Nitróxeno: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
YurikBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: zh-yue:氮
Escarbot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: lb:Stéckstoff
Liña 176: Liña 176:
[[ko:질소]]
[[ko:질소]]
[[la:Nitrogenium]]
[[la:Nitrogenium]]
[[lb:Stéckstoff]]
[[li:Stikstof]]
[[li:Stikstof]]
[[ln:Azoti]]
[[ln:Azoti]]

Revisión como estaba o 27 de agosto de 2006 ás 06:34

Nitróxeno


N  
 P
 


Táboa completa
Xeral
Nome, símbolo, número Nitróxeno, N, 7
Serie química Non metal
Grupo, periodo, bloque 15, 2 , p
Densidade, dureza Mohs 1,2506 kg/m³, sen datos
Apariencia
Incoloro
125px
Propiedades atómicas
Peso atómico 14,0067 uma
Radio medio 65 pm
Radio atómico calculado 56 pm
Radio covalente 75 pm
Radio de Van der Waals 155 pm
Configuración electrónica [He]2s22p3
Estados de oxidación (óxido) ±3, 5, 4, 2 (ácido forte)
Estructura cristalina Hexagonal
Propiedades físicas
Estado da materia Gas
Punto de fusión 63,14 K
Punto de ebullición 77,35 K
Entalpía de vaporización 2,7928 kJ/mol
Entalpía de fusión 0,3604 kJ/mol
Presión de vapor __ Pa a ___ K
Velocidade do son 334 m/s a 298,15 K
Outra información
Electronegatividade 3,04 (Pauling)
Calor específico 1040 J/(kg·K)
Conductividade eléctrica __ 106/m·Ω
Conductividade térmica 0,02598 W/(m·K)
Potencial de ionización 1402,3 (kJ/mol)
2º = 2856 5º = 9444,9
3º = 4578,1 6º = 53266,6
4º = 7475 7º = 64360
Isótopos máis estabeis
Isótopo AN (%) Periodo de semidesintegración MD ED (MeV) PD
13N Sintético 9,965 m ε 2,220 13C
14N 99,634 N é estabel con 7 neutróns
15N 0,366 N é estabel con 8 neutróns
Valores no SI e en condicións normais
(0 ºC e 1 atm), salvo que se indique o contrario.

Calculado a partir de distintas lonxitudes de enlace
covalente, metálico ou iónico.

Elemento químico de número atómico 7, con símbolo N, tamén chamado ázoe —antigamente usóouse tamén Az como símbolo do nitróxeno— e que en condicións normais forma un gas diatómico que constitúe o 78% do aire atmosférico.

Características principais

É un gas inerte, non metal, incoloro, inodoro e insípido que constitúe aproximadamente as catro quintas partes do aire atmosférico, se ben non intervén na combustión nin na respiración. Ten unha elevada electronegatividade (3 na escala de Pauling) e 5 electróns no nivel máis externo comportándose como trivalente na maioría dos compostos que forma. Condensa a 77 K e solidifica a 63 K empregándose comúnmente en aplicacións crioxénicas (nitróxeno líquido).

Aplicacións

A máis importante aplicación comercial do nitróxeno é a obtención de amoníaco polo proceso de Haber. O amoníaco emprégase na fabricación de fertilizantes e ácido nítrico.

Tamén se usa, pola súa baixa reactividade, como atmósfera inerte en tanques de almacenamento de líquidos explosivos, durante a fabricación de compoñentes electrónicos (transistores, diodos, circuitos integrados, etc.) e na fabricación do aceiro inoxidabel. O nitróxeno líquido, producido por destilación do aire líquido, usase en crioxenia, xa que a presión atmosférica condensa a -195,8 ºC; aplicación importante é tamén a de refrixerante, para a conxelación, o transporte de comida e a conservación de corpos e células reproductivas (semen e óvulos) ou calqueira outra mostras biolóxica.

As sales do ácido nítrico inclúen importantes compostos coma o nitrato de potasio (empregado na fabricación da pólvora) e o nitrato de amonio fertilizante.

Os compostos orgánicos de nitróxeno como a nitroglicerina e o trinitrotolueno (TNT) son a miúdo explosivos. A hidracina e os seus derivados usanse coma combustible en foguetes.

Historia

O nitróxeno (do latín nitrum e éste do grego νίτρον, nitro, e -xeno, da raíz grega γεν xerar) considerase que foi descuberto formalmente por Daniel Rutherford no 1772 ó dar a coñecer algunhas das súas propiedades, nembargantes, pola mesma época tamén se adicaron ao seu estudo Scheele o cal consegue aislalo, Cavendish, e Priestley. O nitróxeno é un gas tan inerte que Lavoisier referiase a él como azote (ázoe) que significa sen vida. Clasificouse entre os gases permanentes, sobre todo desde que Faraday non conseguira velo líquido a 50 atm e -110ºC, ata os experimentos de Pictet e Cailletet que en 1877 coneguiron licualo.

Os compostos de nitróxeno xa se coñecían na Idade Media; así, os alquimistas chamaban aqua fortis ó ácido nítrico e aqua regia á mezcla de ácido nítrico e clorhídrico, coñecida pola súa capacidade de disolver o ouro.

Abundancia e obtención

O nitróxeno é o compoñente principal da atmósfera terrestre (78,1%) e obtense para usos industriais da destilación do aire líquido. Está presente tamén nos restos de animais, por exemplo no guano, usualmente na forma de urea, ácido úrico e compostos de ambos.

Observaronse compuestos que conteñen nitróxeno no espacio exterior e o isótopo Nitróxeno-14 crease nos procesos de fusión nuclear das estrellas.

Precaucións

Os fertilizantes nitroxenados son unha importante fonte de contaminación do solo e das augas. Os compostos que conteñen ión cianuro forman sales extremadamente tóxicas e son mortais para numerosos animais, entre eles os mamíferos.