Monte da Guía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
Paradanta (conversa | contribucións)
m defaultsort
Liña 7: Liña 7:
Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das [[illas Cíes]], e da cara sur da [[península do Morrazo]] e da [[ponte de Rande]].
Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das [[illas Cíes]], e da cara sur da [[península do Morrazo]] e da [[ponte de Rande]].


{{DEFAULTSORT:Guía}}
[[Categoría:Montes galegos]]
[[Categoría:Montes galegos]]



<!--Categorías ocultas-->
<!--Categorías ocultas-->

Revisión como estaba o 1 de abril de 2011 ás 10:52

O Monte da Guía é unha elevación situada na parroquia de Teis, no concello de Vigo, a uns 100 metros sobre o nivel do mar, a carón da ría de Vigo.

Está coroada pola ermida da Nosa Señora da Guía.

Ata o ano 2000 estivo situada na súa ladeira máis protexida, cara ao mar, a Escola de Transmisións da Armada, localización militar que tivo importante relevancia na Segunda Guerra Mundial, ó ser usada como lugar de aprovisionamento por submarinos alemáns, o que se evidencia nalgunha película bélica. Naquela época fíxose un túnel baixo o monte para que o tren chegase ás instalacións militares para levar provisións. Tempo despois, ó ser innecesario o transporte ferroviario, o túnel foi usado como almacén militar.

Desde o alto do promontorio hai unha vista bastante completa da cidade de Vigo, así como da ría, das illas Cíes, e da cara sur da península do Morrazo e da ponte de Rande.