Hollywood: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
m O kinetoscopio non data de 1924
Cheluco (conversa | contribucións)
m elimino un brutal que non é neutral sen referencias.
Liña 3: Liña 3:
'''Hollywood''' é un barrio situado nos alfoces de [[Os Ánxeles]], en [[California]].
'''Hollywood''' é un barrio situado nos alfoces de [[Os Ánxeles]], en [[California]].


Está considerado como a "meca" do [[cine]]. Non é só unha cidade construída por e para o cine, senón tamén é un xeito de entender o negocio cinematográfico, unha industria que dominou e domina os mercados audiovisuais mundiais. Este dominio fundamentouse historicamente na [[integración vertical]] da industria cinematográfica, isto é, os estudios controlaban a produción de películas, a súa distribución e a súa exhibición. Mediante esta práctica asegurábanse un amplo poder de mercado que converteu a industria nun oligopolio, asentado nos estudios de Hollywood pero financiado e controlado dende [[Wall Street]] en Nova York. Por outro lado, este dominio do negocio tamén se asentaba no chamado [[star-system]], no emprego dos xéneros e no control por parte dos produtores do chamado "corte final" (a montaxe final da película). Grazas á conxunción de todos estes elementos, xa na década dos anos [[1920]], a industria cinematográfica era a primeira da economía dos Estados Unidos. Lonxe de minguar, este poder de mercado viuse acrecentado a nivel internacional. Hoxe en día, ningunha cinematografía nacional pode substraerse ó brutal impacto do cine feito en Hollywood.
Está considerado como a "meca" do [[cine]]. Non é só unha cidade construída por e para o cine, senón tamén é un xeito de entender o negocio cinematográfico, unha industria que dominou e domina os mercados audiovisuais mundiais. Este dominio fundamentouse historicamente na [[integración vertical]] da industria cinematográfica, isto é, os estudios controlaban a produción de películas, a súa distribución e a súa exhibición. Mediante esta práctica asegurábanse un amplo poder de mercado que converteu a industria nun oligopolio, asentado nos estudios de Hollywood pero financiado e controlado dende [[Wall Street]] en Nova York. Por outro lado, este dominio do negocio tamén se asentaba no chamado [[star-system]], no emprego dos xéneros e no control por parte dos produtores do chamado "corte final" (a montaxe final da película). Grazas á conxunción de todos estes elementos, xa na década dos anos [[1920]], a industria cinematográfica era a primeira da economía dos Estados Unidos. Lonxe de minguar, este poder de mercado viuse acrecentado a nivel internacional. Hoxe en día, ningunha cinematografía nacional pode substraerse ó impacto do cine feito en Hollywood.


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 1 de abril de 2011 ás 18:34

O famoso rótulo que anuncia Hollywood.

Hollywood é un barrio situado nos alfoces de Os Ánxeles, en California.

Está considerado como a "meca" do cine. Non é só unha cidade construída por e para o cine, senón tamén é un xeito de entender o negocio cinematográfico, unha industria que dominou e domina os mercados audiovisuais mundiais. Este dominio fundamentouse historicamente na integración vertical da industria cinematográfica, isto é, os estudios controlaban a produción de películas, a súa distribución e a súa exhibición. Mediante esta práctica asegurábanse un amplo poder de mercado que converteu a industria nun oligopolio, asentado nos estudios de Hollywood pero financiado e controlado dende Wall Street en Nova York. Por outro lado, este dominio do negocio tamén se asentaba no chamado star-system, no emprego dos xéneros e no control por parte dos produtores do chamado "corte final" (a montaxe final da película). Grazas á conxunción de todos estes elementos, xa na década dos anos 1920, a industria cinematográfica era a primeira da economía dos Estados Unidos. Lonxe de minguar, este poder de mercado viuse acrecentado a nivel internacional. Hoxe en día, ningunha cinematografía nacional pode substraerse ó impacto do cine feito en Hollywood.

Historia

As orixes de Hollywood hai que buscalas no conflito que a MPPC mantiña cos chamados independentes (os que logo formarían o sistema de estudios hollywoodense). A MPPC (Motion Picture Patents Company) era un consorcio ou trust (de feito, era coñecida a nivel popular coma "O Trust") formado polos pioneiros do cine e reunidos en torno a Thomas Alva Edison. O inventor norteamericano detentaba a patente do cinematógrafo (por mor da invención do kinetoscopio) e estaba decidido a organizar o negocio cinematógrafo baixo os seus auspicios. Para controlar á competencia, formou cos principais produtores do momento en Estados Unidos (Pathé Films, Bioscop, Vitagraph, Lumière, etc.) a MPPC, compañía encargada de xestionar a patente do cine. Na práctica isto significaba que ninguén podía rodar cun cinematógrafo nin exhibir un filme cun proxector sen pagarlle un canon ao Trust. Era unha práctica para eliminar competencia.

Non obstante, os produtores independentes desafiaron á MPPC e empeñáronse en seguir facendo filmes fóra da lei. A pugna foi dura e obrigou as independentes a defendérense nos tribunais e, por veces, a tiros nos sets de rodaxe. A persecución de Edison era implacable. Moitos comezaron a refuxiarse na Costa Oeste dos Estados Unidos, presuntamente para escapar das gadoupas de Edison. Daquela a maior parte da produción da MPPC concentrábase na Costa Este e, en menor medida, en Chicago. Pero a Costa Oeste presentaba moitas vantaxes. Dunha parte, o seu clima era benigno e soleado (entón aínda non se empregaban as potentes iluminacións artificiais de hoxe en día). Doutra, o estado de California ofrecía unha grandísima variedade de localizacións: dende as facendas españolas ata as rúas de San Francisco, pasando polo deserto e a montaña. Era unha elección obvia para unha industria que non podía deterse nunca.

A partir de 1917, moitos independentes comezan a instalar os seus estudios (pouco máis que alpendres sen teito) nos alfoces dos Ánxeles, especialmente nunha pequena e tranquila localidade chamada Hollywood. Este era un emprazamento idóneo. As propiedades eran baratas, había espazo abondo, estaba a escasos quilómetros do Val de San Fernando, das cidades dos Ánxeles, San Diego, Sacramento e San Francisco, a unha carreiriña do mar e do deserto.

Finalmente, os independentes gañaron o preito á MPPC de Edison, que foi acusada de prácticas monopolísticas (curiosamente, estes mesmos independentes serían durante os anos 1950 acusados do mesmo e obrigados a separar a produción, a distribución e a exhibición). Para daquela, as súas películas vendíanse mellor cás da MPPC. Os independentes convertéronse nas sete "majors" (as sete grandes) mentres as produtoras que formaran a MPPC acabaron, no devalar dos anos, desaparecendo totalmente.