TCP/IP: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Robbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sr:TCP/IP
m r2.7.1) (bot Engadido: mhr:TCP/IP
Liña 43: Liña 43:
[[lt:TCP/IP]]
[[lt:TCP/IP]]
[[lv:TCP/IP]]
[[lv:TCP/IP]]
[[mhr:TCP/IP]]
[[mk:TCP/IP]]
[[mk:TCP/IP]]
[[ml:ടി.സി.പി./ഐ.പി. മാതൃക]]
[[ml:ടി.സി.പി./ഐ.പി. മാതൃക]]

Revisión como estaba o 4 de abril de 2011 ás 19:51

O modelo TCP/IP ou modelo de referencia de Internet é unha descrición abstracta para un deseño de protocolo de rede de comunicación entre ordenadores. Ten unha estrutura moito menos definida que a do modelo OSI, e que se axusta mellor para o seu uso nas redes de comunicación de ordenadores actual.

Non existe un documento que especifique o modelo de xeito oficial, pero habitualmente especificase nun modelo de 4 capas (aínda que existen outros que definen 5 capas).

  • Capa de aplicación. Nesta capa operan os protocolos de nivel superior, como SMTP, FTP, SSH, HTTP, etc...
  • Capa de transporte. Define o control de fluxo e protocolos de conexión. Ocúpase de abrir e pechar conexións, asegurando que os paquetes son realmente recibidos. Fundamentalmente utiliza os protocolos UDP e TCP.
  • Capa de rede. Define as direccións IP, con variados esquemas para encamiñar paquetes dunha IP a outra.
  • Capa de acceso á rede. Describe o equipo que conecta fisicamente o equipo á rede, así como os protocolos de baixo nivel utilizados. En moitos casos esta capa subdivídese en dúas capas, unha física e outra de enlace.