Cera: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Engadido: be:Воск |
m r2.7.1) (bot Engadido: ml:മെഴുക് |
||
Liña 51: | Liña 51: | ||
[[ko:왁스]] |
[[ko:왁스]] |
||
[[lt:Vaškas]] |
[[lt:Vaškas]] |
||
[[ml:മെഴുക്]] |
|||
[[nl:Was (substantie)]] |
[[nl:Was (substantie)]] |
||
[[nn:Voks]] |
[[nn:Voks]] |
Revisión como estaba o 6 de abril de 2011 ás 19:14
As ceras son ésteres dos ácidos graxos con alcohois de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por esterificación dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de abella. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a epiderme de foritos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de auga por evaporación nas plantas.
Rol biolóxico das Ceras
- Protección: debido ó seu carácter altamente hidrófobo, repelen a auga, e a nivel orgánico recobren certos tecidos dándolles consistencia e protección fronte á acción exterior, como lubricantes ou impermeabilizantes en pel, pelo e plumas de animais (lanolina, secreción sebácea, cerume do conduto auditivo); en follas e foritos de plantas. (cutina)
- Estrutural: as ceras frecuentemente se encontran formando cubertas protectoras e impermeabilizantes, normalmente recubrindo as partes aéreas das plantas, flores ou foritos para repeler os parasitos e axudar a conservar a auga do vexetal. Unha aplicación ben coñecida da cera é a formación dos panais das abellas.
Usos da cera
Utilizouse tradicionalmente para facer velas, para iluminación, de gran calidade; para encerar madeiras e coiro, como conservante; para encerar teas, impermeabilizándoas. En cosmética, en forma de cremas ou de ungüentos, debido ás súas propiedades antiinflamatorias e cicatrizantes de moitos dos seus compoñentes. Outra aplicación cosmética é como depilatorio, xa que o vello se adhire a ela e é máis doado de retirar, inda que doloroso.
Na antigüidade empregábase para cerrar os ocos das fiestras en inverno.
A cera tamén é unha sustancia graxa segregada por glándulas polas abellas obreiras xoves. Con ela fan os panais e cerran as súas celas cando están cheas de mel.
Amais, é unha substancia amarelenta segregada por unha glándula que temos os seres humanos nos oídos.