Werner Heisenberg: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 31: Liña 31:
[[az:Verner Heyzenberq]]
[[az:Verner Heyzenberq]]
[[be:Вернер Карл Гейзенберг]]
[[be:Вернер Карл Гейзенберг]]
[[be-x-old:Вэрнэр Карл Хайзэнбэрг]]
[[be-x-old:Вэрнэр Карл Гайзэнбэрг]]
[[bg:Вернер Хайзенберг]]
[[bg:Вернер Хайзенберг]]
[[bn:ভের্নার কার্ল হাইজেনবের্গ]]
[[bn:ভের্নার কার্ল হাইজেনবের্গ]]

Revisión como estaba o 7 de maio de 2011 ás 11:53

Werner Heisenberg (1927)

Werner Karl Heisenberg (Würzburg, Alemaña, 5 de decembro de 1901 - Múnic, 1 de febreiro de 1976). Físico alemán.

Inclinado desde mozo polas matemáticas, e en menor medida pola física, intenta en 1920 empezar un doutoramento en matemática pura, pero Ferdinand von Lindemann rexéitao como alumno porque está próximo a xubilarse. Recoméndalle facer os seus estudos de doutoramento co físico Arnold Sommerfeld como supervisor, quen o acepta de bo grado. Ten como compañeiro de estudos a Wolfgang Pauli.

Durante o seu primeiro ano toma esencialmente cursos de matemática coa idea de pasarse a traballar en teoría de números apenas teña a oportunidade, pero da pouco empeza a interesarse pola física teórica. Comeza a traballar na Teoría da Relatividade de Einstein pero Pauli aconséllalle que se dedique á Teoría Atómica na que aínda había gran discrepancia entre teoría e experimento.

Obtén o seu doutorado no 1923 e deseguido viaxa a Gotinga, onde traballa como asistente de Max Born. En 1924 viaxa a Copenhaguen e coñece a Niels Bohr. En 1925, Heisenberg discorre a formulación matricial da mecánica cuántica. O que subxace na súa aproximación ó tema é un grande pragmatismo. No canto de concentrarse na evolución dos sistemas físicos de principio a fin, concentra os seus esforzos en obter información sabendo o estado inicial e final do sistema, sen preocuparse demasiado por coñecer de xeito preciso o ocorrido no medio. Concibe a idea de agrupar a información en forma de cadros de dobre entrada. Foi Max Born quen se deu conta de que esa forma de traballar xa fora estudada polos matemáticos e non era outra cousa que a teoría de matrices. Un dos resultados máis rechamantes é que a multiplicación de matrices non é conmutativa, polo que toda asociación de cantidades físicas con matrices terá que reflectir este feito matemático. Isto leva a Heisenberg a enunciar o Principio de indeterminación. A teoría cuántica ten un éxito enorme e logra explicar practicamente todo o mundo microscópico. En 1932, pouco antes de cumprir os 31 anos, recibe o premio Nobel de Física por «A creación da mecánica cuántica, cuxo uso conduciu, entre outras cousas, ó descubrimento das formas alotrópicas do hidróxeno».

En 1935 intenta substituír a Sommerfeld que se xubila como profesor en Múnic, pero os nazis queren eliminar toda teoría física «xudeizante», e nesa categoría entran a mecánica cuántica e a relatividade, cuxos referentes, Max Born e Albert Einstein son xudeus, de maneira que se impide o seu nomeamento.

Malia isto, en 1938, Heisenberg acepta dirixir o intento nazi por obter un arma atómica. Durante moitos anos subsistiu a dúbida de se este proxecto fracasou por impericia de parte dos seus integrantes ou porque Heisenberg e os seus colaboradores déronse conta do que Hitler podería facer cunha bomba atómica. Só moitos anos despois, en 1995, sóubose que os cálculos alemáns estaban equivocados e que sempre tiveron a intención de construír a bomba.

Ligazóns externas




Modelo:Premios Nobel de Física