Sleepy Hollow: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 56: Liña 56:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://www.filmaffinity.com/es/film575519.html Ficha no Filmaffinity]
*[http://www.filmaffinity.com/es/film575519.html Ficha no Filmaffinity] {{en}}
*[http://www.imdb.com/title/tt0162661/ Ficha no IMDb]
*[http://www.imdb.com/title/tt0162661/ Ficha na IMDb] {{en}}


[[Categoría:Películas]]
[[Categoría:Películas]]

Revisión como estaba o 14 de maio de 2011 ás 18:44

Modelo:FichaFilme Sleepy Hollow é un filme dirixido por Tim Burton que foi estreado en 1999. Está baseado na novela de Washington Irving, A lenda de Sleepy Hollow. A música do filme foi composta por Danny Elfman e foi rodada nos estudos Leavesden Film Studios. Foi un éxito en taquilla e tivo unha boa acollida pola crítica, con mención especial á musicalización gótica de Elfman e á fotografía obra de Emmanuel Lubezki. Gañou un Oscar por Mellor Dirección de Arte, así como dous BAFTAs por Mellor Deseño de Vestiario e Mellor Deseño de Produción.

Argumento

Norteamérica 1799, Constable Ichabod Crane (Johnny Depp), un policía de Nova Iorque é enviado polos seus superiores á pequena e remota vila de Sleepy Hollow para pescudar que hai de verdade na lenda dun xinete sen testa que arrepía ós habitantes do lugar.

Este medo vén provocado por unha serie de brutais asasinatos nos que as vítimas son atopadas decapitadas. Crane confía nas súas avanzadas técnicas de investigación para resolve-los crimes, tales como a análise de pegadas dactilares e autopsias. Crane chega a Sleepy Hollow provisto da súa bolsa de ferramentas científicas pero soamente é informado polos anciáns da vila de que o asasino non é de carne e óso, senón máis ben un guerreiro de ultratumba sen testa que cabalga pola noite nun enorme cabalo negro.

Comeza a súa propia investigación permanecendo escéptico sobre as historias sobrenaturais que lle contan, ata que el mesmo se atopa co xinete sen testa. Aluga un cuarto na casa da familia máis rica da vila, os Van Tassels, e medra unha atracción cara a súa filla, a misteriosa Katrina, ó mesmo tempo que é acosado por pesadelos da terrible tortura da súa nai cando era un cativo.

Profundizando no misterio coa axuda do orfo Masbeth, cuxo pai fora vítima do xinete, Crane descobre o punto de entrada do xinete ó mundo real, a retorta Árbore dos Mortos.

Crane atopa que o cranio non está presente e os asasinatos continúan ata que descobre que os feitos xiran arredor dunha trama por dereitos de terra e de vinganza. O xinete é controlado pola madrastra de Katrina, Lady Van Tassel, quen envía o asasino tras Katrina. Despois dunha liorta no muíño de vento local e unha persecución pola fraga, Crane finalmente detén á señora Van Tassel mediante a devolución do cranio ó xinete, quen recupera a súa testa e volta ó inferno. A súa labor en Sleepy Hollow remata e xunto con Katrina e Masbeth, retorna a Nova Iorque, a tempo para o novo século.

Personaxes

Premios e nomeamentos

  • Oscar á mellor dirección artística. 3 nomeamentos (ano 1999).
  • Premios BAFTA ó mellor vestiario, deseño de produción. 3 nomeamentos (ano 1999).

Véxase tamén

Ligazóns externas