Rasmus Rask: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: fy:Rasmus Rask
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 10: Liña 10:


=== Viaxe a Oriente ===
=== Viaxe a Oriente ===
[[Ficheiro:Rasmus-Rask-tomb.JPG|thumb|200px|left|Tumba de Rasmus Rask en Assistens Kirkegård, Copenhague. Pódense ver inscricións en persa, nórdico antigo e sánscrito.]]
En outubro de [[1816]], Rask abandonou Dinamarca, para emprender unha expedición literaria, á custa do rei, a fin de continuar as súas investigacións sobre as linguas orientais, e recoller manuscritos para a biblioteca universitaria de Copenhagen. Dirixíuae primeiramente a [[Suecia]], onde estivo dous anos, durante os cales realizou excursións a [[Finlandia]] para estudar o [[finés]]. Estando aínda en Suecia e na lingua dese país, publicou a súa ''Gramática anglosaxoa'' en 1817. En [[1818]], publicou, esta vez en Copenhagen e en danés, o "''Ensaio sobre a orixe da Antiga Lingua Escandinava ou Islandesa''", na que marca a profunda afinidade dese idioma con outras linguas europeas, nomedamente con o [[latín]] e o [[lingua grega|grego]]. No mesmo ano, dou a coñecer as primeiras edicións completas dos [[Edda]], tanto o de [[Snorri Sturluson]] como o de [[Sæmundr fróði|Sæmundr]], publicando os textos orixinais e as traducións ao sueco.
En outubro de [[1816]], Rask abandonou Dinamarca, para emprender unha expedición literaria, á custa do rei, a fin de continuar as súas investigacións sobre as linguas orientais, e recoller manuscritos para a biblioteca universitaria de Copenhague. Dirixiuse primeiramente a [[Suecia]], onde estivo dous anos, durante os cales realizou excursións a [[Finlandia]] para estudar o [[finés]]. Estando aínda en Suecia e na lingua dese país, publicou a súa ''Gramática anglosaxoa'' en 1817. En [[1818]], publicou, esta vez en Copenhague e en danés, o "''Ensaio sobre a orixe da Antiga Lingua Escandinava ou Islandesa''", na que marca a profunda afinidade dese idioma con outras linguas europeas, nomedamente con o [[latín]] e o [[lingua grega|grego]]. No mesmo ano, dou a coñecer as primeiras edicións completas dos [[Edda]], tanto o de [[Snorri Sturluson]] como o de [[Sæmundr fróði|Sæmundr]], publicando os textos orixinais e as traducións ao sueco.


Desde [[Estocolmo]], marchou, en [[1819]], para [[San Petersburgo]], onde redactou, en [[lingua alemá|alemán]], un artigo sobre "As linguas e as literaturas de Noruega, islandia, Suecia e Finlandia", no número 6 da ''Vienna Jahrbücher''. Desde [[Rusia]], Rask viaxou para [[Tartaria]] desde onde alcanzou o [[Imperio Persa]], residindo durante algún tempo en [[Tabriz]], [[Teherán]], [[Persépole]] e máis [[Shiraz, Irán|Shiraz]]. En arredor de seis semanas, aprendeu [[Lingua persa|persa]] suficiente, compo para poder conversar nese idioma con liberdade.
Desde [[Estocolmo]], marchou, en [[1819]], para [[San Petersburgo]], onde redactou, en [[lingua alemá|alemán]], un artigo sobre "As linguas e as literaturas de Noruega, islandia, Suecia e Finlandia", no número 6 da ''Vienna Jahrbücher''. Desde [[Rusia]], Rask viaxou para [[Tartaria]] desde onde alcanzou o [[Imperio Persa]], residindo durante algún tempo en [[Tabriz]], [[Teherán]], [[Persépole]] e máis [[Shiraz, Irán|Shiraz]]. En arredor de seis semanas, aprendeu [[Lingua persa|persa]] suficiente, compo para poder conversar nese idioma con liberdade.


