Conan o destrutor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
| imdb_id = 0087078
| imdb_id = 0087078
}}
}}
'''''Conan o destrutor''''' é un filme de xénero fantástico dirixido por [[Richard Fleischer]] e protagonizado por [[Arnold Schwarzenegger]] que foi estreado en [[1984]]. É a continuación do filme ''[[Conan o bárbaro (filme)|Conan o bárbaro]]''
'''''Conan o destrutor''''' é un filme de xénero fantástico dirixido por [[Richard Fleischer]] e protagonizado por [[Arnold Schwarzenegger]] que foi estreado en [[1984]]. É a continuación do filme ''[[Conan o bárbaro (filme)|Conan o bárbaro]]''.


==Argumento==
==Argumento==

Revisión como estaba o 30 de abril de 2011 ás 20:39

Modelo:FichaFilme Conan o destrutor é un filme de xénero fantástico dirixido por Richard Fleischer e protagonizado por Arnold Schwarzenegger que foi estreado en 1984. É a continuación do filme Conan o bárbaro.

Argumento

A poderosa Raíña Taramis promete a Conan facer volver á súa amada do reino da morte, pero imponlle unha condición: debe traerlle un lendario corno incrustado de pedras preciosas e unha fermosa princesa. Pero Conan non sabe cales son as verdadeiras intencións de Taramis. A raíña quere empregar o corno para espertar ó durminte deus Dagoth e sacrificarlle á xoven princesa. Enfrontado con inimigos mortais e sobrenaturais, Conan debe convocar ás forzas do Ben para derrotar a Taramis e mesmo ó deus Dagoth.

Personaxes

Actor Papel Descripción Armas
Arnold Schwarzenegger Conan Un guerreiro que chora a morte da súa amada Valeria do primeiro filme e ó que se lle promete a resurrección desta a cambio de conseguir dous obxetos máxicos. Espada Atlantean, machada de batalla e dagas.
Grace Jones Zula Unha asaltante que é rescatada por Conan e que se une ó seu grupo. Acabará reemprazando a Bombatta como capitán da garda. Lanza.
Wilt Chamberlain Bombatta Capitán da garda de Shadizar, é enviado pola raíña para comprobar a evolución da misión de Conan e máis tarde traicionarao. Morre a mans de Conan cando este interfire na resurrección de Dagoth. Maza, machada, espada e bolas.
Olivia D'Abo Jehnna É unha virxinal princesa cuxo destino é obter o corno máxico que resucitará ó deus Dagoth. Debido a unha profecía é a única persoa capaz de conquerir o corno. Non leva.
Makoto Iwamatsu Akiro Un mago amigo de Conan que narraba tanto o filme anterior coma este. Acepta ser o feiticeiro xefe de Shadizar. Maxia.
Tracey Walter Malak Un ladrón que acompaña a Conan. Dagas.
Pat Roach Toth-Amon O feiticeiro propietario da xema. Maxia.
Sarah Douglas Raíña Taramis A malvada raíña de Shadizar que quere resucitar a Dagoth, o deus durminte, do cal ela é unha seguidora. Tamén é a tía de Jehnna. Dagas.
Jeff Corey Gran Visir Feiticeiro persoal da raíña. Maxia e dagas.
Sven-Ole Thorsen Togra Gardián da raíña que trata de secuestrar a Jehnna antes de morrer a mans de Conan. Espada.
André Roussimoff Dagoth, o deus durminte. Malvado deus que traerá a oscuridade ó mundo se é resucitado. Corno, superforza e manipulación da luz.

Véxase tamén

Ligazóns externas