Itálica (cidade): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Category:Roma antiga
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: fr:Italica
Liña 20: Liña 20:
[[en:Italica]]
[[en:Italica]]
[[es:Itálica (ciudad)]]
[[es:Itálica (ciudad)]]
[[fr:Italica]]
[[nl:Itálica]]
[[nl:Itálica]]
[[pt:Italica]]
[[pt:Italica]]

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2006 ás 20:47

Itálica foi unha cidade fundada por Escipión o Africano cara ó 205-206 antes de Cristo. Atopábase na actual provincia de [[Sevilla (provincia)|Sevilla). A cidade foi fundada ca fin de cobixar ós veteranos romanos das campañas contra Cartago. Itálica edificouse sobre un centro íbero preexistente para garantizar o control do territorio recentemente ocupado.

A cidade de Itálica era un importante centro político e relixioso, e obtivo maior importancia durante a época imperial que durante a republicana. A importancia que tivo esta cidade demóstrase en que Traxano e Adriano, quenes son considerados uns dos mellores emperadores romanos, naceron nesta cidade. Ambos emperadores embeleceron e fixeron grandes monumentos na súa cidade natal, sobre todo Adriano.

Itálica tiña unha privilexiada localización: surcaba a cidade a Vía da Prata e o Gudadalquivir (era un dos portos fluviais máis importantes da Hispania romana) tiña a súa ribeira moi preto da cidade.

Os monumentos máis importantes de Itálica foron:

  • O teatro, anterior ó gran desenvolvemento da cidade, da época de Augusto. O teatro débese á familia Traiani, do seno da cal nacería Traxano. Esta familia contribuía ó traballo de monumentalización de Itálica desde antes do seu gran crecemento.
  • O anfiteatro era o cuarto maior do Imperio Romano, pois nel collían ata 40 000 espectadores. Era, ademais, un anfiteatro moi sofisticado en canto a infraestructura e técnica.
  • As termas, coñecidas coma os baños da Reina Mora, foron creadas durante a época de Adriano. Ocupaban catro insulae (manzanas) da cidade, sendo así unha das maiores termas da Hispania romana.
  • O Traianeum, recinto cultural no centro da cidade dedicado ó emperador Traxano, naquel entón divinizado. Contaba gran templo de mármol branco e un pórtico decorado de mármol branco tamén e policromos.