Diferenzas entre revisións de «Ad hoc»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
bot Engadido: el:Ad hoc; cambios estética
m (r2.7.1) (bot Engadido: bn:অ্যাড হক)
m (bot Engadido: el:Ad hoc; cambios estética)
'''Ad hoc''' é unha locución [[latín|latina]] que significa literalmente «para isto», formada de preposición máis [[acusativo]] singular neutro do [[demostrativo]] ''hic, haec, hoc''. Xeralmente refírese a unha solución elaborada especificamente para un problema ou fin preciso, e polo tanto, non é xeneralizable nin utilizable para outros propósitos. Úsase, pois, para referirse a algo que é adecuado só para un determinado fin. En senso amplo, ''ad hoc'' pode traducirse como «específico» ou «especificamente».
Exemplo: “Para alumnos que desexen cursar Fotografía, o colexio habilitou unha clase con todo o material ''ad hoc''.
 
== Uso en lóxica ==
Unha hipótese ''ad hoc'' é unha hipótese concreta creada expresamente, xeralmente para explicar un feito que contradí unha teoría.
Algunhas hipóteses non son suficientes por si soas e requiren que se poñan en conxunción con outras, que teñen un carácter instrumental ou auxiliar, e ás que se denominan hipóteses auxiliares. Estas hipóteses cumpren o papel de premisas adicionais, suponse que deben cumprir dous requisitos que son :
# Ser falsables.
# Ser contrastadas con anterioridade ou con independencia das hipóteses fundamentais.
 
De non cumprirse estes requisitos, dirase que se trata dunha hipótese ''ad hoc''. Ou noutras palabras, é un enunciado irrefutable destinado a "blindar" á hipótese principal para salvala da falsación.
 
== Uso en dereito ==
O termo tamén se utiliza en [[informática]] para referirse a consultas en bases de datos ''ad hoc querying'' ou ''ad hoc reporting''. Isto implica que o sistema permite ao usuario personalizar unha consulta en tempo real, en vez de estar atado ás consultas predeseñadas para informes. Xeralmente as consultas ''ad hoc'' permiten aos usuarios con pouca experiencia en SQL ter o mesmo acceso á información da base de datos, para isto os sistemas que soportan ''ad hoc'' posúen GUIs para xeneralas.
 
== Uso en medicina ==
 
Esta locución utilízase para facer referencia a grupos ou comités [''ad hoc''] creados cun fin específico para chegar a elaborar un consenso unificado en determinados temas.
En dereito médico tamén se usa en conxunción ao termo '''lex artis''' xa que esta non é aplicable de forma xeral, senón a unha situación específica ou a un profesional en cuestión.
 
[[da:Ad hoc]]
[[de:Ad hoc]]
[[el:Ad hoc]]
[[en:Ad hoc]]
[[es:Ad hoc]]
76.344

edicións

Menú de navegación