En 1820 embarcou en [[Bushire]] para [[Bombay]], [[India]]. Durante a súa estadía nesa cidade, escribíu e publicou, en inglés, unha ''Disertación sobre a autenticidade da lingua zenda''. Desde Bombay viaxou até [[Sri Lanka|Ceilán]], onde chegou no ano [[1821]], e moi logo redactou en inglés, unha "''Disertación a respeito do mellor método para expresar os sons das linguas da India en caracteres europeos''", que foi publicado en [[Colombo]]. Rask voltou para Copenhagen en maio de 1823, traendo consigo unha considerábel cantidade de manuscritos persas, [[zenda]]s, [[pali]]s, cingaleses, etc., con os que enriqueceu as coleccións da capital danesa.
En 1820 embarcou en [[Bushire]] para [[Bombay]], [[India]]. Durante a súa estadía nesa cidade, escribíu e publicou, en inglés, unha ''Disertación sobre a autenticidade da lingua zenda''. Desde Bombay viaxou até [[Sri Lanka|Ceilán]], onde chegou no ano [[1821]], e moi logo redactou en inglés, unha "''Disertación a respecto do mellor método para expresar os sons das linguas da India en caracteres europeos''", que foi publicado en [[Colombo]]. Rask voltou para Copenhague en maio de 1823, traendo consigo unha considerábel cantidade de manuscritos persas, [[zenda]]s, [[pali]]s, cingaleses, etc., con os que enriqueceu as coleccións da capital danesa.


=== Derradeiros anos ===
=== Derradeiros anos ===

Revisión como estaba o 16 de marzo de 2011 ás 23:27

Rasmus Christian Rask

Rasmus Christian Rask, nado o 22 de novembro de 1787 e finado o 14 de novembro de 1832, foi un filólogo, lingüísta e polígrafo dinamarqués, considerado como un dos fundadores da Gramática comparada.


Traxectoria

Primeiros anos

Rask naceu en Brændekilde, na illa dinamarquesa de Fionia. Estudou na Universidade de Copenhagen, onde mostrou un extraordinario talento para a adquisición de linguas. En 1808 foi nomeado conservador axudante da biblioteca universitaria, e algúns anos máis tarde profesor de historia literaria . En 1811 publicou (en danés, unha "Introdución á Gramática do islandés e outras antigas linguas nórdicas", a partir de materias eimpresos e manuscritos acumulados polos seus predecesores en tal campo de investigación, que lle conferíu reputación sólida.

A fama así gañada por Rask facilitoulle o acceso á Intitución Arnamagnæan, na que foi empregado como editor do Lexicón Islandés (1814) de Björn Halldórsson, que permanecera longo tempo como manuscrito. Rask visitou Islandia, onde residíu entre 1813 e 1815, facéndose un mestre no dominio da súa lingua ao tempo que se familiarizaba con a literatura, hábitos e costumes dos nativos. Ao interese que inspiraron en Rask pode, probabelmente, atribuírselle o estabelecemento en Copenhagen, a comezos de 1816, da Sociedade Literaria Islandesa, da que foi o primeiro presidente.

Viaxe a Oriente

Tumba de Rasmus Rask en Assistens Kirkegård, Copenhague. Pódense ver inscricións en persa, nórdico antigo e sánscrito.

En outubro de 1816, Rask abandonou Dinamarca, para emprender unha expedición literaria, á custa do rei, a fin de continuar as súas investigacións sobre as linguas orientais, e recoller manuscritos para a biblioteca universitaria de Copenhague. Dirixiuse primeiramente a Suecia, onde estivo dous anos, durante os cales realizou excursións a Finlandia para estudar o finés. Estando aínda en Suecia e na lingua dese país, publicou a súa Gramática anglosaxoa en 1817. En 1818, publicou, esta vez en Copenhague e en danés, o "Ensaio sobre a orixe da Antiga Lingua Escandinava ou Islandesa", na que marca a profunda afinidade dese idioma con outras linguas europeas, nomedamente con o latín e o grego. No mesmo ano, dou a coñecer as primeiras edicións completas dos Edda, tanto o de Snorri Sturluson como o de Sæmundr, publicando os textos orixinais e as traducións ao sueco.

