Froila I: Diferenzas entre revisións
m Corribot: Cambiando: "pen.nsula .b.rica" -> "Península Ibérica", amañando o erro. |
Sen resumo de edición |
||
Liña 58: | Liña 58: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
* [[reino de Galicia]] |
* [[reino de Galicia]] |
||
{{Navbox |
|||
|name = Reis ibéricos |
|||
|title = [[Península Ibérica|Reis ibéricos]]: os gobernantes dos reinos da península ibérica |
|||
|image = |
|||
|group1= Reis de Asturias |
|||
|list1 = <div> |
|||
{{nowrap|[[Paio de Asturias|Paio I]]}} · |
|||
[[Fávila|Fávila I]] · |
|||
{{nowrap|[[Afonso I o Católico|Afonso I]]}} · |
|||
[[Froila I de Asturias|Froila I]] · |
|||
[[Aurelio|Aurelio I]] |
|||
</div> |
|||
|group2= Reis de León |
|||
</div> |
|||
}} |
|||
[[Categoría:Reis de Asturias]] |
[[Categoría:Reis de Asturias]] |
Revisión como estaba o 23 de marzo de 2011 ás 19:01
Froila I | |
---|---|
Na rede | |
Froila I (722 — Cangas de Onís, 768), fillo de Afonso I sucedeuno á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica[2] durante o seu reinado (757-768)[3]. Coma no caso do su pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX[4] denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle[4]. Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais[3], concedéndolle o nome de Froila I.[2]
Reinado
Ao comezo do seu reinado enfrontouse a un exército enviado por Abderramán I, emir de Córdoba, nun lugar chamado Pontumio. Nesta batalla tomou prisioneiro a Ahumar, fillo de Abderramán, que foi degolado.
Tivo que reprimir duramente unha rebelión dos vascóns de Álava contra a súa autoridade. Tomou algúns reféns, entre eles a unha nobre chamada Munia, que sería a súa esposa. Pouco despois, según contan as dúas versións da Crónica afonsina, tivo que reprimir outra rebelión dos nobres galegos no ano 766[2], aos que venceu.
Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de grande parte deste estamento.
Froila fundou diversos mosteiros da Orde de San Bieito, entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de Oviedo; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de San Millán da Cogolla recolle a constitución, outorgada por Froila o 24 de abril de 759, dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en San Miguel de Pedroso (Burgos), na fronteira este do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristián resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a Serra da Demanda.
Vendo que o seu irmán Vimarano gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo[3]. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán Aurelio[2], fillo de Froila Pérez.[5]
Os fillos de Froila foron Ximena e Afonso (coñecido posteriormente como Afonso II). A súa nai Munia, temendo polas dúas vidas, enviounos ao Mosteiro de Samos (Lugo)[5], fundado polo seu marido.
Reino de Asturias | ||
---|---|---|
Segue a: Afonso I o Católico |
Froila I | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Astur-Leonesa |
Notas
- ↑ Barbosa Álvarez, J.M. Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN: 978-84-936218-1-0
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 López Teixeira, X.A. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- ↑ 4,0 4,1 López Carreira, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8
- ↑ 5,0 5,1 Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
Bibliografía
- López Carreira, A,; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- López Teixeira, X.A. Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- López Carreira, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
- Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
- Barbosa Álvarez, J.M., Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN: 978-84-936218-1-0.