A Coruña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Formato
Sen resumo de edición
Liña 56: Liña 56:
gastocapitalhab= |
gastocapitalhab= |
}}
}}
'''A Coruña''' é unha cidade situada no noroeste de [[Galicia]] e bañada polo [[océano Atlántico]], nas [[rías Altas]]. É a capital da provincia galega da [[Provincia da Coruña|Coruña]] e a principal cidade da [[Comarca da Coruña|súa comarca]], que ademais do seu propio concello inclúe os de [[Abegondo]], [[Arteixo]], [[Bergondo]], [[Cambre]], [[Carral]], [[Culleredo]], [[Oleiros]] e [[Sada]]. É a segunda cidade galega en poboación, despois de [[Vigo]], con 246.047 habitantes (2010).
'''A Coruña''' é unha cidade situada no noroeste de [[Galicia]] e bañada polo [[océano Atlántico]], nas [[rías Altas]]. É a capital da provincia galega da [[Provincia da Coruña|Coruña]] e a principal cidade da [[Comarca da Coruña|súa comarca]], que ademais do seu propio concello inclúe os de [[Abegondo]], [[Arteixo]], [[Bergondo]], [[Cambre]], [[Carral]], [[Culleredo]], [[Oleiros]] e [[Sada]]. É a segunda cidade galega en poboación, despois de [[Vigo]], con 246.047 habitantes (2010). Non obstante, a cidade con 222.769 habitantes constitúe o maior núcleo urbano de Galicia.


Capital de [[Galicia]] entre [[1563]] e [[1981]], é sede do [[Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]], da Delegación do [[Goberno de España|Goberno]] en Galicia, da [[Real Academia Galega]], do [[Arquivo do Reino de Galicia]], da Forza Loxística Operativa e capital da III Rexión Militar Española.
Capital de [[Galicia]] entre [[1563]] e [[1981]], é sede do [[Tribunal Superior de Xustiza de Galicia]], da Delegación do [[Goberno de España|Goberno]] en Galicia, da [[Real Academia Galega]], do [[Arquivo do Reino de Galicia]], da Forza Loxística Operativa e capital da III Rexión Militar Española.

Revisión como estaba o 6 de abril de 2011 ás 23:33

22' 16" N 8° 23' 44" O_E_ 0°N 0°L / 43_22_16_N_08_23_44_W, 43° 22' 16" N 8° 23' 44" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

A Coruña
Logo da Coruña
Bandeira da Coruña
Bandeira
Situación
Xentilicio[1]Coruñés, coruñesa
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación246.056 hab. (2009)[2][3]
Área37,83 km²[3]
Densidade6.504,26 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias[4]
Capital do concelloA Coruña
Política (2007)
AlcaldeFrancisco Javier Losada de Azpiazu (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 6
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 11
Outros: 0
Eleccións municipais na Coruña
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes27%
Na rede
www.coruna.es
Facebook: ConcelloCoruna Twitter: ConcelloCoruna Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Coruña é unha cidade situada no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas rías Altas. É a capital da provincia galega da Coruña e a principal cidade da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. É a segunda cidade galega en poboación, despois de Vigo, con 246.047 habitantes (2010). Non obstante, a cidade con 222.769 habitantes constitúe o maior núcleo urbano de Galicia.

Capital de Galicia entre 1563 e 1981, é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia, da Forza Loxística Operativa e capital da III Rexión Militar Española.

O seu emprazamento é privilexiado, xa que se ergue sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da cidade espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, polo que presenta dúas fachadas marítimas distintas: A Portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas.

Unha das características máis notables que identifican á Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Topónimo

Etimoloxicamente, probablemente provén dunha raíz indoeuropea *k-r "pedra", "rocha" (no 991 aparece documentado Crunia, en alusión ás características rochosas do entorno da Torre de Hércules, torre construída sobre unha pena ou unha rocha[6]). Non se pode desbotar a hipótese de Clunia, derivada dun substantivo celta *clunia, "pradería", "lugar húmido", "fonte", topónimo similar a Cluny.

No estado español e na Unión Europea a única denominación oficial é A Coruña, independentemente da lingua empregada.

O 21 de decembro de 1989 o Tribunal Constitucional ditaminou que a aprobación da alteración ou cambio de nome dos concellos é a típica competencia de execución en materia de réxime local que, conforme co marco constitucional de distribución de competencias, os Estatutos de Galicia e de Cataluña atribúen ás súas respectivas Comunidades Autónomas. O 2 de novembro de 2004 o Concello da Coruña aprobou a cooficialidade da forma La Coruña amparándose na Lei de grandes cidades. No outono de 2005 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nulos estes acordos do concello sobre toponimia[7].

Finalmente, o Concello da Coruña decidiu adoptar o topónimo A Coruña para tódalas xestións e como nome oficial da cidade, abandonando así os seus intentos de conservar o topónimo en castelán[8].

Símbolos

Escudo da Coruña.

O característico escudo da cidade está moi presente no mobiliario público, representado en farois, papeleiras e ata no pavimento urbano. Está formado por un fondo azur, no que está representada a Torre de Hércules, asentada sobre unhas penas e acompañada de sete cunchas de ouro, postas tres a cada flanco e unha en punta. Hai que destacar a presenza dunha caveira con dúas mornas, simbolizando na mitoloxía o triunfo de Hércules sobre Xerión, cuxos restos enterraría nos cimentos do faro.

Segundo esta lenda, Hércules loitou contra Xerión, un rei de Troia. Hércules, que lle viña perseguindo desde Cádiz, ao atopalo na península coruñesa, mantén con el unha loita cruel da que sae vencedor Hércules, decapitando ao vencido Xerión nunha pequena península chea de grandes pedras, xunto ao mar. Na honra ao inimigo vencido, edificou encima a famosa Torre, que figura no escudo da Coruña desde 1521.[9]

Historia

Artigo principal: Historia da Coruña.
Torre de Hércules, faro da época prerromana, aínda en servizo.

A cidade estendeuse a partir da construción na restinga formada entre a illa onde hoxe se asenta a Torre de Hércules e o continente. A parte máis antiga, coñecida popularmente como Cidade Vella, Cidade Alta ou A Cidade, está edificada sobre un castro[Cómpre referencia]. "O Centro" era A Pescadaría, e nela asentábase o gremio dos mareantes.

Asúmese que A Coruña pode ser a poboación que Ptolomeo menciona no século II d.C. como Brigantium; estaría habitada polos Ártabros. Os romanos asentáranse nela nos séculos II e I a.C. e esta vila comezou a medrar, en particular durante os séculos I e II d.C. (cando se constrúe a Torre de Hércules), para decaer a partir do século IV d.C. e especialmente coas incursións normandas, que parece que fixeron fuxir a poboación cara ao interior da ría do Burgo.

Praza de María Pita.

A poboación recibe na alta Idade Media o nome de Faro (non confundir con Burgo de Faro, que foi a poboación que no século XII chegou a ter certa importancia coa encomenda templaria e comprende a extensión entre O Burgo e O Temple, cara ao concello de Culleredo tras a Ponte da Pasaxe.

En 1208, o rei galego-leonés Afonso IX refunda Crunia como porto de reguengo (iuxta Turrim de Faro in loco qui dicitur Crunia) e a vila enceta un grande desenvolvemento mercante e pesqueiro. A cidade medra e esténdese polo tómbolo da península. Os Reis Católicos instalan nesta cidade a Real Audiencia do Reino de Galicia, abandonando Compostela, para evitar así a intromisión arcebispal. A Coruña será tamén a sede do Capitán Xeral. A Xunta do Reino de Galicia consegue entre 1522 e 1529 que Carlos I lle conceda a Casa da Especiaría, o que lle permite distribuír en Europa as especias. Autorízase o comercio coas Indias entre 1529 e 1575.

A partir de 1764, coa instalación dos Reais Correos Marítimos a América, A Coruña adquire o pulo portuario e comercial definitivo. Créanse o Consulado do Mar e restáurase a Torre de Hércules. En 1804 creouse a Fábrica Nacional de Cigarros, berce do movemento obreiro e durante o século XIX fóronse instalando lentamente outras industrias (vidro, fundición, tecidos, gas, mistos, etc., aínda que foi o comercio marítimo e a emigración o que atraeu os investimentos cataláns, maragatos, belgas, franceses ou ingleses. O Banco de La Coruña fundouse en 1857 e a Caja de Ahorros en 1876. Tamén influíu no desenvolvemento económico a nova división provincial de 1832, que reduciu o número de provincias de 7 a 4 e aumentou a actividade burocrática administrativa. Como consecuencia, A Coruña converteuse na capital rexional de facto.

O Almirante Drake saqueou a cidade no 1589.
Mapa da Batalla de Elviña no 1809.

Nesta cidade reuniu Carlos I as Cortes que o coroarían emperador; do seu porto partiu en 1554 Filipe II para casar con María Tudor e en 1588 a Armada Invencible. Francis Drake cercouna en 1589 durante a batalla contra Armada Inglesa pero foi rexeitado e naceu entón o mito de María Pita cando esta muller colleu a arma do seu home morto e continuou disparando. En 1809, durante a Guerra da Independencia española, as tropas francesas acosaron ás inglesas que fuxían e o xeneral inglés Sir John Moore morreu na Batalla de Elviña. En 1815, o mariscal Porlier pronunciouse contra Fernando VII e marchou co exército sobre Santiago; preso, foi enforcado no Campo da Leña. En todos os levantamentos do século XIX, A Coruña aliñouse do lado liberal. A Coruña xogou tamén un papel vital no Rexurdimento e nela se fundaron a Real Academia Galega en 1906 e as Irmandades da Fala en 1916.

A comezos do século XX, A Coruña contaba cuns 45.000 habitantes, que se multiplicaron até os 100.000 despois da Guerra civil española. A partir da década de 1960, recobrou a iniciativa empresarial que perdera desde comezos de século da man do grande promotor da cidade, Pedro Barrié de la Maza (Banco Pastor, Fenosa, Aluminios de Galicia, Genosa, Emesa, etc.); obtivéronse tamén a refinaría de petróleo e algúns dos primeiros Polos de Desarrollo.

Xa na democracia, aprobouse o Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, co que A Coruña perdeu a capitalidade de Galicia, que mantiña desde 1563,[10] en beneficio de Santiago de Compostela.

Desde 1983 ata 2006 foi alcalde Francisco Vázquez Vázquez, que acometeu unha renovación da súa fisionomía e a conversión nunha cidade de servizos, pero tamén contou con críticas pola súa falta de respecto á lingua galega e pola súa actuación urbanística. O 20 de xaneiro de 2006 o Consello de Ministros nomeou a Paco Vázquez embaixador no Vaticano, co cal tivo que deixar o seu posto de alcalde. Dende o momento da súa renuncia, o alcalde da Coruña é Javier Losada.

No ano 2008 celebrouse o 800 aniversario de refundación da Coruña por Afonso IX en 1208 e o 200 aniversario da batalla de Elviña, feito que marcou profundamente a vida dos coruñeses da época.

O 29 de xuño de 2009, a Torre de Hércules, o milenario símbolo da cidade, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, tras unha intensa campaña de apoio tanto institucional como cidadán.

Demografía

Panorámica da ría e o porto pesqueiro

A poboación da cidade é de 246.056 habitantes no 2009, ós que se lle aplica o xentilicio de coruñeses (s., coruñés). Deles 12.037 son estranxeiros, o que representa un 5% do total. Os 246.056 habitantes do concello coruñés repártense no 2009 en 8 diseminados e 39 núcleos poboacionais, entre os cales se atopa o núcleo urbano, que con 222.769 habitantes constitúe o maior núcleo de poboación de Galicia segundo o INE[11]. A poboación da súa comarca alcanza os 393.470 habitantes (INE 2008), estendéndose por oito concellos colindantes: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

Tamén é salientable que fóra da comarca, pero a corta distancia e conectado á rede de autoestradas, atópanse importantes e densas áreas industriais como Carballo (30.990 habitantes), e a comarca de Ferrol (163.158 habitantes), un dos centros industriais de Galicia. Isto enmarca á Coruña no contexto dunha Conurbación Noroeste de Galicia (conurbación do Golfo Ártabro) de máis de 650.000 habitantes. Están a executarse proxectos que reforzan esta visión, como os Portos Exteriores da Coruña e Ferrol, que están a converter a costa noroeste galega nun centro integrado loxístico estratéxico do noroeste peninsular.

Evolución da poboación

Segundo o INE:

Evolución da poboación desde

1900 ata 2010

1900

1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2010

44.057

49.290 63.610 71.511 98.534 127.518 173.661 189.548 231.821 246.531 236.782 246.047


Evolución demográfica.

O ritmo de crecemento poboacional observado dende comezos de século tende a descender no concello central fundamentalmente por dous factores:

  • Descentralización residencial: estase a producir un continuo desprazamento das áreas de residencia cara os concellos da área metropolitana, onde viven máis de 100.000 habitantes, motivado pola falta de solo e de vivenda que causa unha grande actividade especulativa. Unha situación como esta non favorece o establecemento de novas familias ou a emancipación dos mozos. Tamén a orientación da demanda cara ás vivendas unifamiliares, baleira amplas zonas da cidade, especialmente o centro histórico -chamado Cidade Vella-, onde a poboación residente non chega ós 20.000 habitantes.
  • Crecemento vexetativo negativo: dende o ano 1991 na Coruña morren máis persoas das que nacen. O número de defuncións superaba en 1991 nun 20% ao de nacementos. O ano 2008 é o primeiro no que se rompe esta racha, cun saldo vexetativo lixeiramente positivo (2.238 nacementos por 2.232 defuncións).

A pesar destes datos, a poboación semella volver a medrar. Isto é debido á inmigración, se ben esta inmigración era nos anos oitenta e noventa do século XX de emigrantes retornados, profesionais e retirados, poboación madura polo tanto. A comezos do século XXI, a maior parte de inmigrantes é de xente nova de Sudamérica sobre todo, sendo en menor medida os procedentes dende Extremo Oriente, África Subsahariana e Europa oriental. Así, A Coruña consegiu recuperar case toda a súa poboación, situándose no 2009 a só 897 habitantes (246.056) do seu récord poboacional (246.953 habitantes) acadado en 1991.

Política

Xeografía

As cinco parroquias que compoñen o concello da Coruña.

A cidade está situada no extremo noroccidental da Península Ibérica, pertencendo a un saínte de terra da provincia da Coruña, entre a ría da Coruña, que baña o lado este da cidade, e a enseada do Orzán, que baña as principais praias da cidade situadas no lado oeste da mesma.

Limita ao norte co Océano Atlántico, ao suroeste co concello de Arteixo, ao leste co concello de Oleiros e a ría da Coruña, e ao sur co concello de Culleredo.

O concello está formado por cinco parroquias: A Coruña, Elviña, Oza, San Cristovo das Viñas e Visma. A parroquia máis poboada é a da Coruña, que corresponde á propia cidade, estando as outras pouco poboadas. As parroquias aglutinan un total de 45 entidades de poboación.

Clima

Climograma da Coruña

O clima da cidade da Coruña é oceánico. Ao tratarse dunha cidade costeira, impide que exista unha gran diferencia de temperatura entre as catro estacións do ano e entre as temperaturas máximas e mínimas do día. Os invernos son suaves e chuviosos e os veráns temperados, e hai precipitacións combinadas con tempadas de sol. Ten unha humidade anual media que ronda o 75%.

As temperaturas non adoitan superar os 30 °C nin baixar dos 0 °C, sendo as temperaturas históricas rexistradas na cidade: 39,6 °C de máxima en 1961, e -3,0 °C de temperatura mínima en 1948.

Observatorio da Coruña (58 msnm)
(1971-2000)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura media (°C) 10,4 10,9 11,7 12,5 14,4 16,7 18,7 19,2 18,2 15,6 13,0 11,5
14,4
Precipitacións (mm) 128 102 79 85 80 42 30 35 68 110 114 135
1008
Fonte: AEMET

Economía

Sede do Banco Pastor

O termo municipal da Coruña é o pulmón dos sectores comercial e de servizos de toda a área metropolitana e a máis importante área nestes dous aspectos de toda Galicia e do noroeste penínsular.

Estes dous sectores representan máis das tres cuartas partes da totalidade da actividade económica do termo municipal. Os sectores da industria e da construción incrementaron a súa participación económica na cidade nos últimos anos; non obstante a súa localización xeográfica radica principalmente nos municipios situados na área metropolitana.

Segundo o informe Ardán, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, A Coruña é actualmente a comarca máis próspera de Galicia, e un dos seus motores económicos. O seu PIB empresarial é de 3.486 millóns de euros, representando máis do 33% del total de Galicia no ano 2007. A cidade conta cun orzamento consolidado de máis de 212 millóns de euros anuais, a repartir entre os gastos do Concello e as súas dúas principais empresas, a Compañía de Aguas da Coruña (que dá servizo a gran parte da provincia) e a Compañía de Tranvías da Coruña, que ten a concesión dos autobuses urbanos e do tranvía da cidade.

A cidade é o meirande centro financeiro e de negocios de Galicia. Sede das entidades financeiras Banco Pastor e Caixa Galicia. Na cidade atópanse sedes de algunhas empresas importantes como a cervexeira Estrella Galicia, a empresa de telecomunicacións R, o diario La Voz de Galicia, a promotora inmobiliaria Martinsa-Fadesa, a refinería de Repsol YPF, a planta de aluminios de Alcoa ou a fábrica de armas de General Dynamics (antiga Santa Bárbara). A cidade conta con dous pazos de Congresos, e outras institucións relacionadas como o Club Financeiro da Coruña. Recentemente finalizou a construción do Recinto Feiral da Coruña, chamado Expocoruña.

Porto

Vista parcial do Porto da Coruña.
Torre de control do Porto da Coruña.
Artigo principal: Porto da Coruña.

O Porto da Coruña é un dos motores económicos da cidade, con seis quilómetros de peiraos e preto de un millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coke) e contedores. É o segundo de España en canto a pesca fresca desembarcada, só despois do de Vigo, con 43.108 toneladas no 2009. No ano 2009 movéronse 1.460.316 toneladas de mercadorías no porto, o que supón un decremento total do -13,31% respecto o 2008, o que o converte no segundo porto de mercadorías de Galicia, tras o de Vigo, con 3.073.507 toneladas, e seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (562.555 toneladas).[12] Este tráfico está dividido en:

  • Graneis líquidos, con 6.820.497 toneladas no 2009. Destaca o crecemento en Petróleo Cru, e o descenso en gasolinas, debido á forza da divisa europea que dificulta as exportacións no sector.
  • Graneis sólidos, con 3.215.589 toneladas no 2009 e centrado no trigo, o millo e o carbón, con tendencia descendente.
  • Mercadorías xerais, con 1.460.316 toneladas no 2009, protagonizadas pola palanquilla, alambrón e ferros.
  • Tráfico de contedores, no que o Porto da Coruña inaugurou recentemente unha nova liña co X-Pres Container, a sumar á existente tradicionalmente con OPDR. O notable incremento nas Mercadorías xerais está a diversificar o traballo portuario, e proporciona máis opcións de crecemento.
  • Pesca fresca, con 43.108.000 kg.
  • Tráfico de cruceiros, con 53.574 pasaxeiros no 2009, nuns 60 cruceiros.

Recentemente comezou a construción do Porto Exterior da Coruña no concello limítrofe de Arteixo, que ampliará enormemente as instalacións portuarias e as desprazará fóra da cidade. Xunto co Porto Exterior de Ferrol vai constituír unha das zonas industriais marítimas e loxísticas máis importantes da Unión Europea[Cómpre referencia].

Industria

Polígono industrial da Grela-Bens

Nos seus límites locais, a cidade conta con dous polígonos industriais: o da Grela-Bens, o primeiro parque industrial en extensión de Galicia con máis de 600 empresas, e o de Pocomaco, que dá servizo a unhas 400 empresas. Na área metropolitana están situados outros importantes polígonos, principalmente na zona suroeste (Arteixo e Culleredo), como o Polígono de Sabón, que alberga a sede central da multinacional Inditex e a central térmica de Sabón, entre outras industrias. Outros polígonos destacables da área metropolitana son os de Alvedro, Barcala, Meicende e Espírito Santo.

Os grandes motores industriais dentro dos límites municipais son a refinería de petróleo de Repsol, inaugurada en 1967, e a metalúrxica de aluminios.

Turismo

O Turismo na Coruña foi en aumento nos últimos anos ata chegar a recibir 62 cruceiros ao ano. Un dos impulsores deste turismo é o paseo marítimo que bordea toda a cidade. Mide actualmente 10 quilómetros e medirá máis de 13 cando se termine. Existe ademais un tranvía e un carril bici que o percorre na maior parte do traxecto. Ademais, trátase dun paseo cultural, porque á súa beira situáronse varios museos da cidade como poden ser a Casa do Home ou a Casa dos Peixes. No paseo tamén podemos atopar o Castelo de San Antón, que contén o museo arqueolóxico, ou a Torre de Hércules.

Baía do Orzán vista desde o monte de San Pedro. Pódese observar a Torre de Hércules no extremo esquerdo da panorámica.

As dúas principais praias da Coruña, Orzán e Riazor, están situadas en pleno corazón da cidade e están bordeadas polo mencionado paseo marítimo. Esta localización convérteas nun gran atractivo para os turistas, sendo ademais punto de encontro de surfeiros boa parte do ano. Ademais, a cidade dispón doutros areais como As Lapas, Adormideras ou a praia de Oza.

Importante festa declarada de interese turístico é a noite de San Xoán, celebrada cunha multitudinaria festa de fogos artificiais, desfile, queima de falla e as milenarias fogueiras en todas as praias urbanas ata ben entrado o amencer.

No ano 2006 e por primeira vez na súa historia, a cifra de turistas duplicou á poboación da cidade, chegando ao medio millón de visitantes.

A cidade conta cunha ampla rede de hoteis, cadeas internacionais e negocios locais, que ofrecen entre ambos unha oferta hostaleira de máis de 3.500 camas. A Coruña conta cun hotel de cinco estrelas, o Hotel Finisterre (cadea Hesperia), e varios de catro estrelas como o Barceló Afonso Molina, o Trip María Pita, o Trip Catro Camiños, o Hesperia Juan Flórez ou o Eurostars Cidade da Coruña.

Cultura

Universidade

Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Artigo principal: Universidade da Coruña.

A Universidade da Coruña ten a súa sede e varios campus na Coruña (Elviña, A Zapateira, Riazor e Oza), aínda que tamén en Ferrol e Bastiagueiro (Oleiros). Actualmente estudan na Universidade máis de 24.000 estudantes, cun aumento de matriculados do 6% no curso 2010/11. Ademais, a Universidade oferta titulacións únicas en Galicia e mesmo na zona noroeste da Península, como son Arquitectura, Arquitectura técnica, Socioloxía e Ciencia Política e da Administración, Deseño Industrial, Enxeñaría Naval ou Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos.

Na cidade tamén hai un centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Festividades

  • Entroido
  • Noite de San Xoán
  • Feira Medieval
  • Feira de Artesanía Mostrart
  • Festas de María Pita
  • Feira do Libro da Coruña
  • Romaría de Santa Margarita
  • Festival de Habaneiras
  • Salón do Cómic
  • Certame Casas Rexionais

Trasportes e comunicacións

Situación da cidade en España.

Por vía terrestre, a rede de autoestradas e autovías norte-sur comunícana co resto de España e Portugal, mentres que un conxunto de vías rápidas, que circunvala o perímetro da cidade e o seu primeiro anel industrial, culmina a comunicación por estrada.

Os aproximadamente 600.000 habitantes e as industrias que están dentro da zona de influencia das catro rías (A Coruña, Sada-Betanzos, Ares e Ferrol) comunícanse por estrada nun tempo de 30 minutos.

A vía marítima está fortemente consolidada nesta metrópole. Recentemente, acometeuse a modernización portuaria e, na actualidade, lévase a cabo a apertura dun porto exterior no oeste da cidade, en punta Langosteira, para aumentar a súa capacidade.

Segundo previsións oficiais, todo isto estará apoiado dentro duns anos por axeitadas conexións internas e externas; as internas, na cidade e na súa área de influencia, facilitarán a mobilidade cun sistema intermodal de comunicación (vías rápidas -inclúe a terceira circunvalación-, autobuses, metro lixeiro e tren de proximidades), e as externas conformarán un sistema viario de autoestradas e autovías, ferroviario -tradicional e de alta velocidade- e conexións aéreas e marítimas tanto nacionais como internacionais.

