Universidade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m r2.5.5) (bot Engadido: my:တက္ကသိုလ် Eliminado: cs:Univerzita Modificado: scn:Univirsitati
m r2.7.1) (Bot: Modifico: war:Unibersidad
Liña 115: Liña 115:
[[vls:Universiteit]]
[[vls:Universiteit]]
[[wa:Univiersité]]
[[wa:Univiersité]]
[[war:Unibersidád]]
[[war:Unibersidad]]
[[wuu:大学]]
[[wuu:大学]]
[[yi:אוניווערסיטעט]]
[[yi:אוניווערסיטעט]]

Revisión como estaba o 28 de maio de 2011 ás 15:27

Colexio Maior Fonseca, no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela.

Unha universidade é un centro de ensino superior e investigación, constituído xeralmente por facultades, que outorga graos académicos e títulos profesionais. Para aloxamento dos estudiantes ten Colexios Maiores (Colexios Universitarios) e Residencias.

En Galiza

A universidade moderna xurdiu en Europa na Idade Media. Na Galiza existen hoxe en día tres universidades: a Universidade de Santiago de Compostela con campus en Santiago de Compostela e Lugo; a Universidade de Vigo con campus en Vigo, Pontevedra e Ourense; e a Universidade da Coruña con campus na Coruña e máis en Ferrol. A de Santiago foi historicamente a universidade galega, criada a fins do século XIV. Foi na década de 80 do século XX que a Xunta de Galicia decidiu a creación das universidades da Coruña e Vigo, a partir dos campus que a de Santiago tiña xa nestas cidades. Na Galiza tamén están presentes dúas universidades públicas de ensino a distancia, a Universidad Nacional de Educación a Distancia con catro centros asociados así como a Universidade Aberta portuguesa con un centro para toda a Galiza, e un centro universitario privado, o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), afiliado ao University College Dublin.

Véxase tamén

Ligazóns externas