Templo romano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: sr:Римски храм
Liña 13: Liña 13:
[[ca:Temple romà]]
[[ca:Temple romà]]
[[da:Romersk tempel]]
[[da:Romersk tempel]]
[[de:Tempel#Tempel_der_R.C3.B6mer]]
[[de:Tempel#Tempel der Römer]]
[[en:Roman temple]]
[[en:Roman temple]]
[[es:Templo romano]]
[[es:Templo romano]]
Liña 24: Liña 24:
[[pt:Templo romano]]
[[pt:Templo romano]]
[[sh:Rimski hram]]
[[sh:Rimski hram]]
[[sr:Римски храм]]
[[th:เทวสถานโรมัน]]
[[th:เทวสถานโรมัน]]
[[uk:Римський храм]]
[[uk:Римський храм]]

Revisión como estaba o 20 de marzo de 2011 ás 13:10

Templo de Augusto en Pula, Croacia

O templo romano, era o lugar de culto da Antiga Roma. Na súa orixe resultou da combinación entre o tipo de cella etrusco-itálico e o pórtico de columnas do templo grego, con planta rectangular e lixeiras diferenzas no que Vitrubio chamou orde toscana, case cadrado sobre zócolo accesible por unha escaleira anterior (podium). No entanto, os esquemas varían moito e adoptan singularidades, sobre todo en Oriente. Os de planta rectangular son os normais; así, o de Templo de César no foro de Roma, edificado onde se incinerou o seu corpo, tiña un podium recuberto de placas de pedra, cuxa parte dianteira avanzaba cara ao foro e formaba unha tribuna (rastra Iulia), en cuxo centro un semicírculo deixaba lugar para o altar, e aos lados estaban os esporóns das naves capturadas en Accio; por dúas escaleiras subíase ao templo hexástilo e próstilo; outro exemplo, moi ben conservado, é a Maison carrée en Nimes, hexástilo e pseudo-períptero corintio, construído por Augusto en honra dos seus fillos adoptivos Agripa, Caio e Lucio.

A planta circular aplicouse aos templos de Vesta, en memoria da cabana romana; segundo Vitrubio, podía ter ou non cella interior, sendo o primeiro un tholos con pórtico, como o de Tívoli, de tempos de Sila, ou o do foro romano. Notable tamén o templete de Baalbek, precedido dun pronaos tetrástilo, e sobre todo o Panteón de Agripa, fundado por Augusto e refeito por Hadrián, cuberto por unha enorme bóveda e precedido por un pronaos octóstilo. Unha planta especial é a dos capitolios, adicados á Tríade Capitolina, con tres cellas contiguas e paralelas en sentido lonxitudinal, situándose a Xúpiter no centro, á dereita Xuno e á esquerda Minerva; os sacrificios ofrecíanse na porta da capela de quen se quería honrar; outros capitolios acháronse en Timgad (Alxeria), Pompeia, Sbeitla (Tunisia), e outros lugares ata onde se espallou o Imperio.

Hai outras plantas resultantes da introdución de cultos orientais cuns ritos determinados; así os de Cibeles, Isis e Sarapis. No Mediterráneo foron numerosos os templos dedicados a Mitra, primeiramente en criptas e logo en cámaras rectangulares con fiestras e instalacións para o sacrificio do touro e as lustracións, cun altar no que se representaba invariablemente a morte do touro polo deus. No norte de África hai moitos exemplos de templos de forma particular, como o de Juno Celestis (Tanit) en Dugga (Tunisia), disposto nun patio semicircular.

Ligazóns externas