Padal: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Modificado: diq:Asmênê feki |
m r2.7.1) (bot Engadido: fa:کام (سقف دهان) |
||
Liña 31: | Liña 31: | ||
[[en:Palate]] |
[[en:Palate]] |
||
[[es:Paladar]] |
[[es:Paladar]] |
||
[[fa:کام (سقف دهان)]] |
|||
[[fi:Suulaki]] |
[[fi:Suulaki]] |
||
[[fr:Palais (anatomie)]] |
[[fr:Palais (anatomie)]] |
Revisión como estaba o 19 de abril de 2011 ás 21:10
O padal ou ceo da boca é unha estrutura dos animais vertebrados, incluindo os humanos. Esta estrutura da glote separa cavidade oral da cavidade nasal: é unha zona de rozamento cuxa interacción lingua-padal permite articular sons. O padal divídese en dúas partes, a parte ósea anterior ("padal duro") e a parte mol posterior ("padal brando" ou "veo do padal").
Histoloxía
O padal presenta unha porción xinxival ou enxiva, unha zona graxa e unha zona glandular no padal duro e o padal brando. Ambas as dúas metades do padal únense no rafe medio.
O padal, na zona da encía e no rafe medio do padal duro presenta unha mucosa sésil, é dicir, sen submucosa, cunha lámina propia directamente unida ao periostio. O epitelio da mucosa sésil é plano pluriestratificado. Se aparece cornificación no padal brando hai patoloxía.
A zona graxa do padal duro presenta unha submucosa con graxa, en tanto que a zona glandular presenta pequenas glándulas salivares menores. O padal duro atópase ricamente innervado.
O padal brando presenta músculo esquelético. O padal brando está interposto entre boca e as foxas nasais. Así, o epitelio que reviste a porción do padal brando que dá cara ás foxas nasais é igual ao que as reviste a elas mesmas, de tipo prismático pseudoestratificado, en tanto que o epitelio que dá cara á boca é plano pluriestratificado con probable paraqueratose. O padal brando presenta submucosa. No padal brando todas as glándulas son de tipo mucoso.
O padal constitúe a parede superior ou teito da cavidade oral. Está dividido en dúas partes, a bóveda palatina ou padal óseo nos seus dous terzos anteriores, e o padal brando ou veo do padal no seu terzo posterior. No centro e na parte máis posteroinferior do veo do padal atópase pendurada a úvula ou pinguel.