A Baña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Formato
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ms:A Baña
Liña 100: Liña 100:
[[ja:ア・バーニャ]]
[[ja:ア・バーニャ]]
[[mk:А Бања]]
[[mk:А Бања]]
[[ms:A Baña]]
[[nl:A Baña]]
[[nl:A Baña]]
[[pam:A Baña]]
[[pam:A Baña]]

Revisión como estaba o 16 de abril de 2011 ás 14:19

57' 43" N 08° 45' 29" O_E_ 0°N 0°L / 42_57_43_N_08_45_29_W, 42° 57' 43" N 08° 45' 29" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

A Baña
Logo da Baña
Escudo da Baña
Situación
Xentilicio[1]Bañense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Barcala
Poboación4.415 hab. (2009)[2][3]
Área98,0 km²[3]
Densidade45,05 hab./km²
Entidades de poboación15 parroquias[4]
Capital do concelloSan Vicenzo
Política (2007)
AlcaldeJosé Andrés García Cardeso (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 5
Outros: -
Eleccións municipais na Baña
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes99,02%
Na rede
concellodeabana.es
editar datos en Wikidata ]

A Baña é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2009 tiña 4.415 habitantes (4.652 no 2006, 4.802 no 2005, 4.888 no 2004, 5.036 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Bañense.

Evolución da poboación de A Baña   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.797 6.149 7.347 8.361 4.888
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Etimoloxía do topónimo

O topónimo Avania aparece documentado xa en 1153 nun documento conservado no mosteiro de Toxos Outos, e no tumbo B da catedral de Santiago de Compostela (1209), onde se menciona: ...San Iurgio in Transtamarem. cum tota terra sua quam maiorem ab antiquo habuit, videlicet cum Carnota, Entines, Jalles, Barcala, Auania et de Celtigos, quantum magis antiquitus habuit....

A forma orixinal é Avaña. En épocas máis recentes, froito dun proceso de castelanización de topónimos totalmente alleo á evolución natural etimolóxica, sufriu a segmentación da vogal inicial "A", ó ser tomada como artigo singular feminino e ser traducida por "La"[6].

Estes falsos cortes tamén tiveron lugar noutros topónimos galegos, como Ogrobe ("El Grove") ou Agolada ("La Golada")[7].

Xeografía

O concello, de 98,2 km², limita cos concellos de Ames, Negreira, Val do Dubra e Santa Comba. Está situado a uns 25 km ao oeste de Santiago de Compostela.

Situado no fermoso Val de Barcala, que o Concello da Baña forma conxuntamente co de Negreira,

O relevo está determinado polos tres vales que baixan dende as terras de Xallas cara ao río Tambre: os dos ríos Barcala, que discorre case na súa totalidade por terras do municipio até desembocar en Negreira no río Tambre; o río Albariña (ou Baña), que desemboca no propio Barcala; e o do río Portalaxe, que desemboca no Tambre.

O concello ten un clima oceánico, morno e húmido, cuns 2.000 mm anuais de precipitacións. As temperaturas son moderadas, con 7,2 °C de media en xaneiro, e 17,9 °C en xullo.

Historia

Consérvanse vestixios arqueolóxicos megalíticos como as mámoas de Ferreiros, e poboados castrexos como os da Baña e o de Lañas. A toponimia dos lugares deixa ver que foi unha zona intensamente romanizada. A presenza de núcleos como Suevos ou Francos constata asemade o asentamento de pobos bárbaros.

A mención máis antiga é nun documento de 1153, contido no tumbo do mosteiro de Toxos Outos: hereditatem que habetis in terra de Avania.

Na Idade Media o concello foi berce dos Trastámara e dominio dos señores de Altamira. Personalidades como o bispo Xelmírez ou a raíña Urraca deixaron constancia da súa importancia. Nos templos relixiosos hai mostras da arte románica e gótica.

Xa no século XIX pasouse a épocas de decadencia económica e política debido ás guerras da Independencia e Carlista, ás desamortizacións de bens eclesiásticos e das cofradías, e á suba de impostos.

Economía

O concello da Baña é eminentemente rural, aínda que as actividades agrícolas non son as que ocupan a maioría da poboación. No ano 2001 o sector servizos ocupaba 686 persoas, a agricultura 454, a construción 368, a industria 244 e pesca 9.

No ano 2003 había no concello un total de 412 explotacións de gando vacún cun total de 7.045 animais e estaban rexistradas un total 49 empresas e 14 comercios.

Lugares da Baña

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Baña vexa lugares da Baña.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Baña".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. González Balasch, M.T.: El Tumbo B de la Catedral de Santiago (Edición y Estudio). Universidade de Granada (tese de doutoramento), 1987.
  7. Cabeza Quiles, F.: Os nomes da terra. Topónimos galegos; Editorial Toxosoutos, p. 201.

Véxase tamén

Modelo:Véxase