Dalai Lama: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: sr:Dalaj Lama |
m r2.7.1) (bot Eliminado: tr:Dalay Lama |
||
Liña 99: | Liña 99: | ||
[[th:ทะไลลามะ]] |
[[th:ทะไลลามะ]] |
||
[[tl:Dalai Lama]] |
[[tl:Dalai Lama]] |
||
[[tr:Dalay Lama]] |
|||
[[uk:Далай-лама]] |
[[uk:Далай-лама]] |
||
[[ur:دلائی لاما]] |
[[ur:دلائی لاما]] |
Revisión como estaba o 24 de marzo de 2011 ás 21:33
Dalai Lama, do mongol dalaï, océano, e do tibetano lama (bla-ma), mestre espiritual ou gurú.
Traducido xeralmente como "océano de sabedoría", este título foi forxado polo xefe mongol Genghis Khan, ao aceptar a Sönam Gyatso como mestre excepcional, alentando ao pobo mongol á conversión ao budismo vajrayana. Nótese que neste caso, dalai era a tradución de "Gyam-tsho" (Gyatso), o apelido dos Dalai Lama desde Gedun Drup.
Os budistas tibetanos consideran que os Dalai Lama son emanacións do Buddha Avalokiteśvara, aínda que non é un mestre Buddha senón un Bodhisattva, é o patrón do Tíbet e crese que, tras a súa morte, a súa conciencia sutil tarda un intervalo de corenta e nove días, polo menos, para nacer de novo nun neno que xa desde o seu nacemento pode dar sinais do seu carácter especial. Avalokiteśvara é unha deidade importante para o budismo tibetano e é considerado nos ensinos vajrayāna como un buda. En cambio, para os ensinos mahāyāna é visto máis ben como un bodhisattva de elevado nivel.
Tras a morte do Dalai Lama, o Panchen Lama encárgase de recoñecer a súa reencarnación, ou tulku (normalmente un neno) por estes sinais, quen pasará a ser o novo Dalai Lama. Á súa vez, o Dalai Lama debe recoñecer á reencarnación do Panchen Lama tras a morte deste.
Tradicionalmente, o Dalai Lama foi o líder espiritual e temporal do Tíbet; Tenzin Gyatso, actualmente no exilio, tras a ocupación e anexión forzada por parte da China maoísta, abandonou a preeminencia política tradicional, e creou un Ministro presidente do Kashag (gabinete), elixido por sufraxio universal.
Lista dos catorce Dalai Lama
- Gendun Drup, 1391-1474
- Gendun Gyatso, 1476-1542
- Sonam Gyatso, 1543-1588
- Yonten Gyatso, 1589-1616
- Ngawang Lobsang Gyatso, "o Grande" 1617-1682
- Tsangyang Gyatso, 1683-1706
- Kelsang Gyatso, 1708-1757
- Jamphel Gyatso, 1758-1804
- Lungtok Gyatso, 1805-1815
- Tsultrim Gyatso, 1816-1837
- Khedrub Gyatso, 1838-1855
- Trinlé Gyatso, 1856-1875
- Thubten Gyatso, 1876-1933
- Tenzin Gyatso, 1935 - actual Dalai Lama
Ligazóns externas
- Tibet.com: Goberno tibetano no Exilio, en inglés.
- Dalailama.com: Páxina oficial do Dalai Lama.