Augaforte: Diferenzas entre revisións
Categorizo e engado interwikis |
|||
Liña 21: | Liña 21: | ||
[[en:Etching]] |
[[en:Etching]] |
||
[[eo:Akvaforto]] |
[[eo:Akvaforto]] |
||
[[es:Aguafuerte]] |
|||
[[et:Ofort]] |
[[et:Ofort]] |
||
[[fi:Etsaus]] |
[[fi:Etsaus]] |
Revisión como estaba o 16 de abril de 2011 ás 10:48
A Augaforte é un proceso de impresión no que un ácido forte penetra nas partes desprotexidas dunha lámina de metal coa intención de realizar un gravado na propia lámina (ese é o proceso orixinal- actualmente pódense empregar outros produtos químicos e láminas doutros materiais). Xunto co gravado é unha das técnicas máis empregadas nas antigas obras de impresión, e aínda hoxe é amplamente usada.
O método
A lámina de metal (normalmente de cobre, zinc ou aceiro) é cuberta cunha capa de graxa ou verniz resistente ó ácido [1]. Despois escárvase a capa con axuda dunha agulla [2] ou dun buril [3] para debuxar as liñas que se quere que aparezan na obra final (e que se corresponden coas zonas do metal que quedan ó descuberto). Unha vez feito o debuxo, a lámina introdúcese nun baño de ácido ou aplícaselle ácido por riba [4]. O ácido ataca as partes descubertas da lámina de metal debuxando así toda unha serie de liñas. A capa sobrante de graxa ou verniz retírase. Posteriormente aplícaselle tinta á lámina e límpase a superficie de xeito que só quede tinta nas liñas debuxadas polo ácido.
A lámina introdúcese nunha prensa de impresión de alta presión xunto cunha lámina de papel (previamente humedecida para amolecela) [5]. O papel absorbe a tinta da lámina conseguindo así un debuxo do gravado do ácido. O proceso pode repetirse máis veces, cada lámina pode dar lugar a centos de impresións sen sufrir un desgaste considerable.
A augaforte foi combinada normalmente con outras técnicas de impresión coma poden ser o gravado (no caso de Rembrandt) e a augatinta (no caso de Goya).