RAI: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Modificado: it:RAI - Radiotelevisione Italiana
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Modificado: it:RAI
Liña 70: Liña 70:
[[hu:Radiotelevisione Italiana]]
[[hu:Radiotelevisione Italiana]]
[[id:RAI]]
[[id:RAI]]
[[it:RAI - Radiotelevisione Italiana]]
[[it:RAI]]
[[ja:イタリア放送協会]]
[[ja:イタリア放送協会]]
[[ko:이탈리아 방송 협회]]
[[ko:이탈리아 방송 협회]]

Revisión como estaba o 3 de maio de 2011 ás 01:02

RAI ou Radiotelevisione Italiana, coñecida ata 1954 como Radio Audizioni Italiane,[1] é a empresa de radiodifusión pública de Italia. É a maior empresa de televisión de Italia, e compite coas cadeas privadas de empresas como Mediaset, Telecom Italia Media ou Sky Italia. A RAI opera varias cadeas de radio e de televisión, emitindo no sistema analóxico terrestre ata o 2013, vía televisión dixital e por satélite. Foi un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión no ano 1950.

Debido á súa proximidade xeográfica con Italia, o sinal da RAI tamén podese recibir en países como Albania, Suíza, Mónaco, Malta, San Marino, a Cidade do Vaticano, Eslovenia ou Croacia.

Orixes

A RAI naceu coma unha empresa privada coñecida como Unione Radiofonica Italiana (URI) e foi creada no ano 1924 por varios empresarios privados e membros do grupo Marconi. A URI realizou a súa primeira emisión de radio o 24 de outubro dese ano cun cuarteto de Haydn.

No ano 1927 a URI foi renomeada como Ente Italiano Audizioni Radiofoniche (EIAR). Sobrevivíu ata 1944 cando, baixo presión dos Aliados, foi renomeada Radio Audizioni Italiane, ou RAI.

Non foi ata o 1954 cando a RAI adquiríu a súa estrutura actual. Nese ano o estado italiano adquiríu parte da empresa, e a RAI comezou as súas emisións de televisión. O 3 de xaneiro de 1954 as 11:00, a primeira parrila de televisión foi emitida desde a oficina de Milán e desde as subsés de Turín e Roma. Ás dúas dese mesmo día comezou a primeiro programa de televisión da historia italiana Arrivi e partenze, dirixido por Armando Pizzo e Mike Bongiorno.

Servizos

Radio

Televisión

Émisión analóxica (ata o 2013), dixital e satélite:

Emisión en dixital:

[1]: tamén disponible vía satélite

Emisión vía satélite:

  • Rai Nettuno Sat 1
  • Rai Scuola
  • Rai Storia
  • Rai Med
  • Camera dei Deputati and Senato Italiano

Internacional

  • Raitalia: emisión dos mellores programas da RAI

Véxase tamén

Ligazóns externas

Referencias