Dodro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m r2.6.3) (bot Engadido: ja:ドドロ
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ms:Dodro
Liña 135: Liña 135:
[[ja:ドドロ]]
[[ja:ドドロ]]
[[mk:Додро]]
[[mk:Додро]]
[[ms:Dodro]]
[[nl:Dodro]]
[[nl:Dodro]]
[[pam:Dodro]]
[[pam:Dodro]]

Revisión como estaba o 16 de abril de 2011 ás 14:17

Dodro
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]Dodrense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Sar
Poboación3.029 hab. (2009)[2][3]
Área36,1 km²[3]
Densidade83,91 hab./km²
Entidades de poboación26 aldeas en 3 parroquias[4]
Capital do concelloTallós
Política (2007)
AlcaldeArturo Díaz Díaz (PSdeG -PSOE)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Dodro
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes98,97%
Na rede
www.concellodedodro.org
Facebook: concellodedodro Twitter: Conc_deDodro Instagram: concello_de_dodro Youtube: UCwdYGaLyfJcPapFPltGqnQQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dodro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. Segundo o IGE a súa poboación no 2009 era de 3.029 habitantes (3.087 no 2006, 3.122 no 2005, 3.162 no 2004, 3.209 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Dodrense.

Evolución da poboación de Dodro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.181 3.213 3.262 3.542 3.162
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello de Dodro sitúase a uns 20 quilómetros de Santiago de Compostela, no sur da provincia da Coruña. Situado na vertente dereita do río Ulla, limita ó co concello de Rois, ó leste co de Padrón e ó oeste cos municipios de Lousame e Rianxo.

Non hai núcleos poboacionais importantes, á beira da estrada C-550 atópase a maioría das casas. Ten a capitalidade do concello en Tallós onde se sitúa a casa consistorial que data do ano 1906. Este municipio pertence, xunto con Padrón e Rois, á comarca do Sar aínda que pola súa localización está moi vinculada á veciña comarca do Barbanza.

As vinte e seis aldeas que configuran este concello distribúense en 3 parroquias: San Xoán de Laíño, Laíño e Dodro.

Ocupando os 36,08 quilómetros cadrados de superficie que ten o concello e albergando os 3.234 habitantes deste concello. A parroquia máis poboada é Santa María de Dodro con 1.286 veciños distribuídos en 7,20 quilómetros cadrados, seguida de San Xoán de Laíño con 1.159 nunha superficie de 17,18 quilómetros cadrados e, por último, San Xián de Laíño con 789 habitantes en 11,70 quilómetros cadrados. Este é un concello rural, sen unha vila na capital.

Se falamos do medio físico do concello, podemos defini-la localidade de Dodro como unha zona prelitoral situada na Depresión Meridiana que é aproveitada polo río Ulla ó dirixirse cara á súa desembocadura. Polo tanto, este concello, está caracterizado por un nivel chairego que liga coas ladeiras da Serra do Barbanza. Así, nun espazo tan pequeno coexisten dúas áreas ben contrastadas, Unha baixa, coincidente co val do Ulla no que se atopa a paraxe natural das Brañas de Laíño, e outra, no norte do concello, montañosa e de gran riqueza forestal.

O punto máis alto é a Lomba da Poza con 576 metros seguido do Monte Morouzas, o monte Caldebarcas con 312 metros e do Carboeiro e Vilar, que forman unha pequena serra cara o leste da Serra do Barbanza e que defenden as terras máis baixas das inclemencias dos ventos do primeiro cuadrante. Todas estas cotas descenden ata o nivel do mar, protexendo toda a bisbarra e os seus importantes cultivos. O declive é bastante pronunciado pois son alturas considerables que descenden catro ou cinco quilómetros ata o nivel do mar.

Dodro atópase no dominio climático oceánico-hiperhúmido que se caracteriza por unha concentración das precipitacións de inverno, arredor dos 1.500 mm, sequidade estival, néboas, escasa presencia de xeadas e unha temperatura media de 12 ºC cunha oscilación térmica superior ós 10 ºC.

