Inocencio I, papa: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Engadido: sh:Papa Inocent I |
m r2.5.1) (bot Modificado: be:Інакенцій I, Папа Рымскі |
||
Liña 21: | Liña 21: | ||
[[af:Pous Innocentius I]] |
[[af:Pous Innocentius I]] |
||
[[be:Інакенцій I, |
[[be:Інакенцій I, Папа Рымскі]] |
||
[[be-x-old:Інакентыюс I (папа рымскі)]] |
[[be-x-old:Інакентыюс I (папа рымскі)]] |
||
[[bg:Инокентий I]] |
[[bg:Инокентий I]] |
Revisión como estaba o 15 de marzo de 2011 ás 06:35
Inocencio I, natural de Albano, foi o papa nº 40 da Igrexa Católica.
Segundo o Liber pontificalis era orixinario de Albano Laziale, e o seu pai chamábase Innocenzo. Segundo o seu contemporáneo Xirolamo era fillo do papa Anastasio I (aínda que naceu antes de ser consagrado).
Foi elixido o 21 de decembro de 401. Ordenou que tódolos casos graves debían ser revisados por el, e nos demais reservábase o dereito a intervir. Exerceu este dereito en diversas cuestións, especialmente nas relacionadas coas celebracións litúrxicas.
O seu gran amigo Xoán Crisóstomo foi expulsado como patriarca de Constantinopla debido a hostilidades persoais coa emperatriz Eudoxia e as intrigas de Teófilo de Alexandría. Inocencio I interveu para reintegralo á súa sede.
Enfrontouse firmemente a Pelaxio e ó pelaxianismo, con tanta autoridade e decisión que Agostiño de Hipona, ó sabelo, pronunciou a famosa frase Roma locuta, causa finita ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o priscilianismo.
O 24 de agosto de 410 o rei visigodo Alarico conquistou e saqueou Roma. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en Ravenna negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.
Morreu o 12 de marzo de 417.