Diada de Cataluña: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m r2.7.1) (bot Engadido: ru:Национальный день Каталонии |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
[[it:Diada Nacional de Catalunya]] |
[[it:Diada Nacional de Catalunya]] |
||
[[pms:Giornà Nassional dla Catalògna]] |
[[pms:Giornà Nassional dla Catalògna]] |
||
[[ru:Национальный день Каталонии]] |
|||
[[uk:Національний день Каталонії]] |
[[uk:Національний день Каталонії]] |
Revisión como estaba o 24 de abril de 2011 ás 00:23
O Día Nacional de Cataluña ou Diada ten lugar cada 11 de setembro en todo o territorio administrativo da actual Cataluña.
Historia
Este día conmemórase a caída de Barcelona despois de meses de asedio en 1714 perante o duque de Berwick durante a Guerra de Sucesión na que os Borbón, co seu candidato, o futuro Filipe V, e a casa dos Austrias, co arquiduque Carlos, loitaban para se faceren coa coroa de España.
Coa vitoria da dinastía dos Borbón, implántase un sistema político uniforme, derrogándose os privilexios nobiliarios e os sistemas legais provenientes dos diferentes reinos medievais que formaban a España da época. Por iso, o 11 de setembro tamén se lembra a conseguinte abolición das institucións catalás rexidas pola dinastía dos Austrias.
Institucionalización
O Parlamento de Cataluña, no ano 1980, declarou institucionalmente o 11 de setembro como festa nacional de Cataluña. Así fica recollido no artigo 8.1 do Estatuto de Autonomía de 2006, onde se declara:
Cataluña, definida como nacionalidade no artigo 1, ten como símbolos nacionais a bandeira, a festa e o himno.
e no artigo 8.3, que establece:
A festa de Cataluña é a Festividade do Once de Setembro
.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diada de Cataluña |