John Napier: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: si:ජෝන් නේපිය; cambios estética
m r2.7.1) (bot Engadido: mr:जॉन नेपियर
Liña 55: Liña 55:
[[mk:Џон Непер]]
[[mk:Џон Непер]]
[[ml:ജോൺ നേപ്പിയർ]]
[[ml:ജോൺ നേപ്പിയർ]]
[[mr:जॉन नेपियर]]
[[nl:John Napier]]
[[nl:John Napier]]
[[no:John Napier]]
[[no:John Napier]]

Revisión como estaba o 5 de maio de 2011 ás 20:10

Coa redución do traballo de varios meses de cálculo a uns poucos dias, o invento dos logaritmos parece ter duplicado a vida dos astrónomos.
John Napier.

John Napier, barón de Merchiston, nado en Edimburgo en 1550 e finado o 4 de abril de 1617, foi un matemático escocés, recoñecido por descubrir os logaritmos.

Traxectoria

Naceu no castelo de Merchiston en 1550, sen saberse a data exacta. Aos trece anos, en 1563 comezou os seus estudos na Universidade de Saint-Andrews, da que saíu anos máis tarde para viaxar por Europa. regresou a Merchiston en 1571 e casou ao ano seguinte, administrando a partir daquela os bens da família por encomenda do seu pai, ao tempo que continuaba os seus estudos de matemáticas e teoloxia.

Malia pasar á posteridade polas súas achegas no campo da matemática, para Napier era esta unha actividade de distracción mentres que a súa preocupación fundamental era a exéxese da Apocalipse, á que se consagrou desde a sua estadia no colexio. Froito deste labor foi a publicación Descubrimentos de todos os secretos da Apocalipse de San Xoán por dous tratados: un que busca e proba a verdadeira interpretación, e outro que aplica ao texto esta interpretación parafrasticamente e historicamente. A orixinalidade do seu estudo é a aplicación do formalismo matemático na argumentación, de xeito que, admitindo certos postulados, chega a demostrar as suas proposicións. Entre elas, Napier prediciu a fin do mundo para os anos 1668 a 1700. [Cómpre referencia]

En 1614 Napier publica a sua obra Mirifici Logarithmorum Canonis Descriptio, ejusque usus in utroque Trigonometría; ut etiam in omni logística mathematica, amplissimi, facillimi, et expeditissimi explicatio, na que dá a coñecer os logaritmos que el chamou números artificiais. Nesta obra promete unha explicación que a morte lle impediu publicar, mas que foi engadida polo seu fillo Roberto na segunda edición publicada en 1619.

Grazas a estes números as multiplicacións poden substituir-se por sumas, as divisións por restas, as poténcias por produtos e as raíces por divisións, o que non só simplificou enormemente a realización manual dos cálculos matemáticos, senon que permitiu realizar outros que sen a sua invención non terian sido posíbeis.

En 1617 apareceu a sua obra Rabdologiæ seu numerationis per virgulas libri duo: cum appendice expeditissimo multiplicationis promptuario, quibus accesit et arithmeticæ localis liber unus, na que descrebe o ábaco neperiano.

Fontes

  • Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano, Montaner i Simon (1893).

Véxase tamén

Ligazóns externas