Xogos Olímpicos de 2000: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Modificado: tt:Җәйге Олимпия уеннары 2000 |
m r2.6.4) (bot Engadido: oc:Jòcs Olimpics d'estiu de 2000 |
||
Liña 252: | Liña 252: | ||
[[nn:Sommar-OL 2000]] |
[[nn:Sommar-OL 2000]] |
||
[[no:Sommer-OL 2000]] |
[[no:Sommer-OL 2000]] |
||
[[oc:Jòcs Olimpics d'estiu de 2000]] |
|||
[[pl:Letnie Igrzyska Olimpijskie 2000]] |
[[pl:Letnie Igrzyska Olimpijskie 2000]] |
||
[[pt:Jogos Olímpicos de Verão de 2000]] |
[[pt:Jogos Olímpicos de Verão de 2000]] |
Revisión como estaba o 1 de xuño de 2011 ás 05:40
Xogos da XXVII Olimpíada | |
---|---|
Sidney 2000 | |
Estados Participantes | 199 |
Atletas | 10651 |
Eventos | 300 en 28 deportes |
Cerimonia de Apertura | 15 de setembro |
Cerimonia de Clausura | 1 de outubro |
Apertura oficial | William Deane |
Xuramento do Atleta | Rechelle Hawkes |
Facho Olímpico | Cathy Freeman |
Local | Estadio Olímpico |
Os XXIV Xogos Olímpicos de Sidney, Australia, realizados entre o 15 de setembro e o 1 de outubro do ano 2000 e tamén coñecidos como Xogos do Milenio, foron os maiores organizados até o de entón, con 10.651 atletas de 199 países competindo en 300 eventos deportivos. Sucedéronse nunha atmosfera pacífica e estiveron ben organizados.
Australia, país anfitrión, preparouse para os seus Xogos coa intención de tornarse unha potencia olímpica e conquistou a espectacular marca de 58 medallas, sendo 16 de ouro, ficando na cuarta posición no cadro de medallas final dos Xogos, a mellor participación da súa historia.
Proceso de candidatura
Ademais de Sidney, catro cidades máis tentaron realizar os Xogos da XXVII Olimpíada: Beijing (China), Berlín (Alemaña), Istambul (Turquía) e Manchester (Inglaterra). A escolla de Sidney como sede foi unha sorpresa, pois a favorita era Beijing.
Xogos Olímpicos de 2000 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
101º Sesión do Comité Olímpico Internacional 23 de setembro de 1993, Monte Carlo, Mónaco | ||||||
Cidade | País | Votación | ||||
Sidney | Australia | 30 | 30 | 37 | 45 | |
Beijing | China | 32 | 37 | 40 | 43 | |
Manchester | Reino Unido | 11 | 13 | 11 | - | |
Berlín | Alemaña | 9 | 9 | - | - | |
Istambul | Turquía | 7 | - | - | - |
Curiosidades
- O facho olímpico foi acendido pola descendente de aborixes Kathy Freeman - nun simbólico mea culpa dos australianos pola dominación e case extinción da raza indíxena que habitaba Australia antes da chegada dos brancos - que depois gañaría a medalla de ouro nos 400 metros lisos.
- Ian Thorpe, australiano de 17 anos, tórnase no maior nome da natación dos Xogos, ao gañar tres medallas de ouro, quebrando a súa propia marca mundial nos 400m libres. No caso feminino é a neerlandesa Inge de Bruijn, con tres ouros e unha marca mundial.
- As dúas Coreas entraron no estadio unidas baixo a mesma bandeira por primeira vez nos Xogos, mais competiron separadas.
- Steve Redgrave, de Gran Bretaña, conquista a súa quinta medalla de ouro consecutiva en cinco Xogos consecutivos no remo.
- O loitador de taekwondo Hieu Ngan Tran, gañou a primeira medalla, de prata, de Vietnam, dende a primeira participacióno do país en 1952.
- Catro atletas de Timor Leste, recén independente e aínda loitando pola autonomía, desfilan na apertura dos Xogos, baixo o manto da bandeira olímpica (participan como participantes olímpicos independentes).
- Eric Moussambani, nadador de Guinea Ecuatorial, tiña aprendido a nadar apenas seis meses antes do inicio dos Xogos e durante as competicións de Sidney foi a primeira vez que nadaba en piscinas con distancia oficial (en Guinea Ecuatorial non existían piscinas olímpicas). O nadador competiu nos 100 m libres só, xa que os dous competidores da súa serie foran desclasificados. Case se afoga, chegando cun tempo de máis do dobre que os demais clasificados, mais pola súa simpatía e polo espírito olímpico converteuse nun dos destaques da competición.
Modalidades disputadas
Cadro de medallas
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | EUA | 40 | 24 | 33 | 97 |
2 | Rusia | 32 | 28 | 28 | 88 |
3 | China | 28 | 16 | 15 | 59 |
4 | Australia | 16 | 25 | 17 | 58 |
5 | Alemaña | 13 | 17 | 26 | 56 |
6 | Francia | 13 | 14 | 11 | 38 |
7 | Italia | 13 | 8 | 13 | 34 |
8 | Países Baixos | 12 | 9 | 4 | 25 |
9 | Cuba | 11 | 11 | 7 | 29 |
10 | Gran Bretaña | 11 | 10 | 7 | 28 |