Sherezade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
removing wrong inter-wiki hu:Seherezádé
done, removing {{nobots}}, thanks for your patience
Liña 53: Liña 53:
[[tl:Sharazad]]
[[tl:Sharazad]]
[[tr:Şehrazad]]
[[tr:Şehrazad]]
{{nobots}}

Revisión como estaba o 9 de maio de 2011 ás 05:27

Xerazade nunha edición en inglés das Mil e unha noites (Virginia Frances Sterrett, 1928).

Sherezade, en persa شهرزاد, é a narradora dos contos d'As mil e unha noites.

As mil e unha noites

No inicio da obra cóntase que, con rabia por ser levada para ser esposa do rei persa Xeriar (do persa شهريار, “rei”), quen cada dia desposaba unha virxe, e despois mandaba matar a esposa con que pasara a noite. El xa matara case todas as virxes do reino cando coñece a Xerazade, que se oferece para casar con el a pesar das protestas do pai, o visir do rei. Xerazade, unha muller bela e intelixente, ten un plano para acabar coa loucura do rei, coa axuda de sua irmá Duniazade.

Á noite, xa nos aposentos do rei, Xerazade pide para se despedir de Duniazade. No medio da conversa, como xa acordaran antes, Duniazade pídelle á irmá que lle conte unha historia. Xerazade, que tiña lido libros e escritos moitos de diversas clases, conta unha historia que, como pensara, cativa a atención do rei. Coas primeiras luces do día, Xerazade interrompe a narrativa no medio, dicindo que a continuaria na noite seguinte. Curioso por saber o final da historia, o rei concedelle a vida até a noite seguinte. Nas noites que seguen, Xerazade continua narrando contos de contido moi diverso, con compoñentes edificantes, máxicos e eróticos, facendo que o rei non perda o seu interese e a manteña viva.

Pasan así mil e unha noites de historias marabillosas, e durante ese período Xerazade dá a luz tres fillos do rei. No final, Xerazade implora ao rei que lle conceda a vida, e este, moi arrepentido polas súas accións pasadas e impresionado pola sua intelixencia e dedicación, fai dela a sua raíña definitiva. Duniazade tamén pasa a facer parte da corte, desposando o irmán do rei.

Referencias

  • Graham, Seal. Encyclopedia of folk heroes. ABC-CLIO, 2001. ISBN 1576072169 [1]
  • Anónimo. Las mil y una noches trad. María Elvira Sagarzazu. Colihue Clásica, 2006. ISBN 950-563-023-9 [2]
  • Anónimo. Contos das 1001 noites, tradución de Carmen Torre París (e selección de Juan Tébar), Ed. Xerais de Galicia, colección infantil e xuvenil - contos universais, 2001.

Véxase tamén

Outros artigos