Cirenaica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: oc:Cirenaïca, ro:Cirenaica Modificado: hr:Cirenaika
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: zh:昔兰尼加
Liña 58: Liña 58:
[[uk:Киренаїка]]
[[uk:Киренаїка]]
[[ur:برقہ]]
[[ur:برقہ]]
[[zh:昔兰尼加]]

Revisión como estaba o 14 de marzo de 2011 ás 04:26

A Cirenaica no Imperio Romano, ca. 120.

A Cirenaica (en grego antigo Κυρηναία, en latín Cyrenaica), foi unha provincia romana de África do Norte, situada entre as provincias de Exipto e de Numidia. Actualmente Cirenaica forma parte do moderno estado de Libia. O seu nome provén da antiga cidade de Cirene (latinizado Cyrene).

Historia breve

Os gregos fundaron a colonia de Cirene no 630 a.C.. Logo da súa conquista por Alexandre o Grande no século IV a.C., foi territorio controlado polo Exipto helenístico. Ptolomeo VIII legouna a título persoal a seu fillo Ptolomeo Apión, quen, sen herdeiros e ás portas da morte, a legou á súa vez á República Romana no 96 a.C.. Roma converteuna nunha provincia xunto coa illa de Creta, inicialmente.

Cando os árabes se apoderaron do territorio no século VII d.C., o desecamento climático e a escasez das reservas de auga despoboaran xa o país, cuxa prosperidade non era máis que un distante recordo. O país foi nomeado en árabe Barqah (برقه), adaptación do nome da cidade de Berenice. Os rumis, os romano-bizantinos, foron expulsados para Sicilia ou para Creta, ficando o territorio case ermo durante varios séculos. No século XIV, unha mellora nas condicións climáticas permitíu a recolonización humana; pasou a formar parte de Exipto, antes de tornarse nunha provincia do Imperio Otomán, que acabou por unila á Tripolitania.

Época contemporánea

En 1911, Italia apoderouse da Tripolitania e, en consecuencia, da Cirenaica, logo da Guerra italo-turca, englobándoa na súa colonia de Libia, na que se inclúe desde a independencia deste país.

En 1959 descubriuse petróleo no seu territorio, o que constitúe a base económica actual dos seus habitantes.

Véxase tamén

Outros artigos