 035.
  • 036.
  • 037.
  • 038.
  • 039.
  • 040.
  • 041.
  • 042.
  • 043.
  • 044.
  • 045.
  • 046.
  • 047.
  • 048.
  • 049.
  • 050.
  • 051.
  • 052.
  • 053. "O tío Benigno"
  • 054. "Os candidatos"
  • 055. "O crecepelo"
  • 056. "Cociñeiros de París"
  • 057. "A primitiva"
  • 058. "O apartamento"
  • 059. "Un producto caducado"
  • 060. "Para mulleres soamente"
  • 061. "A dieta de Pereira"
  • 062. "O baile"
  • 063. "Enquisas"
  • 064. "Un pai á medida"
  • 065. "O divorcio de Balbina"
  • 066. "Búscase un millonario"
  • 067. "¿Onde vai o meu ordenador?"
  • 068. "A universidade da vida"
  • 069. "Un novo país"
  • 070. "Benvido don Marcial"
  • 071. "Estrelas da canción"
  • 072. "O mago Pereira"
  • 073.
  • 074. "Vellos amigos"
  • 075.
  • 076. "Un Papá Noel moi especial"
  • 077.
  • 078. "¿Que tal andas de memoria?"
  • 079. "Heroe por accidente"
  • 080. "Camareiro"
  • 081. "Miss Bar Suízo"
  • 082. "A intoxicación"
  • 083. "Negocio subterráneo"
  • 084. "Antón busca traballo"
  • 085. "Véndese o bar Suízo"
  • 086. "Regalo de vodas"
  • 087. "O amigo de Rosalía"
  • 088. "O record do bar Suízo"
  • 089.
  • 090. "Un día con Inés"
  • 091.
  • 092. "O rei das cestas"
  • 093.
  • 094.
  • 095. "Gato por lebre"
  • 096.
  • 097. "Seguro que cobras"
  • 098.
  • 099. "Novos impostos"
  • 100. "A voda"
  • 101. "Un rapaz moi desprendido"
  • 102. "As vacacións ecolóxicas"
  • 103. "Adeus bar Suízo"
  • 104. "Todo ben recollido"

6ª temporada. Episodios 105-120

  • 105. "Un ano despois"
  • 106. "Pasou un anxo"
  • 107. "Lonxe de África"
  • 108. "A irmá descoñecida"
  • 109. "Mal de amores"
  • 110. "Un problema de conciencia"
  • 111. "Morto sen sabelo"
  • 112. "O problema da vivenda"
  • 113. "Historias de amor en Internet"
  • 114. "O pequeno Pereira"
  • 115. "A vida é teatro"
  • 116. "Pura fantasía"
  • 117. "Unha cea de cine"
  • 118. "Os conferenciantes"
  • 119. "Un minuto de gloria para Miro"
  • 120. "Intensa vida social"

?ª temporada. Episodios 121-1??

  • 121. "O presidente ideal"
  • 122. "O seguro cóbreo todo"
  • 123. "Esa señora é meu pai"
  • 124. "Afortunado no xogo"
  • 125. "Patinaxe artística"
  • 126. "Unha noite na ópera"
  • 127. "Un barrio de artistas"
  • 128. "Crime e castigo"
  • 129. "A verdadeira sabedoría"
  • 130. "Función de gala"
  • 131. "Unha muller feliz"
  • 132. "Todo é reciclable (menos o amor)"
  • 133. "Prognóstico reservado"
  • 134. "Un morto moi vivo"
  • 135. "Non todo é traballar"
  • 136. "Tomar medidas"
  • 137. "Nubes e claros"
  • 138. "Fraude fiscal"
  • 139. "Denuncia, que algo queda"
  • 140. "O tesouro"
  • 141. "O estilo Pereira"
  • 142. "Unha obra de arte"
  • 143. "Isto é un atraco"
  • 144. "Avenida Señor Pereira"
  • 145. "Turismo europeo"
  • 146. "Un merecido ascenso"
  • 147. "Xente con sorte"
  • 148. "Xa están aquí"
  • 149. "Un orador moi distinguido"
  • 150. "Paxaros pouco recomendables"
  • 151. "O abominable home do bar Suízo"
  • 152. "Secuestrado!"
  • 153. "Pereira e o diaño"
  • 154. "Ideas peregrinas"
  • 155. "O restaurador"
  • 156. "Un asunto de estado"

?ª temporada. Episodios 157-1??

