Nebulosa planetaria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Modificado: tr:Gezegenimsi bulutsu
Liña 66: Liña 66:
[[sv:Planetarisk nebulosa]]
[[sv:Planetarisk nebulosa]]
[[th:เนบิวลาดาวเคราะห์]]
[[th:เนบิวลาดาวเคราะห์]]
[[tr:Gezegenimsi bulutsular]]
[[tr:Gezegenimsi bulutsu]]
[[uk:Планетарна туманність]]
[[uk:Планетарна туманність]]
[[zh:行星状星云]]
[[zh:行星状星云]]

Revisión como estaba o 18 de abril de 2011 ás 09:10

NGC 6543, a nebulosa Ollo de gato

Nebulosa planetaria é unha denominación errónea, xa que nada teñen que ver con planetas nin con ningún sistema estelar. Moitas están asociadas cunha estrela central, rodeada dunha envoltura discoidal de nebulosidade. A estrela central acostuma estar moi quente e a súa emisión é maior na parte ultravioleta do espectro; porén, opticamente a nebulosa parece só un tenue anel. A medición do efecto Doppler do seu espectro indica a existencia de turbulencias e movemento na nube. Estas nebulosas expándense a unha velocidade dalgúns quilómetros por segundo.

O nome débese a que os seus descubridores, no século XVIII, observaron a súa semellanza aos planetas gasosos vistos ao traverso dos telescopios ópticos da época, aínda que en realidade non teñen ningunha relación cos planetas.

Ao final da vida das estrelas que acadan a fase de xigante vermella, as capas exteriores da estrelas son expulsadas debido ás pulsacións e a intensos ventos estelares. En ausencia destas capas, fica un pequeno núcleo da estrela a unha grande temperatura, brillando moi intensamente. A radiación ultravioleta emitida por este núcleo ioniza as capas externas que a estrela expulsara. Trátase dun fenómeno relativamente breve en termos astronómicos, que dura da orde de deceas de miles de anos (o tempo de vida dunha estrela común ronda os mil millóns de anos).

Ligazóns externas

En castelán

En inglés

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA