Convergència Democràtica de Catalunya: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
m era imposible facelo antes, con Franco os partidos eran ilegais.
Cheluco (conversa | contribucións)
m actualizo
Liña 13: Liña 13:
internacional = [[ELDR|Partido dos Liberais, Demócratas e Reformistas Europeos]] |
internacional = [[ELDR|Partido dos Liberais, Demócratas e Reformistas Europeos]] |
web = [http://www.convergencia.cat/ www.convergencia.cat] |
web = [http://www.convergencia.cat/ www.convergencia.cat] |
}}'''Convergència Democràtica de Catalunya''' (CDC) é un partido político [[liberalismo|liberal progresista]] e [[nacionalismo catalán|nacionalista catalán]] fundado en 1974 nunha asemblea celebrada en [[Monserrat]] o 17 de novembro, aínda que non se puido constituír legalmente como partido ata 1976, [[Jordi Pujol]] o seu carismático lider foi elixido secretario xeral mentres [[Miquel Roca]] tiña o posto de secretario xeral adxunto. Participou nas primeiras eleccións democráticas dentro do [[Pacte Democràtic per Catalunya]]. [[Esquerra Democràtica de Catalunya]] de [[Ramón Trias]] integrouse en CDC en 1978 e nese ano formou unha coalición con [[Unió Democràtica de Catalunya]] denominada [[Convergència i Unió]] (CIU), alianza que se mantén como federación, e que é a que se presenta ás eleccións. En 1989 Jordi Pujol pasou a ser o presidente de CDC e Miquel Roca o secretario xeral. Entre 1996 e o 2000 o seu secretario xeral foi [[Pere Esteve]] e desde entón éo [[Artur Mas]], o candidato á presidencia da Generalitat por CIU.
}}'''Convergència Democràtica de Catalunya''' (CDC) é un partido político [[liberalismo|liberal progresista]] e [[nacionalismo catalán|nacionalista catalán]] fundado en 1974 nunha asemblea celebrada en [[Monserrat]] o 17 de novembro, aínda que non se puido constituír legalmente como partido ata 1976, [[Jordi Pujol]] o seu carismático líder foi elixido secretario xeral mentres [[Miquel Roca]] tiña o posto de secretario xeral adxunto. Participou nas primeiras eleccións democráticas dentro do [[Pacte Democràtic per Catalunya]]. [[Esquerra Democràtica de Catalunya]] de [[Ramón Trias]] integrouse en CDC en 1978 e nese ano formou unha coalición con [[Unió Democràtica de Catalunya]] denominada [[Convergència i Unió]] (CIU), alianza que se mantén como federación, e que é a que se presenta ás eleccións. En 1989 Jordi Pujol pasou a ser o presidente de CDC e Miquel Roca o secretario xeral. Entre 1996 e o 2000 o seu secretario xeral foi [[Pere Esteve]] e desde entón éo [[Artur Mas]], o presidente da Generalitat desde decembro de 2010 .


CIU gañou as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e o goberno catalán tivo como partido maioritario a CDC ata o 2003.
CIU gañou as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e o goberno catalán tivo como partido maioritario a CDC ata o 2003 e de novo desde fins de 2010.
== Ideoloxía ==
== Ideoloxía ==
Convergència Democràtica de Catalunya defínese como un partido [[liberalismo|liberal progresista]] e [[catalanismo|nacionalista catalán]]. Malia declararse nos seus comezos de centro-esquerda, cos anos evolucionou cara a posicións máis conservadoras. De feito, considerouse a [[Jordi Pujol]] influído ideoloxicamente polo [[personalismo]] francés de [[Emmanuel Mounier]], polo espiritualismo de [[Enric Prat de la Riba]] e o misticismo de [[Raimon Galí i Herrera]], conectando [[nacionalismo]] e [[cristianismo]] ([[Charles Péguy]]) e dándolle importancia á responsabilidade e á [[ética]] ([[Antoine de Saint-Exupéry]]), co fin de elaborar un [[nacionalismo]] [[humanismo|humanista]] e ético.
Convergència Democràtica de Catalunya defínese como un partido [[liberalismo|liberal progresista]] e [[catalanismo|nacionalista catalán]]. Malia declararse nos seus comezos de centro-esquerda, cos anos evolucionou cara a posicións máis conservadoras. De feito, considerouse a [[Jordi Pujol]] influído ideoloxicamente polo [[personalismo]] francés de [[Emmanuel Mounier]], polo espiritualismo de [[Enric Prat de la Riba]] e o misticismo de [[Raimon Galí i Herrera]], conectando [[nacionalismo]] e [[cristianismo]] ([[Charles Péguy]]) e dándolle importancia á responsabilidade e á [[ética]] ([[Antoine de Saint-Exupéry]]), co fin de elaborar un [[nacionalismo]] [[humanismo|humanista]] e ético.

