François Mauriac: Diferenzas entre revisións
→Obras: lig int |
m r2.7.1) (bot Engadido: be:Франсуа Марыяк |
||
Liña 43: | Liña 43: | ||
[[arz:فرانسوا مورياك]] |
[[arz:فرانسوا مورياك]] |
||
[[az:Fransua Moriak]] |
[[az:Fransua Moriak]] |
||
[[be:Франсуа Марыяк]] |
|||
[[bg:Франсоа Мориак]] |
[[bg:Франсоа Мориак]] |
||
[[br:François Mauriac]] |
[[br:François Mauriac]] |
Revisión como estaba o 21 de marzo de 2011 ás 04:03
François Mauriac, nado o 11 de outubro de 1885 en Bordeos e finado o 1 de setembro de 1970 en París, foi un escritor francés gañador do Premio Nobel de Literatura.
Biografía
Naceu no seo dunha familia profundamente católica. Sendo novo quedou baixo a custodia da súa nai debido ao falecemento do seu pai. Estudou bacharelato en Cauderan cos marianistas e logo licenciouse en Letras pola Universidade de Bordeos.
No ano 1906 trasládase a París, onde escribe o seu primeiro libro de versos Les mains jointes, cinco anos máis tarde escribiu a súa primeira novela O neno cargado de cadeas.
Participou como soldado durante a I Guerra Mundial, onde enfermou gravemente. En 1933 foi nomeado membro da Academia Francesa. Durante a Guerra civil española, simpatizou co bando republicano e despois ao estalar a II Guerra Mundial formou parte da Resistencia Francesa contra a invasión nazi. Editou as revistas Les Lettres Francaises e Le Cahier Noir, nas que denunciaba e criticaba as torturas e asasinatos cometidos contra os patriotas franceses.
Ao finalizar a guerra realizou unha segunda incursión no teatro, pero do mesmo xeito que ocorreu coa primeira Asmodée (1938), non tivo o mesmo éxito que as súas novelas. Colaborou co xornal conservador Le Figaro, para pasar máis tarde ao recentemente creado L'Expres. O seu apoio nas súas páxinas ao xeneral Charles de Gaulle fíxolle pórse a mal cos seus compañeiros polo que volveu a Le Figaro. Anos máis tarde debido ao seu defensa da causa alxeriana, recibiu ameazas da organización terrorista de extrema dereita OAS.
En 1952 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
Obras
- Les mains jointes
- O neno cargado de cadeas
- Le baiser au lépreux 1922
- Genitrix 1923, (trama localizada en Langon)
- Le Désert de l'amour 1925
- Thérèse Desqueyroux 1927
- Le Nœud de vipères 1932
- Le mystère Frontenac 1933
- Asmodée 1938
Entre as súas últimas obras atópanse tres libros de memorias: