Xosé Manuel García: Diferenzas entre revisións
+cat |
indexcat |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
=== Véxase tamén === |
=== Véxase tamén === |
||
*[[Eleccións municipais en Carnota]] |
*[[Eleccións municipais en Carnota]] |
||
{{DEFAULTSORT: Garcia Martinez, Xose Manuel}} |
|||
[[Categoría:Alcaldes de Carnota|Garcia, Xose Manuel]] |
[[Categoría:Alcaldes de Carnota|Garcia, Xose Manuel]] |
||
[[Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG|Garcia, Xose Manuel]] |
[[Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG|Garcia, Xose Manuel]] |
Revisión como estaba o 14 de abril de 2011 ás 10:23
Xosé Manuel García Martínez é medico e foi alcalde de Carnota.
Naceu en Lira no ano 1954. Doutor de profesión, tras varios anos exercendo como médico de cabeceira en diversos lugares de Galiza, actualmente é o médico titular da Casa do Mar de Muros.
Manolo García comezou a interesarse pola política desde a súa época universitaria, militando daquela na formación estudantil nacionalista ERGA. Cando se desprazou a traballar a Muros, comezou a súa participación na vida política de Carnota desde a Asemblea Local do BNG, que o levou a encabezar a candidatura local no ano 1995, pasando a ser lider da oposición nesas mesmas eleccións, destacando xunto cos seus compañeiros pola intensa labor de control do daquela goberno do PP, e a maduración das vías do nacionalismo para acadar a alcaldía.
Foi elixido de novo como candidato do BNG de Carnota para as Eleccións Municipais de 1999, ano no que o BNG alcanzou a cifra de 5 concelleiros de 13 posíbeis, chegando así á alcaldía que revalidaría no ano 2003.
No 2007 rexeita volver a presentarse a candidato do BNG de Carnota a revalidala alcaldía por problemas de saúde, co que pecha así un intenso ciclo dedicado á política activa e en especial ao concello que gobernou durante oito anos.
Predecesor: José Domingo Cipriano Oreiro |
Ficheiro:Escudo Carnota.jpg alcalde de Carnota 1999-2007 |
Sucesor: José Domingo Cipriano Oreiro |