Banaba: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: mr:बनाबा द्वीप
Amirobot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: uk:Банаба
Liña 79: Liña 79:
[[ru:Банаба]]
[[ru:Банаба]]
[[sv:Banaba]]
[[sv:Banaba]]
[[uk:Банаба]]
[[zh:巴纳巴岛]]
[[zh:巴纳巴岛]]

Revisión como estaba o 24 de maio de 2011 ás 14:43

Banaba
Vista da illa
Banaba
Datos
Capital
País Quiribati - Kiribati
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2005) 301 hab.
Superficie 5 km²
Densidade
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura 81 m.
Localización
Banaba

Banaba (ou illa Ocean), é unha illa de coral habitada de 5 km² no Océano Pacífico, situada ao oeste das illas Gilbert e 300 km ao leste de Nauru. O nome Banaba na lingua local significa "pedregoso". Forma parte da república de Kiribati. O punto máis alto da illa é tamén o punto máis alto de Kiribati, con 81 metros de alto. Xunto con Nauru e Makatea, foi unha das grandes fontes de fosfato do Pacífico. A súa poboación, deportada para explotar os fosfatos da illa, abriu o proceso máis longo da historia, contra o goberno británico.

Historia

A illa foi habitada por melanesios desde o 1.500 adeC. Descubriuse en 1804 por Abraham Bristow pero mantivose relativamente intacta debido á súa illada localización e pequeno tamaño.

En 1900, Albert Ellis, un neocelandés que traballaba para unha compañia británica, descobriu que a illa era rica en fosfato de calcio, unha importante matéria prima para fertilizantes, e convenceu os nativos para asinar – cunha cruz – documentos legais que daban á compañia o dereito de explotar aquel recurso por 50 libras por ano, durante 999 anos. En 1942, a illa foi invadida polos xaponeses e os seus habitantes enviados para campos de traballos forzados noutras illas, unha vez que a sua xa estaba praticamente devastada. Ao final da guerra, os banabenses foron “recuperados” polos británicos e enviados para a illa de Rabi, que actualmente pertence a Fidxi. En 1979, as minas de fosfato foron abandonadas e moitos banabenses regesaron para verificar que o que antes eran 595 hectareas de floresta tropical, apenas quedaban mais ou menos intactas 150.


Goberno

A pesar de formar parte de Quiribati, Banaba é gobernada polo consello de anciáns de Rabi Fidxi que, ademais, teñen un dos 49 deputados do parlamento de Quiribati.

Véxase tamén

Ligazóns externas