Asociación Socio-Pedagóxica Galega: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 20: Liña 20:
* Congreso de Música Tradicional Galega, celebrado en Compostela en colaboración coa [[Asociación de Gaiteiros Galegos]].
* Congreso de Música Tradicional Galega, celebrado en Compostela en colaboración coa [[Asociación de Gaiteiros Galegos]].
* Congreso pola recuperación da memoria histórica, celebrado en Pontevedra.
* Congreso pola recuperación da memoria histórica, celebrado en Pontevedra.
* Simposio Ricardo Carvalho Calero. Memoria do século, A Coruña [[2000]]
* Simposio [[Ricardo Carvalho Calero]]. Memoria do século, A Coruña [[2000]]


== Actividades pedagóxicas ==
== Actividades pedagóxicas ==

Revisión como estaba o 11 de maio de 2011 ás 07:13

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) é unha asociación de carácter pedagóxico e sociocultural fundada co obxectivo de distribuír, elaborar e fornecer conxuntamente recursos educativos en galego. Ven realizando actividades desde a súa creación no ano 1976. Conta con máis dun millar de socios. O seu lema inicial, Na procura dun ensino galego, expresa a intencionalidade da entidade de lograr un sistema educativo galego na expresión e nos contidos curriculares, organizado desde o coñecemento do propio país, e ao seu servizo.

Actividades socioculturais

Nos proxectos socio-culturais a actividade está encamiñada a conseguir a normalización plena da nosa lingua e da nosa cultura a todos os niveis e en todos os ámbitos da vida social de Galiza.

Historia da literatura galega

Especial atención merece o proxecto, feito realidade, de superar a única Historia da Literatura Galega que se fixo despois da guerra civil, a do profesor Carvalho Calero. O resultado foron 50 volumes, coas obras máis representativas da literatura galega, acompañadas dos correspondentes fascículos, a cargo de especialistas. Quincenalmente, durante tres anos, desde xaneiro de 1996 até outubro de 1998, foron aparecendo libros e fascículos, con tiraxes medias de 3.000 exemplares, até constituíren 5 tomos sobre o noso percorrido literario até os nosos días.

No 1999 a AS-PG comezou a colaboración co concello de Pontevedra na programación do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra, manténdose esa colaboración até a actualidade. Nos anos 2006 e 2007 esta iniciativa, en colaboración coa Consellería de Cultura e as respectivas entidades locais, organizou catro Semanas do libro e a lectura nos concellos de Carballo, Viveiro, Ribadavia e Pontedeume. Posteriormente sumáronse Moaña, Allariz, Tui, Barbadás, Meira e Oleiros, entre outros. As semanas constan de varias actividades paralelas, dende exposicións de libros infantís e xuvenís até obradoiros para o alumnado dos centros de ensino da zona, cursos de formación para o profesorado e actividades de animación á lectura abertas ao público xeral.

De normalización e dignificación do idioma

A AS-PG participa e promove, de forma exclusiva ou en colaboración con outras entidades, en proxectos de normalización e dignificación do idioma galego. Entre estas iniciativas cabe salientar Ciberlingua e Correlingua (nos que participan outras entidades) e o proxecto Tíralle da lingua. Este último está dirixido a escolares e profesorado de todo Galicia, e consta dunhas xornadas de expresión oral celebradas en Compostela a inicios do curso e un concurso de relato oral dirixido a escolares no que veñen participando uns 2.000 alumnos na fase final, que ten lugar no Teatro Principal de Santiago. En 2011 celebrouse a XI edición.

Así mesmo a AS-PG forma parte da Plataforma Queremos Galego!. A AS-PG foi a principal valedora da normativa de mínimos do galego. En 1980 publicou as Orientacións para a escrita do noso idioma. Estas Orientacións guiaron a práctica do uso do galego de todas aquelas organizacións e persoas máis comprometidas con el.

Outras actividades

Actividades pedagóxicas

As actividades pedagóxicas da AS-PG, para achegar os docentes ou aspirantes á docencia á globalidade da cultura galega e mesmo universal, desde unha perspectiva galega, son constantes, exemplificadas desde 1976 polas Xornadas do Ensino. Moitos docentes galegos participaron coa AS-PG na elaboración de material necesario para o desenvolvemento de currículos nos distintos niveis educativos.

