Mario Chalmers: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Liña 74: Liña 74:
|}
|}


=== Profesional ===
== NBA ==
Foi elixido na segunda rolda do [[Draft da NBA]] de [[2008]] polos [[Minnesota Timberwolves]], no posto 34º, pero [[Miami Heat]] fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de [[USD|dólares]] e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co clube de [[Florida]] por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.<ref>[http://www2.kusports.com/news/2008/jul/10/chalmers_signs_deal_heat/ Chalmers signs deal with Heat. Miami rewards KU product with 3-year contract],</ref>
Foi elixido na segunda rolda do [[Draft da NBA]] de [[2008]] polos [[Minnesota Timberwolves]], no posto 34º, pero [[Miami Heat]] fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de [[USD|dólares]] e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co clube de [[Florida]] por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.<ref>[http://www2.kusports.com/news/2008/jul/10/chalmers_signs_deal_heat/ Chalmers signs deal with Heat. Miami rewards KU product with 3-year contract],</ref>


=== Tempada 2008-09 ===
Na súa primeira tempada disputou os 82 partidos de liga,<ref>[http://www.sun-sentinel.com/sports/basketball/heat/sfl-flspheatnote26sbmar26,0,3698061.story Chalmers 'earned' shot at 82 starts]</ref> facendo 10 puntos, 4,9 asistencias, 2, rebotes e 1,95 roubos de balón en 32 minutos de xogo. Liderou aos rookies en roubos de balón e finalizou cuarto na liga. O [[5 de novembro]] de [[2008]] roubou 9 balóns, mellor rexistro da franquía, no seu cuarto partido coma profesional.<ref>[http://sports.espn.go.com/nba/recap?gameId=281105014 ESPN "Chalmers gets team-record nine steals in win over Sixers"]</ref> Foi seleccionado ao final da tempada no segundo mellor quinte rookie.
Chalmers xogou de inicio os 82 partidos da ligar regular no seu ano coma rookie<ref>[http://www.sun-sentinel.com/sports/basketball/heat/sfl-flspheatnote26sbmar26,0,3698061.story Chalmers 'earned' shot at 82 starts]</ref> e rematou a tempada con 10.0 puntos, 4.9 asistencias, 2.8 rebotes e 1.95 roubos de balón en 32.0 minutos de xogo.<ref name="stats">[http://sports.espn.go.com/nba/players/profile?playerId=3419 Mario Chalmers Career Stats]</ref> Os seus 1.95 roubos por partido fixéronlle ser o lider de roubos dos rookies, e o cuarto de entre todos os xogadores.

O [[5 de novembro]] de [[2008]], Chalmers fixo un record para os Miami Heat ao conseguir 9 roubos no seu cuarto partido na NBA.<ref>[http://sports.espn.go.com/nba/recap?gameId=281105014 ESPN] "Chalmers gets team-record nine steals in win over Sixers", 6 de novembro de 2008.</ref>


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 17 de maio de 2011 ás 15:36

Mario Chalmers
Miami Heat – No. 6
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 19 de maio de 1986 (37 anos)
Anchorage, Alasca
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Salario 773.500 $
Información da carreira
Instituto Bartlett, Anchorage
Universidade Kansas
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 34
Por Minnesota Timberwolves
Carreira dende 2008
Información en nba.com

Almario Vernard "Mario" Chalmers, nado o 19 de maio de 1986 en Anchorage, Alasca, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que dende a tempada 2008-09 pertence ao cadro dos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Mide 1,85 metros de altura, e xoga na posición de base. Foi campión da NCAA e elixido Mellor xogador da Final Four en 2008, antes de dar o salto á liga profesional.

Traxectoria

Universidade

Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre Arizona e Kansas, decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un record da Big 12 Conference de maior número de roubos de balón nunha tempada por un freshman, con 89.[1] Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara o título de conferencia. Recibiu o Premio Clyde Lovellette da Universidade de Kansas xunto con Julian Wright ao xogador máis mellorado da tempada.[2]

Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o record dos Jayhawks de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluido no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.

Na súa tempada junior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á Universidade de Memphis, na cal tivo una gran actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.[3] Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os Jayhawks aos Tigers por 75-68.[4] Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[5]

Estatísticas

TEMPADA P MIN PTS REB ASIS PER A/P ROUB
2005-2006 33 26.0 11.5 2.2 3.8 2.8 1.37 2.7
2006-2007 38 29.2 12.2 3.0 3.3 2.4 1.36 2.6
2007-2008 39 30.0 12.8 3.1 4.3 1.9 2.25 2.5

NBA

Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2008 polos Minnesota Timberwolves, no posto 34º, pero Miami Heat fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de dólares e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co clube de Florida por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.[6]

Tempada 2008-09

Chalmers xogou de inicio os 82 partidos da ligar regular no seu ano coma rookie[7] e rematou a tempada con 10.0 puntos, 4.9 asistencias, 2.8 rebotes e 1.95 roubos de balón en 32.0 minutos de xogo.[8] Os seus 1.95 roubos por partido fixéronlle ser o lider de roubos dos rookies, e o cuarto de entre todos os xogadores.

O 5 de novembro de 2008, Chalmers fixo un record para os Miami Heat ao conseguir 9 roubos no seu cuarto partido na NBA.[9]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas