Cigurat: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.5.1) (bot Modificado: fr:Ziggurat
LucienBOT (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: az:Zikkurat
Liña 25: Liña 25:
[[als:Zikkurat]]
[[als:Zikkurat]]
[[ar:زقورة]]
[[ar:زقورة]]
[[az:Zikkurat]]
[[bg:Зикурат]]
[[bg:Зикурат]]
[[ca:Ziggurat]]
[[ca:Ziggurat]]

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2011 ás 13:27

Dur-Untash, ou Choqa zanbil, construído no século XIII a. C. por Untash Napirisha, é un dos zigurats mellor conservados. Está situado cerca de Susa, Irán.
Ficheiro:SialkCAD.jpg
Interpretación do zigurat de Sialk, baseado en evidencias arqueolóxicas.

Un zigurat é unha forma de templo, común aos sumerios, babilonios e asirios, pertencente á época do antigo val da Mesopotamia e construído en forma de pirámide terraplanada. O formato era de varios andares construídos uns sobre outros, coa diferenza de que cada andar superior ten unha área menor que a da plataforma inferior sobre a cal se asenta. As plataformas poderían ser rectangulares, ovais ou cadradas, e o seu número variaba de dous a sete.

O centro do zigurat facíase de ladrillos cocidos ao sol, o exterior da construción mostraba adornos de ladrillos queimados. Os adornos normalmente eran envidrazados en cores diferentes, posibelmente contendo significación cosmolóxica. O acceso ao templo, situado no topo do zigurat, facíase por unha serie de rampas construídas no flanco da construción ou por unha rampa en forma de espiral que subía dende a base ata o cume do edificio. Os exemplos máis antigos de zigurats datan do final do terceiro milénio a. C., encanto os máis tardíos, do século VI a. C., e algúns dos exemplos máis notabeis desas estruturas inclúen as ruínas da cidade de Ur e de Khorsabad na Mesopotamia.

A idea que se ten de que servían como lugar de idolatría ou cerimonias públicas, con todo, non é correcta. Na Mesopotamia acreditábase que eran a morada dos deuses. A través dos zigurats as divindades colocaríanse perto da humanidade, razón pola cal cada cidade adoraba seu propio deus ou deusa. Alén diso, apenas os sacerdotes podían entrar no zigurat, e era deles a responsabilidade de coidar da adoración aos deuses e facer que atendesen as necesidades da comunidade. Naturalmente os sacerdotes gozaban dunha reputación especial na sociedade sumeria.

Un exemplo de zigurat máis simples é o do Templo Branco de Uruk, na antiga Sumeria, que debe ter sido construído por volta de 400-300 a. C. O propio zigurat é a base sobre a cal o Templo Branco repousa, e a súa función é tracer o templo máis próximo aos ceos, de forma que puedese dar acceso dende o chan ata aló. A estrutura tería a función, polo tanto, dunha ponte entre os dous mundos. Por iso acredítase que o templo dos sumerios sería un eixo cósmico, unha conexión vertical entre o ceo e a terra, e entre a terra o submundo; e unha conexón horizontal entre as terras. Construído en sete niveis, ou camadas, o zigurat representaría os sete ceos, ou planos de existencia, os sete planetas e os sete metais a eles asociados e as súas cores correspondentes.

Un exemplo de zigurat sólido e abranxente é o de Marduk, ou Torre de Babel, situado na antiga Babilonia. Non se conservan restos daquela poderosa estrutura, mais de acordo con achados arqueolóxicos e fontes históricas, a torre colocábase sobreposta a sete camadas multicoloridas, en cuxo topo achábase un templo de proporcións singulares. Acerca dese templo, acredítase que fora pintado e preservado en cor anil, combinando co cimo das camadas. Sábese que había tres escadas que levaban ao templo, e dise que dúas delas ascendian só ata a metade da altura do zigurat.

O nome sumerio para a estrutura era Etemenanki, palabra que significa "A Fundación do Ceo e da Terra". Probabelmente construído baixo as ordes de Hamurabi, averiguouse que o centro do zigurat de Marduk contiña restos doutros zigurats e estruturas máis antigas. O andar final consistía nun encaixamento de 15 metros de ladrillos reforzados construído polo monarca Nabucodonosor.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Choqa Zanbil Tour - Informacións sobre un dos zigurats máis ben preservados, e posibelmente o maior e máis extravagante en arquitetura. (en inglés)
  • Mesopotamian Ziggurats - Informacións sobre zigurats en xeral, incluindo un estudo sobre as ruínas actuais. (en inglés)