Credo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O '''Credo''' é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición apostólica e desenvolvidas nos dous primeiros concilios ecuméncicos (..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O '''Credo''' é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición apostólica e desenvolvidas nos dous primeiros concilios ecuméncicos (o [[Concilio de Nicea]] e o [[Primeiro concilio de Constantinopla]].
O '''Credo''' é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición [[apóstolo|apostólica]] e desenvolvidas nos dous primeiros concilios ecuméncicos (o [[Concilio de Nicea]] e o [[Primeiro Concilio de Constantinopla]].

Aceptan este credo a [[Igrexa Siríaca]], a [[Igrexa Etíope Tewahedo]], a [[Igrexa Apostólica Armenia]], a [[Igrexa Ortodoxa Copta]], a [[Igrexa Apostólica Asiria]] e a [[Igrexa Ortodoxa]]. A [[Igrexa Católica]] afastouse destas Igrexas engadindo o ''filoque''. As igrexas protestantes aceptan tamén estes credos na súa formulación pola Igrexa Católica.
Aceptan este credo a [[Igrexa Siríaca]], a [[Igrexa Etíope Tewahedo]], a [[Igrexa Apostólica Armenia]], a [[Igrexa Ortodoxa Copta]], a [[Igrexa Apostólica Asiria]] e a [[Igrexa Ortodoxa]]. A [[Igrexa Católica]] afastouse destas Igrexas engadindo o ''filoque''. As [[protestantismo|igrexas protestantes]] aceptan tamén estes credos na súa formulación pola Igrexa Católica.

==Orixe==
==Orixe==
Liña 8: Liña 8:
As igrexas de tradición bizantina chamaban a estas profesións de fe ''symbolon'' no seu dobre significado de sinal ou selo de unión e de colección ou sumario.
As igrexas de tradición bizantina chamaban a estas profesións de fe ''symbolon'' no seu dobre significado de sinal ou selo de unión e de colección ou sumario.

Na Igrexa Ortodoxa Copta tivo especial relvanciao símbolo Quicumque de [[Atanasio de Alexandría]].
Na Igrexa Ortodoxa Copta tivo especial relvancia o símbolo ''Quicumque'' de [[Atanasio de Alexandría]].

Na Igrexa Ortodoxa o Credo, xunto coa [[Eucaristía]] e a Palabra de Deus é o fundamento da unidade das diferentes igrexas autocéfalas.
Na Igrexa Ortodoxa o Credo, xunto coa [[Eucaristía]] e a Palabra de Deus ([[Biblia]]) é o fundamento da unidade das diferentes igrexas autocéfalas.

Na Igrexa Occidental, [[Ambrosio de Milán]] falaba dos doce artigos do credo evocando o alicerce dos doce apóstolos. Tamén este autor fala de símbolo como ''selo espiritual, meditación do corazón e terouro da alma.''

Liña 17: Liña 17:
O contido profesa a crenza en Deus coma orixe do Universo, na [[Encarnación]] e na [[Resurrección]] de [[Xesús de Nazaret]] identificado como o Cristo ([[Mesías]]), no [[Espírito Santo]] e na súa acción manifestada no perdón dos pecados e na comunión dos fieis (Igrexa e comunión dos santos) así como no [[Xuízo Final]] e na [[Vida Eterna]]. Aínda que formulado en [[grego]] e máis tarde en [[latín]], dende o inicio tivo a súa versión siríaca, [[copto|copta]] e [[armenio|armenia]]. Remata coa palabra [[hebreo|hebrea]] que significa adhesión confiada.

==Símbolo dos Apóstolos==
===Símbolo dos Apóstolos===
''Creo en Deus Pai todopoderoso, creador do ceo e maila terra, creo en Xesuscristo, seu único fillo, noso señor, que foi concibido por obra e graza no Espírito Santo, naceu de Santa María Virxe, padeceu baixo o poder de Poncio Pilato, foi crucificado, morto e sepultado, descendeu aos infernos, ao terceiro día resucitou de entre os mortos, subiu aos ceos e está sentado á dereita de Deus Pai todopoderoso, dende alí ha de vir a xulgar aos vivos e aos mortos, Creo do Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na Comunión dos Santos, o perdón dos pecados, a resurrección da carne, e na vida eterna. Amén''

===Credo niceno-constatinopolitano===

[[Categoría:Cristianismo]]

Revisión como estaba o 29 de maio de 2011 ás 22:51

O Credo é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición apostólica e desenvolvidas nos dous primeiros concilios ecuméncicos (o Concilio de Nicea e o Primeiro Concilio de Constantinopla.

Aceptan este credo a Igrexa Siríaca, a Igrexa Etíope Tewahedo, a Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Apostólica Asiria e a Igrexa Ortodoxa. A Igrexa Católica afastouse destas Igrexas engadindo o filoque. As igrexas protestantes aceptan tamén estes credos na súa formulación pola Igrexa Católica.

Orixe

Dende moi cedo a experiencia de fe foi articulada mediante profesións de fe. As máis antigas teñen que ver co rito do bautismo polo que o catecúmeno recibía o perdón dos pecados e era acollido como membro da igrexa. O catecúmeno era bautizado no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo, o que manifestaba unha profesión de fe trinitaria.

As igrexas de tradición bizantina chamaban a estas profesións de fe symbolon no seu dobre significado de sinal ou selo de unión e de colección ou sumario.

Na Igrexa Ortodoxa Copta tivo especial relvancia o símbolo Quicumque de Atanasio de Alexandría.

Na Igrexa Ortodoxa o Credo, xunto coa Eucaristía e a Palabra de Deus (Biblia) é o fundamento da unidade das diferentes igrexas autocéfalas.

Na Igrexa Occidental, Ambrosio de Milán falaba dos doce artigos do credo evocando o alicerce dos doce apóstolos. Tamén este autor fala de símbolo como selo espiritual, meditación do corazón e terouro da alma.

Contido

O contido profesa a crenza en Deus coma orixe do Universo, na Encarnación e na Resurrección de Xesús de Nazaret identificado como o Cristo (Mesías), no Espírito Santo e na súa acción manifestada no perdón dos pecados e na comunión dos fieis (Igrexa e comunión dos santos) así como no Xuízo Final e na Vida Eterna. Aínda que formulado en grego e máis tarde en latín, dende o inicio tivo a súa versión siríaca, copta e armenia. Remata coa palabra hebrea que significa adhesión confiada.

Símbolo dos Apóstolos

Creo en Deus Pai todopoderoso, creador do ceo e maila terra, creo en Xesuscristo, seu único fillo, noso señor, que foi concibido por obra e graza no Espírito Santo, naceu de Santa María Virxe, padeceu baixo o poder de Poncio Pilato, foi crucificado, morto e sepultado, descendeu aos infernos, ao terceiro día resucitou de entre os mortos, subiu aos ceos e está sentado á dereita de Deus Pai todopoderoso, dende alí ha de vir a xulgar aos vivos e aos mortos, Creo do Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na Comunión dos Santos, o perdón dos pecados, a resurrección da carne, e na vida eterna. Amén

Credo niceno-constatinopolitano