Desde Estocolmo, marchou, en 1819, para San Petersburgo, onde redactou, en alemán, un artigo sobre "As linguas e as literaturas de Noruega, islandia, Suecia e Finlandia", no número 6 da Vienna Jahrbücher. Desde Rusia, Rask viaxou para Tartaria desde onde alcanzou o Imperio Persa, residindo durante algún tempo en Tabriz, Teherán, Persépole e máis Shiraz. En arredor de seis semanas, aprendeu persa suficiente, compo para poder conversar nese idioma con liberdade.

En 1820 embarcou en Bushire para Bombay, India. Durante a súa estadía nesa cidade, escribíu e publicou, en inglés, unha Disertación sobre a autenticidade da lingua zenda. Desde Bombay viaxou até Ceilán, onde chegou no ano 1821, e moi logo redactou en inglés, unha "Disertación a respecto do mellor método para expresar os sons das linguas da India en caracteres europeos", que foi publicado en Colombo. Rask voltou para Copenhague en maio de 1823, traendo consigo unha considerábel cantidade de manuscritos persas, zendas, palis, cingaleses, etc., con os que enriqueceu as coleccións da capital danesa.

Derradeiros anos

Logo da súa volta de Oriente, Rask publicou, en danés, varias obras: "Gramática española" (1824), "Gramática frisoa" (1825), "Ensaio sobre a ortografía danesa" (1826), un "Ensaio sobre a Cronoloxía do Antigo Exipto" (1827), "Gramática italiana" (1827), "Cronoloxía xudía antiga con anterioridade a Moisés" (1828). Fixo tamén unha edición da "Gramática danesa para ingleses" de Schneider, e supervisou a tradución da súa "Gramática anglosaxoa" (1830) realizada por Thorpe.

Rask faleceu en Copenhagen o 14 de novembro de 1832, na Badstuestraede, nro. 17, onde actualmente hai unha placa na súa lembranza. En 1822, dominaba non menos de vinte e dúas linguas e dialectos, e é sona que estudara só dúas veces a maioría. Os seu numeroso manuscritos foron trasladados á Bibliotec Real de Copenhagen.

Legado académico

Rasmus Rask foi o primeiro en facer notar a conexión entre o antigo nórdico e o gótico con o lituano, o eslavo, o grego e o latín. Tivo tamé a idea orixinal do que se coñeceu logo como "lei de Grimm", que trata sobre a mutación das consonantes no paso do indoeuropeo ao teutónico, aínda que só comparou teutónico, grego e sánscrito.

Karl Verner foi un dos últimos filólogos inspirados en Rask.

Bibliografía

  • Undersøgelse om det gamle Nordiske eller Islandske Sprogs Oprindelse (Ensaio sobre a orixe do antigo nórdico ou islandés), 1818.
  • Spansk Sproglære (Gramática española), 1824.
  • Frisisk Sproglære (Gramática frisona), 1825.
  • Dansk Retskrivingslære (Enasaio sobre a ortografía danesa), 1826.
  • Italiænsk Formlære (Gramática italiana), 1827.
  • Den gamle Ægyptiske Tidsregning (Cronoloxía do antigo Exipto), 1827
  • Vejledning til Akra-Sproget på Kysten Ginea (Introdución á lingua de Accra na Costa de Guinea).
  • Den ældste hebraiske Tidsregning indtil Moses efter Kilderne på ny bearbejdet og forsynet med et Kart over Paradis (Cronoloxía xudía antiga con anterioridade a Moisés consonte as fontes novamente revisadas e acompañada dun mapa do Paraíso), 1828.
  • A Grammar of the Danish language for the use of Englishmen (gramática danesa para ingleses), 1830.
  • Ræsonneret lappisk Sproglære (Gramática sami ou lapona), 1832.
  • Engelsk formlære (Gramática inglesa), 1832.