Estado socialista: Diferenzas entre revisións
m r2.5.2) (bot Eliminado: cs, el, hr, id, ms, sv, th |
|||
Liña 121: | Liña 121: | ||
[[ast:Estáu socialista]] |
[[ast:Estáu socialista]] |
||
[[ca:Estat socialista]] |
[[ca:Estat socialista]] |
||
[[cs:Komunistický režim]] |
|||
[[el:Κομμουνιστικό κράτος]] |
|||
[[en:Socialist state]] |
[[en:Socialist state]] |
||
[[es:Estado socialista]] |
[[es:Estado socialista]] |
||
[[et:Sotsialistlik riik]] |
[[et:Sotsialistlik riik]] |
||
[[eu:Estatu sozialista]] |
[[eu:Estatu sozialista]] |
||
[[hr:Komunistička država]] |
|||
[[id:Negara komunis]] |
|||
[[it:Stato socialista]] |
[[it:Stato socialista]] |
||
[[ja:社会主義国]] |
[[ja:社会主義国]] |
||
[[ka:სოციალისტური რესპუბლიკა]] |
[[ka:სოციალისტური რესპუბლიკა]] |
||
[[ko:공산주의 국가]] |
[[ko:공산주의 국가]] |
||
[[ms:Negara komunis]] |
|||
[[pt:Estado socialista]] |
[[pt:Estado socialista]] |
||
[[ro:Stat socialist]] |
[[ro:Stat socialist]] |
||
Liña 140: | Liña 135: | ||
[[sk:Socialistický štát]] |
[[sk:Socialistický štát]] |
||
[[sr:Социјалистичка држава]] |
[[sr:Социјалистичка држава]] |
||
[[sv:Kommunistiska stater]] |
|||
[[th:รัฐคอมมิวนิสต์]] |
|||
[[uk:Соціалістична країна]] |
[[uk:Соціалістична країна]] |
||
[[vi:Hệ thống xã hội chủ nghĩa]] |
[[vi:Hệ thống xã hội chủ nghĩa]] |
Revisión como estaba o 24 de maio de 2011 ás 08:30
Denomínase Estado socialista (ou república socialista) a aquel que se proclama pertencente ao socialismo, como sistema económico e social, incluíndo a propiedade estatal ou cooperativa dos medios de produción e do chan, aínda que existiron grandes diferenzas de concepto entre estados caracterizados por si mesmos como socialistas, os cales, por razóns xeopolíticas (ou no caso da Unión Soviética de loitas polo poder), terminaron por adoptar na súa gran maioría o sistema coñecido como socialismo nun só país, segundo as ideas e prácticas políticas defendidas por Stalin e outros seguidores. Adóitase falar de estados nominalmente socialistas en referencia ás chamadas democracias populares que teñen ao marxismo-leninismo ou algunha das súas interpretacións como ideoloxía oficial, e nunca de países capitalistas gobernados por partidos socialdemócratas, aínda que estes en moitos casos se autodenominen socialistas.
Foron así mesmo cualificados co nome de socialismo real ou socialismo realmente existente co fin de diferencialos das construcións teóricas e xustificar as diferenzas con estas e con partidos ou grupos que puidesen considerarse socialistas pero opostos a este tipo de réximes. Outras denominacións que tamén se empregaron para referirse a eles a tal fin, en especial en círculos trotskistas, comunistas e libertarios, son as de Estado obreiro con deformacións burocráticas e, en termos máis estritamente económicos, capitalismo de Estado. Tampouco é raro velos englobados dentro conceptos como o de estalinismo ou maoísmo.
Ás veces tamén se emprega o nome Estado comunista, usado pola prensa capitalista durante a Guerra Fría en referencia ao sistema de partido único e o goberno do Partido Comunista. Esta denominación é en realidade un oxímoron, posto que a teoría marxista expón ao socialismo como fase seguinte ao capitalismo e previa ao comunismo, en que o Estado deixaría de existir. Case todos estes estados destacaron o seu carácter socialista no seu nome oficial e catro do cinco que hoxe existen ségueno facendo. Así é que moitos destes estados conteñen os adxectivos popular, socialista e democrático na súa denominación. Existen tamén estados que conteñen estes termos no seu nome aínda que non adopten ese sistema, como a República Democrática Socialista de Sri Lanka ou a República Democrática Popular de Alxeria.
Estados socialistas históricos
Bandeira | País | Sistema | inicio | final |
---|---|---|---|---|
Angola | República Popular | 1975 | 1992 | |
Albania | República Popular | 1945 | 1991 | |
Alemaña do Leste | República Democrática | 1949 | 1990 | |
Bulgaria | República Popular | 1944 | 1989 | |
Camboxa | República Popular | 1975 | 1991 | |
Checoslovaquia | República Socialista Federal | 1948 | 1989 | |
Etiopía | República Democrática Popular | 1975 | 1991 | |
Hungría | República Popular | 1945 | 1989 | |
Iemen do Sur | República Popular Democrática | 1974 | 1990 | |
Iugoslavia | República Socialista Federal | 1945 | 1992 | |
Mongolia | República Popular | 1922 | 1990 | |
Mozambique | República Popular | 1975 | 1990 | |
Polonia | República Popular | 1947 | 1989 | |
Romanía | República Popular (desde 1965 República Socialista) | 1947 | 1989 | |
Somalia | República Popular | 1969 | 1990 | |
Unión Soviética | Federación de Repúblicas Socialistas | 1922 | 1991 |