Boiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Formato
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ms:Boiro
Liña 186: Liña 186:
[[it:Boiro]]
[[it:Boiro]]
[[mk:Боиро]]
[[mk:Боиро]]
[[ms:Boiro]]
[[nl:Boiro]]
[[nl:Boiro]]
[[pt:Boiro]]
[[pt:Boiro]]

Revisión como estaba o 16 de abril de 2011 ás 14:27

38' 49" N 08° 52' 57" O_E_ 0°N 0°L / 42_38_49_N_08_52_57_W, 42° 38' 49" N 08° 52' 57" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Boiro
Logo de Boiro
Escudo de Boiro
Situación
Xentilicio[1]Boirense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Barbanza
Poboación19.079 hab. (2009)[2][3]
Área86,6 km²[3]
Densidade220,31 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[4]
Capital do concelloBoiro
Política (2007)
AlcaldeXosé Deira Triñanes (BNG)
ConcelleirosBNG: 5
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Outros: IC BOIRO 2
Eleccións municipais en Boiro
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes98,67%
Na rede
www.boiro.org
editar datos en Wikidata ]

Boiro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Barbanza. Segundo o IGE no 2010 tiña 19.079 habitantes (18.554 no 2006, 18.469 no 2005, 18.302 no 2004, 18.241 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Boirense.

Evolución da poboación de Boiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
8.953 10.505 12.570 17.288 18.302 19.079
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Evolución da poboación boirense dende principios do século XX ata 2007:

Xeografía

O concello de Boiro está situado no surleste da comarca do Barbanza, e ocupa uns 86 km². A capital está a 42º 38' 7" N de latitude, e 8º 52' 7" O de lonxitude.

Relevo

A altitude media sobre o nivel do mar é de 32 metros e existe unha estreita franxa litoral na que se asentan a maior parte dos núcleos de poboación. Nos cumios de Fontefría supéranse os 600 metros. A cordilleira do Barbanza travesa o municipio de norte a sur. Nas áreas montañosas o chan está sometido a continua erosión e son xeralmente pouco propicios para o cultivo devido á súa pendente e escasa profundidade. Na área litoral os chans son máis profundos e ricos en materia orgánica, moi aptos para a agricultura.

Hidrografía

O río máis importante do municipio é o río Coroño, o de maior caudal da serra do Barbanza, que se dirixe de norte a sur e desemboca en Ponte Goians. Outros ríos de menor entidade son o Brea, Grande, Barbanza (que desemboca na Pobra do Caramiñal) e o Beluso que nace no monte Muralla, entre Lousame e Rianxo). Todos eles son cursos curtos, que teñen superar desniveis de até 600 metros, debido á proximidade da serra ó mar, polo que teñen un gran poder erosivo.

Costas

A costa que bordea o municipio ten uns 37 km de lonxitude. Fundamentalmente é baixa, areosa e salpicada de pequenas agrupacións rochosas. Iníciase na punta de Escarabote e remata na desembocadura do río Beluso.

Historia

Paleolítico

No concello de Boiro encóntrase unha das concentracións máis significativas de monumentos megalíticos da comarca, existindo escasos paralelos no resto de Galicia. Os mais soados son O Outeiriño Redondo, A Casota do Páramo, A Arca do Barbanza, Armadoiro, Pedra da Xesta, Cavada Primeira e Segunda, Casarota do Fusiño e A Necrópole da Amañecida.

Idade de Bronce

As últimas investigacións que se teñen acometido na Comarca, poñen de manifesto que se trata dunha das zonas con maior presenza de petróglifos. No caso concreto do concello de Boiro, destacan A Cabra de Cubeliño, próximo ó lugar de Quinteiro, na parroquia de San Vicenzo de Cespón. A súa presenza xa foi mencionada nas obras de Castelao sobre as cruces da Galiza.

Outros conxuntos de gravados da arte rupestre son os situados en Vitres, Macenda, Confurco, Agüeiros, ou os petroglifos de Chan dos Reis ou de Pedra da Bouza, tamén son destacables os de Bealo, amplo conxunto con múltiples representacións cerca da capela de San Ramón de Bealo.

Idade de Ferro

Un dos poboados castrexos máis emblemáticos da idade do Ferro galaico son os castros do Neixón, situados na península do mesmo nome, na parroquia de San Vicenzo de Cespón. O conxunto arqueolóxico está formado por dous castros, o Castro Pequeno (VI-IV a.C.) e o Castro Grande (IV a.C.-III/IV d.C.) que foron importantes enclaves de intercambio e comercio de mercadorías. Destaca entre outras moitas circunstancias, por ser un dos castros máis antigos (Castro Pequeno) do NW peninsular. Na actualidade estanse intervencións arqueolóxicas con fins científicos, asumidos polo Instituto Padre Sarmiento, dependente do CSIC; á par estase executando unha posta en valor do xacemento, adecuándoo para que sexa visitable; e dotouse dun centro de interpretación nas inmediacións: Centro Arqueolóxico do Barbanza Castros de Neixón.