Revisión como estaba o 18 de abril de 2011 ás 18:09

Convergència Democràtica de Catalunya (CDC)
Partido político de Cataluña (Norte e Sur)
Dirixentes e organización
LíderJordi Pujol i Soley
(Presidente)
Artur Mas i Gavarró
(Secretario Xeral)
MocidadesJoventut Nacionalista de Catalunya
Historia
Fundación1978
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo catalán
Centrismo
Liberalismo
Representación
Representación10 diputados (de 350) no Congreso dos Deputados español
Outros datos
SedeC/ Còrsega, 331-333, 08037 Barcelona
PublicaciónFull Informatiu
Na rede
www.convergencia.cat

Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) é un partido político liberal progresista e nacionalista catalán fundado en 1974 nunha asemblea celebrada en Monserrat o 17 de novembro, aínda que non se puido constituír legalmente como partido ata 1976, Jordi Pujol o seu carismático líder foi elixido secretario xeral mentres Miquel Roca tiña o posto de secretario xeral adxunto. Participou nas primeiras eleccións democráticas dentro do Pacte Democràtic per Catalunya. Esquerra Democràtica de Catalunya de Ramón Trias integrouse en CDC en 1978 e nese ano formou unha coalición con Unió Democràtica de Catalunya denominada Convergència i Unió (CIU), alianza que se mantén como federación, e que é a que se presenta ás eleccións. En 1989 Jordi Pujol pasou a ser o presidente de CDC e Miquel Roca o secretario xeral. Entre 1996 e o 2000 o seu secretario xeral foi Pere Esteve e desde entón éo Artur Mas, o presidente da Generalitat desde decembro de 2010 .

CIU gañou as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e o goberno catalán tivo como partido maioritario a CDC ata o 2003 e de novo desde fins de 2010.

Ideoloxía

Convergència Democràtica de Catalunya defínese como un partido liberal progresista e nacionalista catalán. Malia declararse nos seus comezos de centro-esquerda, cos anos evolucionou cara a posicións máis conservadoras. De feito, considerouse a Jordi Pujol influído ideoloxicamente polo personalismo francés de Emmanuel Mounier, polo espiritualismo de Enric Prat de la Riba e o misticismo de Raimon Galí i Herrera, conectando nacionalismo e cristianismo (Charles Péguy) e dándolle importancia á responsabilidade e á ética (Antoine de Saint-Exupéry), co fin de elaborar un nacionalismo humanista e ético.

Fundación

O partido foi fundado na I Asemblea fundacional no Santuari de la Mare de Déu de Montserrat o 15 de novembro de 1974, nunha reunión semiclandestina aproveitando o 75 aniversario do FC Barcelona, organizada por Miquel Sellarès i Perelló e Miquel Esquirol. Nela participaron 125 persoas, entre elas Joan Granados i Duran, Marc Teixonera, Jordi Pujol i Soley e Anton Cañellas, alén dun grupo de persoas próximas a Jordi Pujol, como Jaume Casajoana, Xavier Polo, Rafael Pradas, Oriol Panyella e Lluís Maria Sunyer. A maioría eran profesionais independentes, algúns sindicalistas e membros de movementos confesionais próximos a UDC. Na reunión Jordi Pujol definiu fer país como a formar unha determinada moral, transformar as mentalidades e construír a colectividade catalá, reformar a lingua, expandir a cultura catalá, reformar as tradicións e crear unha nova mentalidade económica. A reunión remata co apoio á defensa da democracia e da liberdade, así como á participación social, ó autogoberno e á proxección europea de Cataluña.

