Estrixiformes: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Modificado: el:Κουκουβάγια |
m r2.7.1) (bot Engadido: ne:लाटोकोसेरो |
||
Liña 102: | Liña 102: | ||
[[ms:Burung Hantu]] |
[[ms:Burung Hantu]] |
||
[[mzn:پیت کله]] |
[[mzn:پیت کله]] |
||
[[ne:लाटोकोसेरो]] |
|||
[[nl:Uilen (vogels)]] |
[[nl:Uilen (vogels)]] |
||
[[nn:Ugle]] |
[[nn:Ugle]] |
Revisión como estaba o 14 de maio de 2011 ás 21:07
Strigiformes | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Strix occidentalis caurina | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Familias | |||||||||
A orde das estrixiformes ou aves rapaces nocturnas comprende á familia Tytonidae (curuxas) e a familia Strigidae que inclúe bufos, curuxas, mouchos, tecolotes, mouchos de orellas, avelaionas, ñacurutús e chunchos, entre outras. Atópanse en todo o mundo, agás na Antártica, a maior parte de Grenlandia e nalgunhas illas remotas. Son grandes cazadores, de hábito nocturno e solitario. Aliméntanse xeralmente de pequenos mamíferos, insectos e outras aves, aínda que algunhas especies especialízanse na pesca.
Características
Os dedos tenden nas estrixiformes a separarse dúas a dúas, e o bico, coma nos papagaios, é moi ganchudo e presenta a base cuberta por unha cera. Os caracteres distintivos da orde están principalmente nos ollos e nos oídos. Aqueles son moi grandes e no canto de estar situados aos lados da cabeza, áchanse orientados cara a adiante, como entre os mamíferos acontece cos primates, e cada un deles está rodeado por un gran disco de plumas, o disco facial, limitado por unha circunferencia de plumas pequenas, duras e rizadas. Aínda que os bufos teñen visión binocular, os seus ollos están fixos no seu lugar e teñen que virar toda a súa cabeza para ver cara a outra dirección. Son hipermétropes e non poden ver nada a uns centímetros dos seus ollos. Con todo, a súa visión, particularmente en luz baixa, é excelente.
En canto aos oídos, son moi grandes e presentan no exterior notables repregamentos de pel, coma se tendesen a formar unha orella, coa particularidade de que esta ofrece a cada lado, na maior parte dos casos, formas distintas. Este carácter non se nota a primeira ollada por estar ocultos os oídos baixo plumas; pero é curioso que moitas especies teñen sobre a cabeza unha a xeito de falsas orellas ou corniños, formados por grupos de plumas tesas. A plumaxe destas aves é moi espesa e moi branda, semellandose á das avenoiteiras, e a maior parte das especies aseméllanse tamén a estes na cor, que é unha mestura de diferentes matices amarelos, avermellados, pardos e negros.
Hábitos
Case todas as estrixiformes son nocturnas e aliméntanse de presas vivas, tales como pequenos mamíferos, paxariños, ras, etc., que devoran enteiros; logo regurxitan unhas egagrópilas ou ovillos formados por anacos de ósos, pelos e demais partes que pola súa natureza non poden dixerir. Moitos bufos poden cazar en total escuridade guiándose polo son. O seu disco facial axuda a dirixir o son das súas presas cara aos oídos. Moitas especies posúen plumas suaves que lles permiten voar sen facer ruído, e deste xeito ouvir os sons que se producen no chan. Un exemplo de diúrna é Athene cunicularia que habita en case toda América.
Os ovos que pon as femias son case esféricos, e por completo brancos. Os seus niños son rudimentarios e poden estar situados en ocos das árbores, tobos, cortellos, covas ou mesmo en niños artificiais feitos polo home.
Mitoloxía
- Aínda que ás veces díxose que a ave que acompaña a Atenea ou Minerva é unha curuxa, en realidade é o moucho europeo.
- No folclore de Chile e parte de Arxentina, os bufos e curuxas son considerados un tipo de "ave agoreira" (ave de mala sorte); sendo relacionados co mito do temido Chonchón.
- Entre os vascos, o bufo é considerado un animal pouco intelixente. En éuscaro, os termos para bufo ou curuxa (hontza, mozoloa) son sinónimos de imbécil aplicados a unha persoa.
- Na cultura xaponesa, os bufos son símbolos da morte e ver un considérase de mala sorte.
- Na cultura romena escoitar o son producido por estas aves é unha indicación de que alguén vai morrer na veciñanza, debido a que o son é semellante a un queixume.
- Os romanos considerábanas aves funerarias, polas súas actividades nocturnas e por ter os seus niños en lugares pouco accesibles, polo que ver a un bufo no día considerábase de mala sorte.
Maior información en Strigidae.
Ligazóns externas
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Estrixiformes |