Mario Chalmers: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Liña 23: Liña 23:
'''Almario Vernard "Mario" Chalmers''', nado o [[19 de maio]] de [[1986]] en [[Anchorage]], [[Alasca]], é un xogador profesional de [[baloncesto]] [[Estados Unidos|estadounidense]] que dende a [[tempada 2008-09 da NBA|tempada 2008-09]] pertence ao cadro dos [[Miami Heat]] da [[National Basketball Association]] (NBA). Mide 1,85 [[metro]]s de altura, e xoga na posición de base. Foi campión da [[NCAA]] e elixido Mellor xogador da Final Four en [[2008]], antes de dar o salto á liga profesional.

== Traxectoria ==
== Universidade ==
=== Universidade ===
Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre [[Arizona Wildcats|Arizona]] e [[Kansas Jayhawks|Kansas]], decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un record da [[Big 12 Conference]] de maior número de roubos de balón nunha tempada por un ''freshman'', con 89.<ref name="nba">[http://www.nba.com/draft2008/profiles/MarioChalmers.html Mario Chalmers Prospect Profile]</ref> Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara o título de conferencia. Recibiu o Premio [[Clyde Lovellette]] da Universidade de Kansas xunto con [[Julian Wright]] ao xogador máis mellorado da tempada.<ref name="bio">[http://kuathletics.cstv.com/sports/m-baskbl/mtt/chalmers_mario00.html Mario Chalmers Bio]</ref>

Liña 31: Liña 30:
Na súa tempada junior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á [[Memphis Tigers|Universidade de Memphis]], na cal tivo una gran actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.<ref>[http://sports.espn.go.com/ncb/boxscore?gameId=284000063 Kansas vs. Memphis - Box Score - April 07, 2008]</ref> Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os ''Jayhawks'' aos ''Tigers'' por 75-68.<ref>[http://youtube.com/watch?v=fwvDRWznXOM KU - The Shot]</ref> Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.<ref>[http://www.thedraftreview.com/index.php?option=com_content&task=view&id=3828 Ficha de Chalmers en TDR]</ref>

==== Estatísticas ====
=== Estatísticas ===
{|class="wikitable"
{|class="wikitable"
!TEMPADA
!TEMPADA

Revisión como estaba o 17 de maio de 2011 ás 15:36

Mario Chalmers
Miami Heat – No. 6
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 19 de maio de 1986 (37 anos)
Anchorage, Alasca
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Salario 773.500 $
Información da carreira
Instituto Bartlett, Anchorage
Universidade Kansas
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 34
Por Minnesota Timberwolves
Carreira dende 2008
Información en nba.com

Almario Vernard "Mario" Chalmers, nado o 19 de maio de 1986 en Anchorage, Alasca, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que dende a tempada 2008-09 pertence ao cadro dos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Mide 1,85 metros de altura, e xoga na posición de base. Foi campión da NCAA e elixido Mellor xogador da Final Four en 2008, antes de dar o salto á liga profesional.

Universidade

Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre Arizona e Kansas, decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un record da Big 12 Conference de maior número de roubos de balón nunha tempada por un freshman, con 89.[1] Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara o título de conferencia. Recibiu o Premio Clyde Lovellette da Universidade de Kansas xunto con Julian Wright ao xogador máis mellorado da tempada.[2]

Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o record dos Jayhawks de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluido no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.

Na súa tempada junior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á Universidade de Memphis, na cal tivo una gran actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.[3] Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os Jayhawks aos Tigers por 75-68.[4] Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[5]

Estatísticas

TEMPADA P MIN PTS REB ASIS PER A/P ROUB
2005-2006 33 26.0 11.5 2.2 3.8 2.8 1.37 2.7
2006-2007 38 29.2 12.2 3.0 3.3 2.4 1.36 2.6
2007-2008 39 30.0 12.8 3.1 4.3 1.9 2.25 2.5

NBA

Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2008 polos Minnesota Timberwolves, no posto 34º, pero Miami Heat fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de dólares e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co clube de Florida por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.[6]

Tempada 2008-09

Chalmers xogou de inicio os 82 partidos da ligar regular no seu ano coma rookie[7] e rematou a tempada con 10.0 puntos, 4.9 asistencias, 2.8 rebotes e 1.95 roubos de balón en 32.0 minutos de xogo.[8] Os seus 1.95 roubos por partido fixéronlle ser o lider de roubos dos rookies, e o cuarto de entre todos os xogadores.

O 5 de novembro de 2008, Chalmers fixo un record para os Miami Heat ao conseguir 9 roubos no seu cuarto partido na NBA.[9]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas