Carral: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m * finca > leira
Xoacas (conversa | contribucións)
m Formato
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|43_13_51_N_08_21_19_W|43° 13' 51' ' N 8° 21' 19' ' O}}
{{Coordenadas|43_13_51_N_08_21_19_W|43° 13' 51" N 08° 21' 19" O}}


{{Concello|
{{Concello|

Revisión como estaba o 6 de abril de 2011 ás 22:35

13' 51" N 08° 21' 19" O_E_ 0°N 0°L / 43_13_51_N_08_21_19_W, 43° 13' 51" N 08° 21' 19" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Carral
Escudo de Carral
Casa do Concello
Situación
Xentilicio[1]Carralés
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Coruña
Poboación5.770 hab. (2009)[2][3]
Área48,0 km²[3]
Densidade120,21 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[4]
Capital do concelloCarral
Política (2007)
AlcaldeJosé Luis Fernández Mouriño (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Outros: A.I.DE G. 2
Eleccións municipais en Carral
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes97,91%
Na rede
www.concellocarral.com
editar datos en Wikidata ]

Carral é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca homónima.

Segundo o INE a súa poboación en 2009 era de 5.770 habitantes (5.647 no 2007, 5.579 no 2006, 5.527 no 2005, 5.453 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Carralés.

Evolución da poboación de Carral   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.082 5.661 6.067 6.001 5.453
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello atópase a 17 km da Coruña, limitando con Cambre polo norte, con Ordes polo sur, con Abegondo polo leste, con Cerceda ao oeste e con Culleredo ao noroeste. Ocupa 48 km².

Está definido polos vales dos rios Barcés e Brexa, afluentes do río Mero pola beira esquerda. O río Brexa atravesa o concello en dirección noroeste-nordeste, formando o val entre Tabeaio e o núcleo urbano de Carral. O rio Barcés transcorre diagonalmente polo municipio, servindo nalgúns traxectos como límite con Abegondo. Forma o val de Barcia, de gran riqueza agrícola. Os cumios principais do concello son o monte Xalo (459 m.), San Bartolomé (nas Travesas, de 458 m.) e o monte Castro de Ameás (210 m.)

Historia

O Concello de Carral naceu como tal en 1836, sendo gobernador civil Pío Pita Pizarro. O topónimo procede do núcleo de poboación que serve de capital, situado no camiño entre Santiago de Compostela e A Coruña, polo que circulaba a Carrilana.

Hai restos prehistóricos desde a época do paleolítico, como dólmens, medoñas e mámoas no monte Xalo e en Paleo, zonas onde tamén se atoparon machados, puntas de frecha, elementos de cociña ou muíños. Hai restos castrexos en Paleo, Paiolante, Gosende, Balbén, Ameás, Herves e a Eira dos Mouros.

Na Idade Media o terreo estaba baixo a xurisdición do Conde de Altamira. Carral era lugar de paso dos peregrinos que percorrían o camiño inglés, vía que contaba con tres variantes. Unha delas ía paralela á actual estrada N-550. As outras dúas transcorría polas beiras do rio Barcés.

Fernando III concedeu ao pobo de Carral o título de "Moi Leal" como recoñecemento á afouteza con que o 29 de novembro de 1227 se defendeu o castelo de Baeza fronte ao asedio musulmán. O propio rei III concedeu o privilexio de colocar no escudo unha bordadura de gules con oito aspas de ouro, unha por cada parroquia, en conmemoración daquela fazaña. Despois os Reis Católicos, en 1497, concederon á vila de Carral a Carta de Puebla Real, quedando libre do señorio de Santiago e podendo colocar no seu escudo a coroa real.

En abril de 1846, tralo levantamento contra o presidente do goberno español Narváez, Miguel Solís, Coronel do Estado Maior da Capitanía Xeneral de Galicia proclamou unha Xunta de Goberno de Galicia en contra do goberno de Isabel II. O 23 de abril Solís foi capturado, sendo previsto que fosen xulgados na Coruña. Porén, el e os seus homes foron fusilados tras un falso xuízo en Carral o día 26.

A Liga Galega da Coruña toma a iniciativa de levantar un monumento en memoria dos Mártires de Carral, colocándose a primeira pedra o 23 de abril de 1899, inagurándose o monumento o 22 de maio de 1904 co lema "Aos mártires da liberdade mortos o 26 de abril de 1846. Liga Gallega na Cruña" e cunha praca cos nomes dos oficiais axecutados.

Patrimonio

O pazo de Abrigosa, de estilo barroco, sitúase no lugar de Abrigoso, na parroquia de Vigo. Ten peche de pedra e dous accesos á leira. O edificio, de dúas alturas, ten planta en forma T cun balcón sobresaíndo no alzado orientado o leste. Está cuberto con tellado a dúas aguas. Ten un escudo no alzado sur, e a leira ten dous alpendres.

O pazo de Vilasuso, de estilo barroco, sitúase no lugar de Vilasuso, na parroquia de Sumio, no val do Barcia. De planta angular, ten amplas proporcions, con dous corpos da fachada principal en escuadra. Nun lateral en angulo recto, situase a capela. Na parte superior está a cociña destacando a chimenea. Entre as altas torres da fachada pricipal ten un escudo que reprenda ós Vilardefracos, Bermudez de Castro, Salgado, Santiso, Lobera e Mariño.

O pazo da Ribeira sitúase no lugar da Ribeira, na parroquia de Quembre, á beira do río Barcia e preto de Ponte Lago. Destacan os xardíns, con laberintos de buxos e tres fontes de pedra. A vivenda é un caserío de planta rectangular cuberta de tella a catro augas, realizada en cachotería con cantería en xambas, linteis e esquinas. Na fachada situada cara ao xardín ten un escudo coas armas Salazar e dos Alvarado. A capela esta adicada a San Xoán Bautista.

O pazo de Reboredo sitúase no lugar de Reboredo, na parroquia de Paleo, a carón da estrada N-550. O edificio ten planta paralelepípeda, en forma de escadra, cunha torre de tres alturas ameada integrada nun dos lados. Presenta unha galería engadida construída a mediados do século XX. As esquinas, ocos e cornisas son de cantería. O escudo dos Figueroa é do século XVIII e procede do desaparecido pazo de Tabeaio.

O pazo de Esperante está no lugar de Esperante, na parroquia de Quembre, separado de Cerceda polo Monte Xalo. Ten planta paralelepípeda, con dúas alturas.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Carral

Lugares de Carral

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carral vexa: Lugares de Carral.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carral

Beira (Santa Mariña) | Cañás (Santa Baia) | Paleo (Santo Estevo) | Quembre (San Pedro) | Sergude (San Xián) | Sumio (Santiago) | Tabeaio (San Martiño) | Vigo (San Vicente)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Carral".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Modelo:Véxase


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.