No tocante á economía, o sector servizos é o que ocupa a unha maior parte da poboación activa. Dodro nunca foi un concello con forte tradición agrícola nin gandeira e, nos últimos anos, unha serie de trocos e reformas fixo que este sector quedase relegado a unha agricultura a tempo parcial, onde na maioría dos casos se trata dun suplemento á economía doméstica. Respecto ás explotacións gandeiras, no pasado as vacas empregábanse para a axuda nos labores agrícolas e tamén para obter leite e produtos lácteos destinados á venda, o que supoñía unha boa axuda para as economías domésticas. Pero a partir dos anos 70 e 80, coa intensificación do sector, a cota leiteira supuxo unha gran diminución deste tipo de produción. Ademais destas explotacións agrícolas e gandeiras, existe unha granxa avícola, industrias derivadas da agricultura e da pesca e unha granxa cinexética.

Patrimonio histórico

Os monumentos máis importantes do concello de Dodro son as mámoas da Paradegua, catro mámoas de difícil acceso; os petróglifos de Bouza Abadín, que non se atopan nunhas condicións óptimas; os castros que se estenden por todo o concello; os cruceiros, entre os que destacan os da Cruz do Abelán, de capela ou loreto datado no século XVII, sendo polo tanto o máis antigo de Galicia[Cómpre referencia], e o de Bustelo, do século XIX e cun antigo uso funerario; as igrexas parroquiais, Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e Xoán de Laíño, as de Santa María e Xoán do século XVIII e a de S. Xián do XVI, de boa construción barroca.

Entre os pazos, destacan o pazo de Tarrío, do que saíu o ministro de facenda de 1822 Luís López Ballesteros; o pazo de Lestrobe, antiga residencia de verán dos bispos e canónigos composteláns; o pazo da Hermida, residencia de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, escenario da sinatura do pacto de Lestrobe (26 de marzo de 1930), todos eles pazos actualmente en perfectas condicións. O pazo dos Bendaña está derruído, atopándose os seus principais motivos ornamentais e a súa torre no Pazo de Meirás, en Sada.

Tamén hai que engadir a capela de Mauro de Bexo do século XVI e a da Virxe do Leite, tamén moi antiga. Hai interesantes cruceiros en diversos lugares, algúns con capeliña no fuste.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Dodro".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Política e goberno

O concello de Dodro ten a súa capital, polo menos dende o ano 1906, na aldea de Tallós, aínda que antes tamén o foron as aldeas de Lestrobe e Vigo; a Casa Consistorial data do ano 1906, aínda que foi restaurada na década dos 90 polo mal estado no que se atopaba, sobre todo o arquivo. O primeiro alcalde documentado foi Domingo Manselle, o máis lonxevo José Fernando Vila Brión, ocupando o cargo na actualidade Arturo Díaz Díaz.

O pleno do concello está composto por once edís, que na actualidade se reparten en, 5 para o PPdeG, 3 para o PSdeG-PSOE e 3 para a BNG; o goberno actual está composto polos edís do PSdeG-PSOE e os do BNG, debido a un pacto que levou á alcaldía ó cabeza de lista dos primeiros, pasando á oposición o PPdeG. O goberno actual está composto por:

Festas e celebracións

  • Feira rural de Dodro (Festa do Carneiro) o último domingo do mes de xuño.
  • Festas de Teaio (S. Antonio) o día 15 de xullo
  • Festas de Bexo (Virxes do Carme e de Belén e S. Mauro) o venres e sábado seguintes ó 16 de xullo.
  • Festas de Dodro (S. Campio, S. Roque e Santa Lucía) dende o domingo, luns e martes seguintes ó 15 de agosto.
  • Festas de Lestrobe (Aflixidos) o último domingo do mes de agosto e o luns e martes seguintes.
  • Festas de Imo e Castro (S. Roque e Virxe das Dores) o primeiro domingo de setembro e o luns seguinte.
  • Festas patronais da Virxe do Leite o domingo, luns e martes seguintes ó 8 de setembro.
  • Festas de Manselle (Virxe das Dores) o último domingo do mes de setembro.
  • Festas de Tallós (S. Antonio) a fin de semana máis próxima ó 17 de xaneiro.
  • Romaría da Cruz do Avelán (xunto ó cruceiro do mesmo nome) a principios do mes de xuño.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Dodro.

Lugares de Dodro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Dodro vexa: Lugares de Dodro.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dodro

Dodro (Santa María) | Laíño (San Xián) | San Xoán de Laíño (San Xoán)

Dodro na cultura popular

  • Como chove miudiño,/ como miudiño chove,/ pola banda de Laíño,/ pola banda de Lestrobe.

Véxase tamén

Modelo:Véxase

Outros artigos

Ligazóns externas