Feixón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m r2.7.1) (bot Engadido: jv:Buncis
Liña 102: Liña 102:
[[it:Phaseolus vulgaris]]
[[it:Phaseolus vulgaris]]
[[ja:インゲンマメ]]
[[ja:インゲンマメ]]
[[jv:Buncis]]
[[ko:강낭콩]]
[[ko:강낭콩]]
[[ku:Lovî]]
[[ku:Lovî]]

Revisión como estaba o 22 de abril de 2011 ás 11:33

Chámase feixón ou faba a semente comestible da planta Phaseolus vulgaris, da familia Fabaceae

As vaíñas verdes da mesma planta coñécense co nome de feixóns verdes, e tamén son comestibles cociñadas ou no caso dalgunhas variedades tenras, incluso crúas.

Historia e cultivo

Os feixóns foron unha importante fonte de proteínas ao longo da historia, e ségueno a ser hoxe.

É unha das plantas cultivadas desde máis antigo, habendo probas do seu uso en Asia dende o sétimo milenio antes de Cristo[1], dende hai seis mil anos en América[2] e máis de dous mil en Europa.[3]

No México precolombino o feixón era obxecto, xunto co maínzo e a cabaza, dun complexo sistema de cultivo combinado que sobreviviu até hoxe.

Antes do descubrimento de América na Península Ibérica se cultivaban leguminosas de orixe afroasiática e europea. Estas variedades corresponderíanse con especies como a Vigna unguiculata ou a Vicia faba (faballón) que aínda se consumen nalgúns territorios da Península.

As fabas americanas Phaseolus vulgaris foron introducidas en España e Portugal polos mercadores que no século XVI traían as sementes como unha curiosidade. Dende a Península, esta nova variedade estendeuse cara a outros países europeos debido a diversos factores.

Así en Galicia, de xeito similar ao acontecido co millo e o maínzo, o termo faba deixou de designar as variedades do Vello Mundo para pasar a nomear as variedades americanas, mellores para o seu uso alimentario[4].

As variedades americanas Phaseolus vulgaris evolucionaron en Europa para retornar posteriormente á súa orixe grazas aos procesos migratorios. Esta evolución implicou unha mellora xenética que se tería producido, consciente ou inconscientemente, da man dos agricultores da Península.

Produción[5]

Europa e España

En Europa cultiváronse no ano 2003 case que 500.000 toneladas de fabas. Na Unión Europea os principais produtores son Polonia, Grecia e España que nese ano atinxiron, respectivamente, 34.000, 23.000 e 14.000 toneladas. Fóra da Unión Europea, Bielorrusia e Ukraina son os países que acadan maiores producións ao sumar 110.000 e 65.000 toneladas.

En 2001 no Estado español dedicáronse ao cultivo da faba máis de 12.682 hectáreas, o 44% en réxime de regadío e o 56% en secano, e acadouse unha produción total de 15.420 toneladas. Galicia, con 2.700 toneladas, e Castela-León, con 7.200 toneladas, son as principais comunidades produtoras.

A produción galega

En Galicia as provincias da Coruña e Lugo son as que xeran a maior parte da produción. En 2001 o 57% da produción galega era de orixe coruñesa e unha de cada cinco fabas galegas se cultivaba na provincia de Lugo.

As sementes chámanse feixóns ou fabas

Tipos de sementes

Podemos atopar sementes de moi variadas cores e formas, que se diferencian ademais polo seu brillo, debido á gran diversidade xenética que existe dentro da especie.

Gastronomía

É un alimento espallado practicamente por todo o mundo, nas súas diferentes variedades de sementes e vaíñas.

En Galicia as fabas son usadas como ingredientes do caldo, e os feixóns verdes cómense habitualmente cocidos. En España hai varios pratos rexionais a base de fabas, como a fabada asturiana, as mungetes amb butifarra catalás ou o arròs amb fesols i naps valenciano. En Portugal existen varias feijoadas típicas, como a feijoada à transmontana, as tripas à moda do Porto ou o feijão frade com atúm. Na América Latina existe unha grande cantidade de pratos, como as brasileiras feixoadas de mistura ou feijão com arroz, os frijoles e gallo pinto de México e Centroamérica, ou os porotos chilenos.

As vaíñas son os feixóns verdes.

Notas

  1. Chester F. Gorman, "Hoabinhian: a pebble-tool complex with early plant associations in Southeast Asia", Science, 1969.
  2. Chazan, Michael World Prehistory and Archaelogy: Pathways through Time, p. 271. 2008 Pearson Education, inc. Isbn= 0-205-40621-1
  3. Daniel Zohary and Maria Hopf Domestication of Plants in the Old World 2000:114.
  4. Debullando algúns problemas das fabas Área de Terminoloxía. Universidade de Santiago de Compostela
  5. Datos de producción. Centro de interpretación da faba de Lourenzá

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas