Arthur Griffith: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
recat
m r2.7.1) (bot Engadido: simple:Arthur Griffith
Liña 25: Liña 25:
[[pl:Arthur Griffith]]
[[pl:Arthur Griffith]]
[[ru:Гриффит, Артур]]
[[ru:Гриффит, Артур]]
[[simple:Arthur Griffith]]
[[sv:Arthur Griffith]]
[[sv:Arthur Griffith]]
[[uk:Артур Ґріффіт]]
[[uk:Артур Ґріффіт]]

Revisión como estaba o 11 de marzo de 2011 ás 08:47

Arthur Griffith
(1872–1922)

Arthur Griffith (irlandés Art Ó Griofa) foi un líder nacionalista irlandés, un dos que se encargou da negociación co goberno británico e pola cal Irlanda quedou dividida en dous partes.

Nado en Dublín o 31 de marzo de 1872 foi o fundador, no ano 1899, da revista United Irishman, na cal colaboraron as máis prestixiosas plumas irlandesas, entre a cal destaca dun xeito preferente a do poeta William Butler Yeats. El mesmo foi partícipe literario da súa publicación colaborando con editoriais a favor do autogoberno irlandés. No ano 1902 fundou unha organización que seria o caldo de cultivo do que posteriormente se convertería no Sinn Féin, movemento que naqueles momentos avogaba por unha Irlanda autónoma, aínda que non independente do Reino Unido.

Non existe ningunha constancia que Griffith participase no levantamento de Pascua de 1916, con todo os británicos encarcerárono como instigador e aínda que o seu período carcelario foi curto, aproximadamente dun ano, foi levado de novo a prisión un ano máis tarde sen ningunha razón legal e simplemente baseándose que era un líder nacionalista.

As eleccións xerais de 1918, levaron aos líderes do Sinn Féin ao poder, e os novos membros do Parlamento, que se reunían co nome de Dáil Éireann ou Asemblea de Irlanda, van elixir a Eamon de Valera como presidente da nación e a Griffith como o seu vicepresidente. A guerra aberta contra os británicos era inminente. A guerra de desgaste e guerrilla que os irlandeses iniciaran, baixo a supervisión de Michael Collins, contra o exército británico obtivo os seus froitos. E así, no ano 1921, Griffith foi encargado de encabezar unha delegación que tratase de buscar unha paz cos británicos e na cal se recoñecese o Estado Libre de Irlanda (coa sinatura final do Tratado Angloirlandés ). Aínda que Griffith foi elixido presidente en xaneiro de 1922, non tivo tempo de consolidarse no poder, morreu o 12 de agosto deste mesmo ano, moi pouco despois de que a guerra civil se apoderase do país.