Desde moi cedo a AS-PG abordou o emprego dos medios audiovisuais nas aulas. A AS-PG forneceu de materiais audiovisuais ás aulas xa na década dos 80. A literatura, a arte e o patrimonio en xeral, mesmo temas de ciencias naturais, da etnografía e da física, víronse acollidas en vídeos ou CD-ROM para coñecemento e desfrute dos escolares. Esta faceta mereceu premios en distintas ocasións, de institucións públicas e privadas, en bienais de vídeo ou en festivais de cinema. Desde o ano 2010 tamén organiza o certame de curtametraxes Curtas para Rosalía

Actividades socioeducativas

Aprender para educar

A AS-PG leva a cabo programas de intervención socioeducativa con colectivos de pais, fomentando a súa participación na vida dos centros educativos, a intercomunicación como fórmula para mellorar as expectativas do sistema educativo, así como iniciativas destinadas ao alumnado, levadas a cabo fóra do centro educativo e que complementan a súa formación e o desenvolvemento da súa personalidade.

Estas actividades, baixo a denominación Aprender para educar, iniciáronse en Compostela, onde se desenvolveron durante tres anos e continuaron en Lugo, Cambre, Carballo, Zas, Melide, A Coruña, Burela, Meira e Culleredo, entre outros.

Proxecto e-ducando

O proxecto e-ducando, é un proxecto de vocación social a través do cal a AS-PG pretende abordar a progresiva implantación da educación dixital, facilitando un acceso óptimo e seguro das xeracións máis nova ás tecnoloxías da información e, ao mesmo tempo, permitindo un maior coñecemento por parte do conxunto da sociedade das súas potencialidades e perigos. Aínda que non forma parte deste proxecto, si se pode relacionar con el o proxecto denominado Espazos web de interese socioeducativo, na medida en que pretende abordar as posibilidades educativas e de recursos que se achan en Internet. Neste portal AS-PG procura ofrecer un catálogo temático de recursos que se poden encontrar na web con fins socioeducativos. Para conseguir iso, o portal conta coa posibilidade de colaboración dos propios usuarios, que poderán propor novos espazos web ou valorar e comentar os xa existentes.

Os portais de xogos

A AS-PG elaborou un conxunto de xogos pensando na xente moza e na que non é tanto, co obxectivo de contribuír a galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza.

Trivial.Gz

O trivial.gz foi o primeiro dos xogos postos na rede pola AS-PG. O seu éxito foi inmediato e a súa tecnoloxía foi mesmo presentada en congresos internacionais. Foi presentado o 10 de abril de 2006 no Xuventude Galicia.net. Permite desenvolver campionatos.

CataPalabras

O CataPalabras é un xogo no que poden participar de dous a catro xogadores. Consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras. O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posible, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se escriban e do número de persoas que escriban a mesma palabra, xa que as palabras repetidas non puntúan.

Letrad@s.gz

O xogo letrad@s.gz consiste en formar palabras de dúas ou máis letras e colocalas no taboleiro cuadriculado (15x15), horizontal ou verticalmente, de xeito que poidan ser lidas de esquerda a dereita ou de arriba a abaixo. Despois da xogada inicial, cada palabra débese ligar con algunha das que xa están no taboleiro.

Xogo da curuxa

O xogo da curuxa é, polo de agora, o derradeiro dos xogos postos na rede pola AS-PG. O xogo está baseado no xogo da oca. Consiste en lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro en espiral formado por cadros, tendo algúns deles asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. A diferenza do xogo clásico, cando o xogador cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo etc. Gaña a partida o primeiro xogador en chegar até o último cadro e superar a súa proba. Obterá ademais unha bonificación de 25 puntos.

Recoñecementos

  • Premio Bos e xenerosos, concedido pola AELG o ano 2008.
  • Premio Moncho Valcarce á Promoción da Terra no ano 2011.

Ademais dos recoñecementos recibidos como entidade a actividade da AS-PG mereceu tamén os seguintes premios no campo audiovisual:

  • Primeiro premio de vídeo da Secretaría Xeral para as Comunidades Exteriores da Xunta de Galicia pola realización do vídeo O Románico de Galicia (1990).
  • Premio á mellor produción de vídeo educativo convocado pola Secretaría de Estado do Ministerio de Educación e Ciencia pola realización do vídeo A Cultura dos Castros (1994).
  • Premio a mellor produción de vídeo científico concedido pola Universidade de Zaragoza dentro da Bienal de cine e vídeo científico de Zaragoza pola realización do vídeo A mensaxe das Estrelas (1995).
  • Premio o mellor CD-Rom pola produción multimedia Arte Barroca no certame bienal instituído polo Cabido Insular de Gran Canaria (1999).

Véxase tamén

Ligazóns externas