Francio: Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (bot Modificado: pl:Frans |
m r2.6.4) (bot Engadido: an:Francio |
||
Liña 168: | Liña 168: | ||
{{Link FA|tr}} |
{{Link FA|tr}} |
||
[[an:Francio]] |
|||
[[ar:فرانسيوم]] |
[[ar:فرانسيوم]] |
||
[[az:Fransium]] |
[[az:Fransium]] |
Revisión como estaba o 13 de maio de 2011 ás 21:21
O francio (en homenaxe a Francia) é un elemento químico de símbolo Fr , número atómico 87 (87 protóns e 87 electróns) que ten unha masa atómica [223] u. É un elemento metálico, radioactivo, existente no grupo alcalino da clasificación periódica dos elementos. A temperatura ambiente, o francio encóntrase en estado líquido.
Foi descuberto en 1939 por Marguerite Perey, no Instituto Curie de París, como resultado do decaemento radioactivo do isótopo astato-227.
Características principais
O francio é o metal alcalino máis pesado, resulta do decaemento alfa do actinio e é o elemento máis electropositivo. Todos os seus isótopos son radiactivos e teñen unha vida curta.
Pode ser producido sinteticamente a través do bombardeamento de torio con protóns. Pode ser producido tamén bombardeando radio ou astato con neutróns.
As propiedades químicas probablemente son semellantes ás do cesio, con estado de oxidación +1, ou sexa, oxidándose con osíxeno, reaccionando con auga formando base, con ácidos formando sales, e cos halóxenos.
Historia
Déuselle nome a este elemento en homenaxe a Francia, onde foi descuberto en 1939, por Marguerite Perey (que traballou como asistente de Marie Curie) no "Instituto Curie" de París. Este elemento detectouse por Perey cando estudaba o decaemento radioactivo do actinio-227 ,verificando como produto de decaemento un novo elemento, de número atómico 87.
A estrutura atómica do francio estudouse entre 1970 e 1980 por un equipo de investigadores liderados por Sylvain Lieberman.
Non existe, fóra da investigación científica, ningunha aplicación deste elemento e dos seus compostos. Debido á súa vida moi curta non é posible obter este elemento en cantidades comerciais significativas.
Ocorrencia
Ocorre naturalmente nos minerais de uranio. Estímase que, debido a súa inestabilidade, existen unhas poucas decenas de gramos deste elemento na codia terrestre. De entre os elementos da táboa periódica con número atómico inferior a 101 é o máis inestable .
Isótopos
Existen 41 isótopos de francio coñecidos. Cunha vida media de 22 minutos, o isótopo Fr-223 é o de máis longa vida deste elemento. É resultante da deterioración do isótopo Astato-227, sendo o único isótopo que ocorre naturalmente. Tódolos demais son altamente inestables, consecuentemente, Só se pode ter coñecemento das propiedades deste elemento mediante procedementos radioquímicos.
Como todo elemento radioactivo existe o perigo da contaminación por aqueles que o manexan.