Estradas

Entrada á cidade.

A cidade está servida por tres arterias principais de acceso:

  • A autoestrada AP-9, que conta con dous ramais, un que vai cara ao sur e conecta a cidade con Santiago, Pontevedra, Vigo e Portugal, e outro ramal desvíase en dirección norte e cruza as localidades de Miño e Pontedeume para chegar a Ferrol. A N-550 ten o mesmo itinerario. A autoestrada entra na cidade a través da Avenida de Afonso Molina, que é a principal arteria da cidade, con máis de 140.000 vehículos diarios.[13]

Ferrocarrís

Interior da estación de San Cristovo.

A estación de San Cristovo, remodelada en 1991, concentra o tráfico ferroviario da cidade e está situada no centro. Dende A Coruña parten tres liñas de longa distancia de Renfe Operadora: a Madrid e Barcelona con dous servizos diarios, a Bilbao e Irún cun servizo diario, e a Alacant cun servizo os sábados. A estas liñas súmanselles os corredores rexionais de Renfe con Santiago, Monforte, Ferrol e Vigo; o tráfico con esta última cidade sumou en 1999 a cantidade de 450.000 viaxeiros aproximadamente. Está previsto o tren de alta velocidade a Vigo a través do eixe atlántico que conectará con Portugal, e a Madrid, o que completará o servizo ferroviario da Coruña.

Existe asemade outra pequena estación na parroquia de Elviña, chamada Elviña-Universidade, que da servizo á Universidade da Coruña e a devandita parroquia; e unha estación de mercadorías que serve ó porto, chamada estación de San Diego. As principais actividades desta última son a exportación de madeiras, ferro, cinc, carbón e colectores procedentes do porto.

Está en proxecto unha estación intermodal a modo de intercambiador, que concentre ademais ós buses interurbanos e que contaría tamén cunha parada de metro lixeiro[14].

Ademais o concello está levando a cabo un proxecto xunto coa Xunta e os concellos limítrofes para crear o servizo de Proximidades Renfe da cidade, que conectará cos principais núcleos de poboación da zona.

Aeroporto

Aeroporto de Alvedro.
Artigo principal: Aeroporto da Coruña.

A Coruña conta cun remodelado aeroporto, coñecido como aeroporto de Alvedro, situado a 10 km do centro da cidade, no concello de Culleredo. Conta cunha reducida pista de 1'9 quilómetros e un moderno sistema anti-néboa, que entrou en servizo a comezos de 2008. Durante os últimos anos foi o aeroporto galego que máis creceu, duplicándose o número de pasaxeiros en tres anos[15] e alcanzando durante 2008 os 1.175.000 pasaxeiros, sendo o segundo aeroporto de Galicia que mellor soportou a crise aeroportuaria,[16] dando un balance positivo de crecemento no período 2004-2008 dun 205% por número de viaxeiros.[17]

O aeroporto de Alvedro conecta a cidade herculina con varios destinos peninsulares, segundo a época do ano. Conta con conexións estables con Madrid, Barcelona, Sevilla e Tenerife. Na época invernal existe conexión co aeroporto de Huesca (porta ós Pirineos). Tamén existen conexións internacionais cos aeroportos de Londres-Heathrow, París-Charles de Gaulle e Lisboa.

A proximidade do aeroporto da Lavacolla (30 minutos por autoestrada) permite que poida ser tamén empregado como plataforma complementaria das comunicacións aéreas da Coruña, e viceversa.

Actualmente estase a remodelar e ampliar o aparcadoiro do aeroporto, e están en curso xestións para amplia-la pista que, con 1.900 metros, é a segunda máis pequena dos aeroportos comerciais de España (trala de San Sebastián).

Autobuses e metro lixeiro

Tranvía no Paseo Marítimo da Coruña.

A recuperación do tranvía urbano circundando o extenso paseo marítimo da cidade, creou unha infraestrutura ferroviaria básica que planéase consolidar nunha rede de Metro Lixeiro[18] a medio prazo, con 3 liñas proxectadas: Monte Alto-Universidade, Los Rosales-Praza de Pontevedra, e outra circular con dúas ramificacións -a actual do tranvía coa súa extensión e a liña Los Rosales/centro intermodal.

A estación de autobuses da Coruña dá servizo a preto de 25.000 pasaxeiros diarios. Unha media de 1.100 autocares operan cada día con destino a diferentes puntos de Europa, España e Galicia.

A cidade tamén conta cunha gran rede de autobuses, a máis tupida de España, xa que ningún habitante atópase a máis de 300 metros dunha parada. Conta con 23 liñas de autobús, explotadas pola Compañía de Tranvías da Coruña.[19]

Sitios de interese

A Torre de Hércules

Torre de Hércules.
Artigo principal: Torre de Hércules.

A Torre de Hércules é sen dúbida o monumento máis coñecido e visitado da cidade. Situada nunha pequena península, ten unha altura de 68 metros e é o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Foi construída no século II durante a época de Traxano. Nunha inscrición na pedra consta o nome de C. Servius Lupus, arquitecto da rexión de Lusitania, e a dedicación da torre a Marte Augusto. A fachada actual, neoclásica é froito da súa restauración no século XVII. Pódese acceder ao alto da torre por unha escaleira interior de 239 chanzos. Desde alí hai unhas magníficas vistas da ría e a cidade da Coruña.

O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Xunto á torre atopamos a Rosa dos Ventos de Xabier Correa Corredoira (1994), que inclúe nos seus motivos por un lado os países celtas e por outro Tarsis, patria de orixe de Xerión, que foi derrotado por Hércules segundo a lenda.

Paseo Marítimo

Paseo Marítimo
Ascensor esférico do Monte San Pedro.
Artigo principal: Paseo marítimo da Coruña.

A Coruña conta co paseo marítimo urbano máis longo de Europa[20], con preto de 10 quilómetros continuos ó borde do mar. Cando se termine medirá máis de 13 quilómetros. O Paseo Marítimo pasa por moitos lugares de interese na cidade, como a Casa do Home, a Casa dos Peixes, a Torre de Hércules ou o Castelo de San Antón, podéndose percorrer a pé, automóbil, bicicleta ou tranvía.

A apertura do último tramo do Paseo Marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do Océano Atlántico. Cabe destacar o Ascensor esférico do Monte San Pedro. Os seguintes tramos en construción e proxección traspasan xa os límites do concello da Coruña, transformando zonas en espazos de esparexemento e ocio.

A Mariña

Un dos atractivos turísticos da Coruña son as galerías.

O barrio da Mariña constitúe unha das zonas máis belas da Coruña, situado xunto ao porto. Nas fachadas das casas deste barrio atopamos as famosas galerías que lle deron renome mundial, ata tal punto que a cidade é coñecida como A Cidade de Cristal.

Estas galerías, típicas das Rías Altas, empezáronse a construír a finais do século XVIII e principios do século XIX para protexer terrazas e balcóns do vento e da brisa mariña. Posúen detalles e adornos minuciosos, nos que predominan os contrastes de brancos, verdes e vermellos.

Zonas comerciais

A zona comercial tradicional da cidade fórmaa a rúa Real, situada no barrio da Pescadería. Esta rúa peonil segue a ser o principal eixo comercial e de lecer dos coruñeses. No seu entorno xurdiron novas arterias comerciais como as rúas Olmos, Galera, Barrera e Franxa (onde se sitúan as tascas e marisquerías máis típicas da cidade); a rúa Rego de Auga, coa sede do Teatro Rosalía, da Biblioteca da Deputación e do Centro Cultural Caixanova ou a praza do Humor, centro do tradicional botellón coruñés e dedicada aos principais humoristas e escritores galegos. A recente apertura do Centro de Ocio El Puerto, con múltiples tendas e multicinemas, é a última actuación de importancia na zona.

Obelisco dos Cantóns

Por outra banda, na actualidade a actividade comercial da cidade non se limita só á zona centro. Pódese dicir que A Coruña é unha cidade policéntrica, xa que a actividade comercial se acha espallada polos distintos barrios herculinos.

Outra zona de grande importancia comercial está situada nos arredores da Praza de Catro Camiños. As primeiras grandes superficies comerciais da cidade asentáronse neste barrio a principios dos anos 80.

A política de peonalización de diversas rúas da cidade deu un pulo definitivo a determinados barrios, xurdindo "subcentros" comerciais en zonas anteriormente máis abandonadas ou con menor vocación comercial. Nesta categoría podemos destacar: rúa Gaiteira (barrio da Gaiteira), rúa Ángel Senra (Os Mallos), Centro Comercial Elviña, etc.

A Coruña conta cunha rede de mercados municipais. A materia prima que surte estes Mercados é especialmente o peixe e o marisco, traído diariamente das poxas de Pescado Fresco que ten lugar nas Lonxas do Porto da Coruña. No casco urbano atopamos 7 mercados principais: San Agustín (Pescadería), Santa Lucía (Barrio da Falperra), Elviña (remodelado e convertido en centro comercial), Praza de Lugo (rehabilitado e convertido tamén en centro comercial), Mercado das Conchiñas, Mercado de Ramón Cabanillas, Mercado de Monte Alto, etc.

Teatros e Cines

Palacio da Ópera da Coruña.

Área metropolitana:

Zonas de ocio

A zona de ocio nocturna por antonomasia na cidade é coñecida popularmente como "O Orzán", e sitúase á beira de dita praia. Nas rúas principais como Juan Canalejo, Sol e A Torre sitúanse a maioría de pubs e locais de ocio nocturno. Outras zonas de ocio, especialmente nas primeiras horas da noite, son Juan Flórez, Praza de España, Matogrande e a Cidade Vella (arredores da Praza de Azcárraga e rúa Santo Domingo).

Tralo peche das principais discotecas, os locais 'after-hours' sitúanse na zona de Juan Flórez.

Monumentos

Obelisco Millenium

Ademais da Torre de Hércules, hai outros monumentos a destacar na cidade:

Así mesmo existen outros monumentos de arte contemporáneo, entre os que destacan:

Praias

Praia de Riazor nun soleado día de verán.
Praia do Orzán, pola noite.