  • Reparto: Ernesto Chao, Mabel Rivera, Antonio Durán "Morris", Josito Porto, Manuel Millán, Xosé Manuel Olveira "Pico", María Castro, Guillermo Carbajo, Serxio Pazos, Mónica García, Feli Manzano.
  • 157. "Os versos de Pereira"
  • 158. "A silueta perfecta"
  • 159. "Un par de boas pezas"
  • 160. "Falando con Paula"
  • 161. "Pereira está feito un mozo"
  • 162. "O Salmonete de Ouro"
  • 163. "Un millón de Pereiras"
  • 164. "Cerrado por defunción"
  • 165. "O vello Pereira ataca de novo"
  • 166. "Especies protexidas"
  • 167. "Por San Pantaleón, o cura corta o xamón"
  • 168. "Pura psicoloxía"
  • 169. "Música en directo"
  • 170. "Todos cantan panxoliñas"
  • 171. "O ladrón de extintores" (estrea: 15 de febreiro de 200?)
  • 172. "Un xusto gañador"
  • 173. "Facer o parrulo"
  • 174. "Alimentos de toda confianza"
  • 175. "O hipnotizador"
  • 176. "O avogado das silveiras"
  • 177. "O título de propiedade"
  • 178. "O actor revelación"
  • 179. "Vitaminas concentradas"
  • 180. "Unha vida nas misións"
  • 181. "Miro Pereira necesita relax"
  • 182. "O vendedor de coches usados"
  • 183. "O novo párroco"
  • 184. "Reserva especial"
  • 185. "Peixe fresco"
  • 186. "Miro e Antón e o santo patrón"
  • 187. "O carteiro chama cando pode"
  • 188. "O deporte do Parchís"

12ª temporada. Episodios 189-211

  • 189. "Unha larpeirada cos amigos"
  • 190. "O museo celta"
  • 191. "A granxa de porcos"
  • 192. "Nacidos para ser artistas"
  • 193. "Flamenco no bar Suízo"
  • 194. "Os anuncios de Pereira"
  • 195. "Nadal con moita maxia"
  • 196. "Pereira e os pozos de petróleo"
  • 197. "Un sabio de concurso"
  • 198. "Auto servizo Pereira"
  • 199. "O novo Titanic"
  • 200. "Miro Pereira o conquistador"
  • 201. "Arte a esgalla"
  • 202. "Enfermos con moita saúde"
  • 203. "Haiche moito fantasma"
  • 204. "Dous atletas de primeira"
  • 205. "Os perigos de pescar salmón"
  • 206. "Caracois en prebe picante"
  • 207. "Os Chantaxistas"
  • 208. "O baile de disfraces"
  • 209. "O mellor futbolista do Brasil"
  • 210. "Non todo vai ser fútbol"
  • 211. "Miro e Antón fan negocios cos Tonechos" (estrea: 2004)

13ª temporada. Episodios 212-235

  • 212. "Chega a prima Olimpia" (estrea: 2004)
  • 213. "O monstro da aldea"
  • 214. "O sobriño do párroco"
  • 215. "Decoración con estilo"
  • 216. "O Banco Moderno busca directivos"
  • 217. "Elvis vive e cultiva tomates"
  • 218. "Sinistro total"
  • 219. "O negocio de don Nicanor"
  • 220. "Un aire fresquísimo"
  • 221. "A moeda de ouro"
  • 222. "A encargada ideal"
  • 223. "Un home para partirse de risa"
  • 224. "A solución definitiva para as multas"
  • 225. "A mellor lotería é ter saúde"
  • 226. "Queridos Reis Magos" (estrea: 5 de xaneiro de 2005)
  • 227. "As esmeraldas da tía Virtudes"
  • 228. "Non me chamo Miriño"
  • 229. "Ouro de moitos quilates"
  • 230. "A ovella celta"
  • 231. "Grandes cacerías"
  • 232. "O Cobrador da Gaita"
  • 233. "Especialistas en caixas fortes" (estrea: 13 de abril de 2005)
  • 234. "Asasinato na aldea" (estrea: 20 de abril de 2005)
  • 235. "Clientes moi famosos"

14ª temporada. Episodios 236-261

  • 236. "Milagres e outros fenómenos inexplicables" (estrea: 2005)
  • 237. "O fútbol éche así"
  • 238. "Crema rexuvenecedora"
  • 239. "O novo oficio de Nicanor"
  • 240. "O profesor de Raquel"
  • 241. "O golpe definitivo"
  • 242. "Pallasos en acción"
  • 243. "Antón Santos, felizmente casado"
  • 244. "O pozo dos milagres"
  • 245. "Unha sorpresa para Olimpia"
  • 246. "Miro e Antón ao galope"
  • 247. "O triunfo dos homes decididos"
  • 248. "O profesional do ano"
  • 249. "A comida dos campións"
  • 250. "Contrato de alta dirección" (estrea: 2006)
  • 251. "Debaixo das baldosas hai de todo"
  • 252. "Un novo socio para Olimpia"
  • 253. "Don Nicanor Superstar"
  • 254. "O carné de conducir"
  • 255. "Animaliños simpáticos e intelixentes"
  • 256. "O horóscopo"
  • 257. "Pereira e a empanada de berberechos"
  • 258. "Alarma social"
  • 259. "Xubilación anticipada"
  • 260. "Buscar na enciclopedia" (17 de maio de 2006)
  • 261. "Moitas gracias por todo" (24 de maio de 2006)

Títulos de varios episodios:

"Cartas de amor"
"Grandes esperanzas"
"Noite de rock"
"Revistas do corazón"
"Unha Noite de Rock"
"Homes, Mulleres E Outras Herbas" Especial

Véxase tamén

Ligazóns externas