Convergència Democràtica de Catalunya: Diferenzas entre revisións
m faltáballe unha palabra entre fer país e formar, non sei devezo é a mellor opción pero creo que concorda, con ese espírito de fer país: un desexo forte de. |
mSen resumo de edición |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
O [[16 de xaneiro]] de [[1976]] constituíuse como partido político, da unión do [[Grup d'Acció al Servei de Catalunya]] de Jordi Pujol i Soley, do Grup d'Independents de [[Miquel Roca i Junyent]] e do grupo Acció Obrera. Para marzo celebraron a III Asemblea, onde se aprobou un programa [[socialdemocracia|socialdemócrata]] de centro esquerda e nacionalista. Jordi Pujol foi elixido secretario xeral e Miquel Roca secretario xeral adxunto. O ideario do partido abandona o [[federalismo]] para centrarse no ''feito nacional'' e no [[dereito de autodeterminación]], coa pretensión de converterse no referente do [[catalanismo|nacionalismo catalán]]. |
O [[16 de xaneiro]] de [[1976]] constituíuse como partido político, da unión do [[Grup d'Acció al Servei de Catalunya]] de Jordi Pujol i Soley, do Grup d'Independents de [[Miquel Roca i Junyent]] e do grupo Acció Obrera. Para marzo celebraron a III Asemblea, onde se aprobou un programa [[socialdemocracia|socialdemócrata]] de centro esquerda e nacionalista. Jordi Pujol foi elixido secretario xeral e Miquel Roca secretario xeral adxunto. O ideario do partido abandona o [[federalismo]] para centrarse no ''feito nacional'' e no [[dereito de autodeterminación]], coa pretensión de converterse no referente do [[catalanismo|nacionalismo catalán]]. |
||
En xaneiro de 1977 celébrase o IV |
En xaneiro de 1977 celébrase o IV Congreso, no que se decide a presentarse ás primeiras eleccións democráticas xerais españolas, o [[15 de xuño]] de [[1977]] forma parte da coalición [[Pacte Democràtic per Catalunya]], xunto con [[Esquerra Democràtica de Catalunya]] (EDC) de [[Ramon Trias Fargas]] e o [[Partit Socialista de Catalunya-Reagrupament|PSC-Reagrupament]] de [[Josep Verde i Aldea]], recibindo tamén o apoio do [[Front Nacional de Catalunya]] e de [[Estat Català]]. A coalición obtivo 522.060 votos, 11 deputados e 5 senadores. [[Jordi Pujol]] e [[Pere Pi-Suñer]] incorpóranse ó Consello Executivo da Generalitat Provisional de [[Josep Tarradellas]], que voltara do exilio para reactivar as institucións. |
||
== Coalición con UDC == |
== Coalición con UDC == |
Revisión como estaba o 18 de abril de 2011 ás 18:21
Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) | |
---|---|
Partido político de Cataluña (Norte e Sur) | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Jordi Pujol i Soley (Presidente) Artur Mas i Gavarró (Secretario Xeral) |
Mocidades | Joventut Nacionalista de Catalunya |
Historia | |
Fundación | 1978 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo catalán Centrismo Liberalismo |
Representación | |
Representación | 10 diputados (de 350) no Congreso dos Deputados español |
Outros datos | |
Sede | C/ Còrsega, 331-333, 08037 Barcelona |
Publicación | Full Informatiu |
Na rede | |
www.convergencia.cat | |
Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) é un partido político liberal progresista e nacionalista catalán fundado en 1974 nunha asemblea celebrada en Monserrat o 17 de novembro, aínda que non se puido constituír legalmente como partido ata 1976, Jordi Pujol o seu carismático líder foi elixido secretario xeral mentres Miquel Roca tiña o posto de secretario xeral adxunto. Participou nas primeiras eleccións democráticas dentro do Pacte Democràtic per Catalunya. Esquerra Democràtica de Catalunya de Ramón Trias integrouse en CDC en 1978 e nese ano formou unha coalición con Unió Democràtica de Catalunya denominada Convergència i Unió (CIU), alianza que se mantén como federación, e que é a que se presenta ás eleccións. En 1989 Jordi Pujol pasou a ser o presidente de CDC e Miquel Roca o secretario xeral. Entre 1996 e o 2000 o seu secretario xeral foi Pere Esteve e desde entón éo Artur Mas, o presidente da Generalitat desde decembro de 2010 .
CIU gañou as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e o goberno catalán tivo como partido maioritario a CDC ata o 2003 e de novo desde fins de 2010.
Ideoloxía
Convergència Democràtica de Catalunya defínese como un partido liberal progresista e nacionalista catalán. Malia declararse nos seus comezos de centro-esquerda, cos anos evolucionou cara a posicións máis conservadoras. De feito, considerouse [Cómpre referencia] a Jordi Pujol influído ideoloxicamente polo personalismo francés de Emmanuel Mounier, polo espiritualismo de Enric Prat de la Riba e o misticismo de Raimon Galí i Herrera, conectando nacionalismo e cristianismo (Charles Péguy) e dándolle importancia á responsabilidade e á ética (Antoine de Saint-Exupéry), co fin de elaborar un nacionalismo humanista e ético.