Outro xacemento de interese é o Castro do Achadizo, que se localiza nunha pequena península sita na marxe setentrional da ría de Arousa, a unha altitude de 5 m sobre o nivel do mar; nun lugar ocupado hoxe en día pola vila de Cabo da Cruz. Os traballos de apertura dunha nova rúa en 1991, fixeron que saíra á luz parte das estruturas habitacionais, así como un conxunto importante de restos materiais.

Existe outra serie de xacementos castrexos na zona de Boiro, como son o Castro de Amoureira ou o Castro de Goritas, pero sen apenas tradición historiográfica, e que non foron intervidos arqueoloxicamente, salvo as prospeccións pertinentes.

Imperio Romano e Idade Antiga

As distintas interpretacións feitas sobre a Calzada Romana de Vitres consideran que se trata dun treito da Calzada que formaría parte da vía XX (per loca maritima) do itinerario de Antonino, variante da vía XIX pero situada ao longo da costa atlántica do NW, cunha extraordinaria importancia económica, definida pola intensa actividade mineira, e o extraordinario papel comercial que permitía ter comunicados os núcleos costeiros cos interiores.

As referencias á calzada romana do Monte de Vitres (López Ferreiro) fan alusión ao acuartelamento da Legio VII Victrix no entorno, o que quedaría fixado na toponimia da zona como Castelo de Vitres. Outros anacos desta estrada podemos vela en Belles de Arriba e Belles de Abaixo.

Malia a eiva de datos empíricos nestes intres, é probable que nos atopemos ante unha calzada romana fosilizada ou substituída por un rueiro medieval, atendendo a datos como os restos arqueolóxicos conservados, que manifestan que se trata dun asentamento medieval, así como o topónimo: castelo. O posible contexto de fundación do Castelo de Vitres sexa finais da Alta Idade Media, momentos que corresponden cunha alta inestabilidade e conflitividade política militar coas invasións normandas, vikingas e sarracenas. Neste contexto adóptanse unha serie de medidas co fin de protexerse destes ataques, e unha delas é a construción dunha serie de torres con fins de vixilancia, protección e defensa contra os asediadores. Como resultado destas medidas constrúense as Torres do Oeste en Catoira, as fortificacións de Pontesampaio ou a Lanzada, e posiblemente o Castelo de Vitres, que posúe un amplo control visual sobre parte da ría de Arousa.

Idade Media

Desta epoca data a división administrativa en parroquias que fixa as súas raíces no reino suevo, que perdura até a actualidade, e que podemos clasificalas como parte do patrimonio inmaterial.

En Boiro hai oito parroquias: San Cristovo de Abanqueiro, San Ramón de Bealo, San Vicenzo de Cespón, San Xoán de Macenda, Santa Baia de Boiro, Santa María do Castro, Santiago de Lampón, Santo Andrés de Cures. Cadaunha delas dispón dun conxunto monumental impresionante e único, do que dan fe as distintas igrexas, igrexarios e casas reitorais.

A igrexa parroquial de San Cristovo de Abanqueiro é de fábrica románica.

Outra das evidencias da Alta Idade Media en territorios boirense atópase nas inmediacións do núcleo de Abanqueiro, onde se conserva un sartego (sepulcro antropoide) que dadas as características que presenta podería ser máis antigo que a propia fundación do templo de San Cristovo de Abanqueiro, que se estima ao longo do século XIII.

Boiro na cultura popular galega

  • Na Arousa non hai mozas,/ en Boiro todas son vellas;/ vivan as de San Isidro/ que n’hai mozas como elas. [6]
  • O señor cura de Boiro/ ten a camisa rachada./ Viva o noso de Cespón/ que ten nove na colada.
  • Para zapateiros, Noia,/ para pescadas, o Son,/ para mozos ¡viva Boiro!/ para borrachos, Cespón.
  • Viva Boiro, viva Boiro,/ viva Boiro, viva ben./ Viva Boiro, viva Boiro/ e San Isidro tamén.
  • Viva Boiro, viva Boiro,/ viva Boiro, viva ben./ Viva Boiro, viva Boiro,/ Vilagarcía tamén.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Boiro.

Lugares de Boiro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boiro vexa: Lugares de Boiro.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boiro

Abanqueiro (San Cristovo) | Bealo (San Pedro) | Boiro (Santa Baia) | Castro (Santa María) | Cespón (San Vicenzo) | Cures (Santo André) | Lampón (Santiago) | Macenda (San Xoán)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Boiro".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. San Isidro de Posmarcos é unha parroquia de Pobra de Caramiñal.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.

Modelo:Véxase


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.