Mi Tierra (Ourense): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoacas (conversa | contribucións)
m Recat.
Xas (conversa | contribucións)
m moveu "Mi Tierra" a "Mi Tierra (Ourense)": movo para facer sitio a homónimos
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de abril de 2011 ás 22:07

Mi Tierra foi unha revista gráfica de carácter rexionalista que apareceu en Ourense en xullo de 1911. Fundada por Xerardo Álvarez Limeses e dirixida por Eugenio López Aydillo, pretendía recoller a tradición de La Ilustración Gallega y Asturiana, pero desapareceu aos poucos números. A súa transcendencia estivo no feito de poñer en contacto a Castelao co grupo de intelectuais ourensáns que anos máis tarde daría orixe ao grupo Nós.

Entre os seus colaboradores estaban Antón del Olmet, Vicente Risco, Castelao, Manuel Murguía e Antonio Rey Soto.