Fundación
O partido foi fundado na I Asemblea fundacional no Santuari de la Mare de Déu de Montserrat o 15 de novembro de 1974, nunha reunión semiclandestina aproveitando o 75 aniversario do FC Barcelona, organizada por Miquel Sellarès i Perelló e Miquel Esquirol. Nela participaron 125 persoas, entre elas Joan Granados i Duran, Marc Teixonera, Jordi Pujol i Soley e Anton Cañellas, alén dun grupo de persoas próximas a Jordi Pujol, como Jaume Casajoana, Xavier Polo, Rafael Pradas, Oriol Panyella e Lluís Maria Sunyer. A maioría eran profesionais independentes, algúns sindicalistas e membros de movementos confesionais próximos a UDC. Na reunión Jordi Pujol definiu fer país como o devezo de formar unha determinada moral, transformar as mentalidades e construír a colectividade catalá, reformar a lingua, expandir a cultura catalá, reformar as tradicións e crear unha nova mentalidade económica. A reunión remata co apoio á defensa da democracia e da liberdade, así como á participación social, ó autogoberno e á proxección europea de Cataluña.
Legalización
En xaneiro de 1975 Jordi Pujol deu unha conferencia en ESADE, onde convidou os seus partidarios a facer política. Así, para xuño adhírense á Asemblea de Cataluña e en novembro celebran a II Asemblea, onde se decide pactar con Convergència Socialista de Catalunya para faceren unha pinza á hora de negociaren co goberno central. En decembro de 1975 ingresan no Consell de Forces Polítiques de Catalunya.
O 16 de xaneiro de 1976 constituíuse como partido político, da unión do Grup d'Acció al Servei de Catalunya de Jordi Pujol i Soley, do Grup d'Independents de Miquel Roca i Junyent e do grupo Acció Obrera. Para marzo celebraron a III Asemblea, onde se aprobou un programa socialdemócrata de centro esquerda e nacionalista. Jordi Pujol foi elixido secretario xeral e Miquel Roca secretario xeral adxunto. O ideario do partido abandona o federalismo para centrarse no feito nacional e no dereito de autodeterminación, coa pretensión de converterse no referente do nacionalismo catalán.
En xaneiro de 1977 celébrase o IV Congreso, no que se decide a presentarse ás primeiras eleccións democráticas xerais españolas, o 15 de xuño de 1977 forma parte da coalición Pacte Democràtic per Catalunya, xunto con Esquerra Democràtica de Catalunya (EDC) de Ramon Trias Fargas e o PSC-Reagrupament de Josep Verde i Aldea, recibindo tamén o apoio do Front Nacional de Catalunya e de Estat Català. A coalición obtivo 522.060 votos, 11 deputados e 5 senadores. Jordi Pujol e Pere Pi-Suñer incorpóranse ó Consello Executivo da Generalitat Provisional de Josep Tarradellas, que voltara do exilio para reactivar as institucións.
Coalición con UDC
En abril de 1978 celebrouse o V Congreso, no que se aproba un ideario nacionalista de contido socialdemócrata para tratar de constituírse en alternativa de centro-esquerda. Así, en maio absorbeu a Esquerra Democràtica de Catalunya (EDC), o que supón o ingreso no partido de Ramon Trias Fargas Macià Alavedra e Joan Guitart. Do mesmo xeito, o PSC-Reagrupament preferiu unirse co PSC-Congrés para formar o Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE).
O 19 de setembro de 1978 coaligouse con Unió Democràtica de Catalunya formando "Convergència i Unió", alianza que o 2 de decembro de 2001 se transformou en federación. CiU gañou as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e gobernou de xeito continuado até o 2003. Miquel Roca i Junyent participou na elaboración da Constitución Española de 1978, que consideraba como un marco non rematado, dinámico, ambiguo e susceptible de diversas interpretacións. Nas eleccións xerais españolas de 1979 a coalición CiU obtivo 484.154 votos, o que se traduciu en 8 deputados e un senador, que nas eleccións xerais españolas de 1982 aumentaron a 772.673 votos (12 deputados e 5 senadores).
No VII Congreso celebrado en 1985 foi aprobada unha nova estratexia. Miquel Roca fundou a nivel español o Partido Reformista Democrático (PRD) de carácter centrista, para participar na política global española (nomeada operación Roca). Nas eleccións xerais españolas de 1986 CiU conseguiu 1.012.054 votos, 18 deputados e 8 senadores, mais o PRD tan só 194.538 e ningún escano. Así e todo, no VIII Congreso de CDC Jordi Pujol foi elixido presidente e Miquel Roca continúa como secretario xeral até o IX Congreso de 1992.
Co retiro de Pujol, Artur Mas foi proclamado candidato de CiU (2002). A candidatura da federación foi a que obtivo o maior número de deputados nas eleccións ó Parlamento de Cataluña 2003 e 2006, pasando á oposición pola formación do pacto tripartito entre PSC, ERC e ICV.
No 2006 absorbeu ó Bloc Català, pasando a ser Cataluña Norte o primeiro territorio fóra da Comunidade Autónoma de Cataluña onde se organiza. A súa organización xuvenil é a Joventut Nacionalista de Catalunya.