Legalización

En xaneiro de 1975 Jordi Pujol deu unha conferencia en ESADE, onde convidou os seus partidarios a facer política. Así, para xuño adhírense á Asemblea de Cataluña e en novembro celebran a II Asemblea, onde se decide pactar con Convergència Socialista de Catalunya para faceren unha pinza á hora de negociaren co goberno central. En decembro de 1975 ingresan no Consell de Forces Polítiques de Catalunya.

O 16 de xaneiro de 1976 constituíuse como partido político, da unión do Grup d'Acció al Servei de Catalunya de Jordi Pujol i Soley, do Grup d'Independents de Miquel Roca i Junyent e do grupo Acció Obrera. Para marzo celebraron a III Asemblea, onde se aprobou un programa socialdemócrata de centro esquerda e nacionalista. Jordi Pujol foi elixido secretario xeral e Miquel Roca secretario xeral adxunto. O ideario do partido abandona o federalismo para centrarse no feito nacional e no dereito de autodeterminación, coa pretensión de converterse no referente do nacionalismo catalán.

En xaneiro de 1977 celébrase o IV Congrés, no que se decide a presentarse ás primeiras eleccións democráticas xerais españolas, o 15 de xuño de 1977 forma parte da coalición Pacte Democràtic per Catalunya, xunto con Esquerra Democràtica de Catalunya (EDC) de Ramon Trias Fargas e o PSC-Reagrupament de Josep Verde i Aldea, recibindo tamén o apoio do Front Nacional de Catalunya e de Estat Català. A coalición obtivo 522.060 votos, 11 deputados e 5 senadores. Jordi Pujol e Pere Pi-Suñer incorpóranse ó Consello Executivo da Generalitat Provisional de Josep Tarradellas, que voltara do exilio para reactivar as institucións.

Coalición con UDC

En abril de 1978 celebrouse o V Congreso, no que se aproba un ideario nacionalista de contido socialdemócrata para tratar de constituírse en alternativa de centro-esquerda. Así, en maio absorbeu a Esquerra Democràtica de Catalunya (EDC), o que supón o ingreso no partido de Ramon Trias Fargas Macià Alavedra e Joan Guitart. Do mesmo xeito, o PSC-Reagrupament preferiu unirse co PSC-Congrés para formar o Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE).

O 19 de setembro de 1978 coaligouse con Unió Democràtica de Catalunya formando "Convergència i Unió", alianza que o 2 de decembro de 2001 se transformou en federación. CiU gañou as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e gobernou de xeito continuado até o 2003. Miquel Roca i Junyent participou na elaboración da Constitución Española de 1978, que consideraba como un marco non rematado, dinámico, ambiguo e susceptible de diversas interpretacións. Nas eleccións xerais españolas de 1979 a coalición CiU obtivo 484.154 votos, o que se traduciu en 8 deputados e un senador, que nas eleccións xerais españolas de 1982 aumentaron a 772.673 votos (12 deputados e 5 senadores).

No VII Congreso celebrado en 1985 foi aprobada unha nova estratexia. Miquel Roca fundou a nivel español o Partido Reformista Democrático (PRD) de carácter centrista, para participar na política global española (nomeada operación Roca). Nas eleccións xerais españolas de 1986 CiU conseguiu 1.012.054 votos, 18 deputados e 8 senadores, mais o PRD tan só 194.538 e ningún escano. Así e todo, no VIII Congreso de CDC Jordi Pujol foi elixido presidente e Miquel Roca continúa como secretario xeral até o IX Congreso de 1992.

Co retiro de Pujol, Artur Mas foi proclamado candidato de CiU (2002). A candidatura da federación foi a que obtivo o maior número de deputados nas eleccións ó Parlamento de Cataluña 2003 e 2006, pasando á oposición pola formación do pacto tripartito entre PSC, ERC e ICV.

No 2006 absorbeu ó Bloc Català, pasando a ser Cataluña Norte o primeiro territorio fóra da Comunidade Autónoma de Cataluña onde se organiza. A súa organización xuvenil é a Joventut Nacionalista de Catalunya.

Véxase tamén

Ligazóns externas