A galiña azul (escolas): Diferenzas entre revisións
m r2.6.4) (bot Modificado: fr:A galiña azul. |
arranxiño |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
[[Ficheiro:Galiescola O Grove 01-02.jpg|thumb|250px|Escola infantil do Grove, co actual logotipo]] |
[[Ficheiro:Galiescola O Grove 01-02.jpg|thumb|250px|Escola infantil do Grove, co actual logotipo]] |
||
[[Ficheiro:Galescola Salceda 1.JPG|200px|right|thumb|Escola infantil de |
[[Ficheiro:Galescola Salceda 1.JPG|200px|right|thumb|Escola infantil de Salceda, co anterior logotipo da Galescola]] |
||
'''A galiña azul''', rede de escolas infantís de Galicia, primeiro coñecida como rede de '''galescolas''', é a rede de escolas de [[educación infantil]] dependentes da [[Xunta de Galicia]] dirixida a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos. |
'''A galiña azul''', rede de escolas infantís de Galicia, primeiro coñecida como rede de '''galescolas''', é a rede de escolas de [[educación infantil]] dependentes da [[Xunta de Galicia]] dirixida a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos. |
||
Revisión como estaba o 24 de marzo de 2011 ás 22:37
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. |
A galiña azul, rede de escolas infantís de Galicia, primeiro coñecida como rede de galescolas, é a rede de escolas de educación infantil dependentes da Xunta de Galicia dirixida a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos.
A rede de escolas infantís está xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e do que forman parte a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e distintos concellos urbanos e rurais, onde se atopan os centros. As galescolas comezaron a funcionar a partir do curso 2007-2008, mais foi a partir do curso 2009-2010 que mudaron o nome.
É necesario nomear que tanto o concepto, como o nome, o proxecto e a iniciativa das galescolas partiu desde a internet por parte da Asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas) xa a finais do ano 2004.
O proxecto educativo das Galescolas di fomentar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores. Cada grupo de nenas e nenos é atendido por dous ou dúas profesionais da educación, no que se denomina "parella educativa". Ao funcionaren en rede, as escolas infantís comparten entre elas recursos, servizos e elementos de coordinación e apoio pedagóxico.
Os sectores que conforman a comunidade educativa están representados en órganos colexiados coma o consello de participación.
Para o curso 2008-2009 está previsto que funcionen 58 Galescolas cunha oferta de 2733 prazas atendidas por 472 traballadores.
Lingua
As galescolas son un proxecto que potencia a educación en galego e na tolerancia e no respecto, e co obxectivo de superar o concepto de garda e custodia.
Galería de imaxes
-
Galescola de San Roque, Santiago de Compostela.
-
Galescola de Carral.
-
Galescola de Salceda de Caselas.
-
A galiña azul na Xunqueira (Pontevedra)
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Rede de escolas infantís de Galicia, onde se poden atopar recursos, novas e os blogs das galescolas.