As praias máis coñecidas da Coruña son a praia de Riazor e a praia do Orzán, pola situación en pleno centro da cidade. Ambas praias acadan ano tras ano a Bandeira Azul, o máximo distintivo outorgado pola Unión Europea para certificar a calidade da praia e as súas infraestruturas colindantes. Ademais das praias de Riazor e do Orzán, atopamos outras praias no casco urbano, a saber:

Ademais na área metropolitana atopamos outras praias:

Museos

Peixes no acuario da Coruña.
Casa do Home, obra do arquitecto Arata Isozaki.
Casa das Ciencias

Área metropolitana:

Salas de Exposicións

Área metropolitana:

Deporte

O equipo do Deportivo da Coruña en 2008

Na cidade destacan equipos profesionais como o Deportivo ou o Liceo. Ambos destacan pola súa presenza nas máximas categorías, polos seus títulos e polas participacións en competicións europeas.

O club máis representativo da cidade é o Real Club Deportivo da Coruña, máis coñecido como Dépor. Actualmente é o único equipo de fútbol galego que xoga na Primeira División Española. Fundado en 1906, o Deportivo foi campión de Liga na tempada 1999-00 e subcampión noutras cinco ocasións. Ademais foi campión da Copa do Rei en 2 ocasións e da Supercopa de España en 3. O equipo disputou cinco tempadas consecutivas a Liga de Campións chegando a unha semifinal, e tamén foi campión da Copa Intertoto en 2008. O Deportivo xoga os seus partidos no famoso Estadio Municipal de Riazor.

Ademais hai outros dous equipos de fútbol na Segunda División B. O Montañeros Club de Fútbol, que xurdiu en 1967 como un equipo afeccionado, logrou na tempada 2006-07 o seu primeiro ascenso a Terceira. Só tres anos despois o club lograba debutar en Segunda B. O outro é o filial do Deportivo, o Fabril.

Estadio Municipal de Riazor, onde xoga o Deportivo da Coruña

Outro deporte moi relacionado coa cidade é o hóckey a patíns. O Hockey Club Liceo é o clube deportivo máis laureado de Galicia, con 15 títulos nacionais (6 Ligas e 9 Copas do Rei) e 18 títulos internacionais (4 Copas de Europa, 3 Copas CERS, 2 Recopas de Europa, 5 Copas Continentais e 4 Copas Intercontinentais). Outros equipos son o histórico A.A. Dominicos e o menos coñecido María Pita H.C.

Tamén destacan outras institucións doutros deportes como o Club de Baloncesto Leyma Basket Coruña, que xoga na liga LEB prata; ou en balonmán, o OAR A Coruña. En wáter-polo destacan dous equipos, o Club Natación Coruña-Banco Gallego, club máis importante de Galicia, e o Asociación Coruñesa de Waterpolo.

Ademais A Coruña ten diversas instalacións deportivas municipais como poden ser un campo de golf situado ao pé da Torre de Hércules, un centro hípico, campos de fútbol, portos deportivos e diversos polideportivos, entre outras instalacións.

Nos últimos anos tomaron protagonismo os deportes acuáticos coa organización de diversas regatas e as prácticas, cada vez máis estendidas, de submarinismo e surf.

Cidades irmandadas

A cidade da Coruña está irmandada coas seguintes cidades:

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Coruña.

Parroquias

Para unha lista completa de tódolos lugares do concello da Coruña véxase: Lugares da Coruña.


Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Coruña".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. ITGM
  7. Véxase a resolución do Tribunal Superior de Xustiza sobre o topónimo
  8. "El Ayuntamiento renuncia a la vía judicial para defender el topónimo "La Coruña"". Faro de Vigo 08.07.2008 (en español). 
  9. Enciclográfica. "Escudo da Coruña" (en español).  Parámetro descoñecido |anoacceso= ignorado (Axuda)
  10. La Voz de Galicia. A manifestación máis multitudinaria da historia coruñesa cumpre 25 anos
  11. INE
  12. Estatísticas de tráfico portuario, Puertos del Estado.
  13. "Fomento prevé dobrar o número de carriis nun tramo de Afonso Molina - La Opinión A Coruña". 
  14. Proxecto da estación Intermodal da Coruña
  15. "Alvedro é o Aeroporto que máis creceu, máis dun 51.8%.".  Parámetro descoñecido |anoacceso= ignorado (Axuda)
  16. "Saídas directas" (PDF).  Parámetro descoñecido |anoacceso= ignorado (Axuda)
  17. "Alvedro crece un 200% desde 2004" (PDF).  Parámetro descoñecido |anoacceso= ignorado (Axuda)
  18. Proxecto do Metro Lixeiro da cidade da Coruña
  19. Compañía de Tranvías da Coruña
  20. Artigo do xornal O Xornal sobre o Paseo Marítimo da Coruña
  21. 21,0 21,1 Os irmanamentos dos concellos en Galicia.

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Véxase

Ligazóns externas